Moncho Borrajo
abc
Unha muller chega a Verín dilatando
moi rápido, a matrona e o xinecólogo de garda deciden non arriscar a que párea
polo camiño a Ourense.
Piden que vaia un pediatra dende Ourense e póñenlle pegas até o punto de ter que chamar o Xuíz de garda.
Ante todo isto a muller da a luz e chega unha pediatra que sobre as 6 da mañá literalmente arranca o pequeno do peito da nai cando intentaba iniciar a lactación e llo leva ó Hospital de Ourense. "Leváronllo cando intentaba agarrar á teta e agora estalle costando moito que agarre" (palabras do pai)
Un bebé recen nacido san que levan soíño a outro Hospital... Ignorancia..., sobredose de soberbia...?
Horas despois baixan a nai soíña a Ourense (o pai vai en coche particular) e téñena horas afastada do bebé, sentada nunha cadeira de rodas recen parida e sen saber nada do seu fillo. Isto é depresión pos-parto inducida...
Pobre nai, pobre bebé, pobre familia... e pobres das seguintes que virán.

Si o bebe nace sen ningún problema, que
detectara a pediatra nun principio, non é normal actuar así, todo ten un
desenrolo normal, haberá outros medios de facer un seguimento do pequeno...
tomar esas decisións entre branco ou negro dia si, dia tamén será porque quizá algo está funcionando mal na xestión...
digo eu...
Que cavilaran as parellas de mozos en idade de facer familia: Que vos dean. Metédevos a atención o embarazo, a "seguridade", os "informes técnicos", "atender con garantías ao neonato", "decisión responsable", onde prima "a seguridade", "perdida de experiencia e man das profesionais" e os protocolos onde vos collan. Isto semella unha granxa...
En Valdeorras, na miña xeración nacemos na casa (que luxo!!) a seguinte naceron nalgunha curva da estrada de Trivés. Xusto por este motivo se crearon os Hospitais Comarcais, e agora van e péchanos (xunto con outros servizos que trancaron ou recortaron nos derradeiros anos) e pretenden desaparezan en base a publicacións científicas... (?) enchéselles a boca coma hámsteres falando dos riscos que traen os partos en paridoiros con poucos partos (?), que publicacións científicas avalan os danos que xeran seus comportamentos a nais e recen nacidos... Esta é unha regresión e unha agresión que non podemos permitir.
Toman a decisión de desmantelar os Hospitais Comarcais, fan secuestro perinatal, até cando van ter que pagar os rapaces e súas nais as decisións económicas, políticas e os recortes na atención sanitaria. As razóns políticas nunca poden estar por riba do evidente. Respectar o dereito dunha nai e seu fillo a estar xuntos, debería estar por riba de todo.

Tamén lle podemos dar a volta o conto... porque non
pechan o paridoiro do CHOU... deixan o de Verín e O Barco tranquilos...? Os
km son os mesmos para todos...
E ollo!, co mesmo argumento (interesado e manipulado) que se pecha o paridoiro de Verín, cantos paridoiros en hospitais comarcais deberían pecharse...?
Winston Smith
Winston Smith
Winston Smith
Ningún comentario:
Publicar un comentario