E fun outra vez mamá, e trouxen ao mundo a outro barquense e hoxe saio do Hospital Comarcal Valdeorras cun neno maravilloso que naceu aquí, neste hospital, por decisión propia e porque creo de verdade na sanidade pública.
Que ninguén me veña dicir que cun só hospital en Galicia amañamos todos os nacementos da comunidade porque cada vez nacen menos nen@s, porque a sanidade amig@s non se mide en termos económicos senón en calidade asistencial, en dereitos fundamentais e en apoio ás persoas, e tamén aos territorios.
Porque non quero escoitar máis argumentos sobre a necesidade de reducir gastos para "rentabilizar" o servizo cando tod@s sabemos cales son as cousas que non son rentables para a economía: os soldos excesivos de algúns polític@s, as subvencións sin control de ningún tipo, os gastos de "dietas" de moit@s que controlan o cotarro, ou os erros de planificación que deixan instalacións millonarias abandoadas ou con gastos desorbitados.
O que eu vivín aquí estes días, tanto a través do servizo de xinecoloxía e obstetricia, como por parte do resto do equipo de profesionais do Hospital do Barco, é paixón polo traballo, dedicación, trato de cariño e moitísima profesionalidade.
Pena polas mamás do HCVerin que xa perderon unha batalla para manter algo tan básico como a cercanía na asistencia sanitaria.
Como xa dixen fai pouco, cando as barbas do teu veciño vexas cortar, pón as túas a remollar.
Loitemos por manter en pé os nosos dereitos e os servizos do noso hospital.
PD: por certo o meu pequeno, saniño, a mamá, estupenda, o nome: Pablo
Ningún comentario:
Publicar un comentario