venres, 27 de xaneiro de 2012

A palla no ollo alleo e non a biga no propio…

por abc
Non sei se me meterei nun pataqueiro con esta reflexión, só pretendo pluralizar as miñas elucubracións persoais despois de recapacitar sobre a incomodidade dunha rapaza nun tallo dun bar tentando agochar o limitado… as tiranías na forma de vestir da muller que veñen dende o seno familiar, forman parte da nosa cultura e lévanme a pensar, en clave feminista, o que se esconde tralo velo (hiyab) co que algunhas mulleres musulmáns cubren as súas cabezas: o mandato patriarcal e a escravitude cultural. Así como o feito de que o velo reserva ás mulleres na responsabilidade de salvagardar as tradicións, o feito de que o seu uso non rexa para os homes e a “voluntariedade non libre” das mulleres có levan.



A estas alturas ninguén dubida de que o uso do velo represente (entre outras cousas) unha clara discriminación cara as mulleres. Non é esa a cuestión que quero traer aquí. O que me gustaría é entrever que algunhas das costumes e prácticas estéticas de Occidente tamén discriminan e oprimen ás mulleres e que, sen embargo, poucas veces son foco de estudio. Se as puxéramos en tela de xuízo, evitaríamos “ver a palla no ollo alleo e non a viga no noso”, non sabería dicir ónde está o límite entre algo elixido ou non, sobre todo tendo en conta a cantidade de costumes patriarcais (culturais, tradicionais, relixiosas… écheme igual) ou modas que temos normalizadas. 

A marroquí Fatema Mernissi, no seu libro ‘El harem de occidente’, mantén cá talla 38 é a tiranía estética das mulleres occidentais. A isto poderiamos engadir as saias hipercortas e os zapatos de tacóns imposibles, que fan tremer os artellos de moitas adolescentes e rapazas ata o punto de que algunhas, para poder pisar firme, teñan que camiñar agarradas doutra persoa. Isto tradúcese en dependencia física e en falta de liberdade de movementos, algo moi coartador no caso de ter que saír correndo.
As dietas milagre, reconstrución do hime, depilacións… Por non falar do piercing no clítoris, ou a cirurxía vaxinal para reducilos labios menores, prácticas catalogadas pola OMS como formas de mutilación xenital feminina. A industria da cosmética e beleza, coa colaboración dos medios de comunicación, declararon, en pleno auxe do Estado del Benestar, a guerra absoluta a tres inimigos preferentes: o vello corporal, a idade e a obesidade. Moitos son, sobre todo mulleres, inda que tamén se estea popularizando entre homes, os que consumen cremas hidratantes, anti-engurras, reafírmantes, máscaras faciais, maquillaxe, pos… moitas/os sométense a dietas inhumanas, e son cada vez máis tamén os/as que se someten á cirurxía plástica para quitar ou poñer en partes do corpo.



Todas estas prácticas son propias de occidente e tamén responden o mandato patriarcal, a escravitude cultural e, a esa “voluntariedade non libre” o mesmo có velo. As mozas (obrigadas no colexio ou na rúa a levalo) quítanse o velo en canto chegan a casa, da mesma maneira cás mozas (manipuladas pola estética) buscan calquera situación para quitar os taconazos e por suposto cando chegan a súa casa… Deixémonos, pois, de facernos cruces cando falamos do velo (ou fagámonolas), pero revisemos tamén as prácticas estéticas ás que estamos sometidos aquí. Así, por un lado, a sociedade deixará de vítimizar ás mulleres musulmáns que levan velo e, por outro, a loita pola igualdade será moito máis solidaria.

Vítimizar ás mulleres que levan velo significa colgarlles a etiqueta de oprimidas, vulnerables e débiles, caladas e submisas. Sen embargo, as revoltas que recentemente sucederon no mundo árabe evidenciaron, máis que nunca, que eses estereotipos pouco ou nada se axustan á realidade.
Son millóns de mulleres as que forman o fronte de loita en varios países árabes. Incluso lideran algunhas revolucións valéndose, en ocasiones, de Youtube ou Twitter, como a moza Asmaa Mahfouz en Exipto, a blogueira tunesina Lina Ben Mehenni ou a activista iemení Tawakul Abdel-Salam Karman.


Destacable tamén o papel das nais das persoas asasinadas durante os primeiros días da revolta en Exipto, que se negaron a realizar as cerimonias ata cá revolución non conseguira poñer fin o réxime de Mubarak.
As mulleres están alzando voces e os seus corpos contra das ditaduras nos seus países e están participando na violenta e hostil vida social e política para tratar de construír sociedades máis libres e máis xustas. Algunhas con velo e outras sen il, son mulleres combativas. De caladas e submisas, nada.

Amáis de denunciar as opresións noutros contextos culturais, fagamos revisión crítica das nosas propias, elixidas si, pero que non deixan de ser opresións, oxalá tiveramos tamén capacidade para romper con eses estereotipos homoxeneizadores de "culturas", "pobos" ou "costumes" doutros lugares.

domingo, 22 de xaneiro de 2012

Megaupload ata na SOPA ...eu son máis de CALDO. E ti?


por: abc

Megaupload, fundado en 2005, ten máis de 150 millóns de usuarios rexistrados no mundo. O combate á piratería dixital e defensa dos dereitos de autor, con epicentro en USA, é o punto de discrepancia. Este xoves, un día despois da protesta masiva de milleiros de sitios web contra a Stop Online Piracy Act (SOPA), o FBI pecha Megaupload e órdea a detención dos principais responsables do portal… O Departamento de Xustiza ordenou a súa captura. Xusto cando o Capitolio debatía dúas leis que permitirían, entre outras cousas, o peche de webs, o FBI demostra que non fai falla ningún novo marco legal para perseguir cos seus medios tradicionais a aqueles que facilitan o intercambio de arquivos (chámanlle 'piratería'). Se o FBI puido actuar contra Megaupload coa lexislación vixente, para qué fai falla aprobar leis extraordinarias Sopa, Pipe, Sinde...?



Megaupload era un servizo de disco duro virtual, ofrecía unha plataforma para que os usuarios subiran calquera tipo de arquivo e outros puideran acceder a eles mediante descarga directa. Pese a que o servizo utilizábase maioritariamente para o intercambio de arquivos de películas, música, software ou videoxogos, moitos usuarios tamén o usaban como unha plataforma para almacenar arquivos de grande tamaño na nube, para telos a súa disposición en calquera momento ou lugar. A compañía tamén ofrecía outros servizos, como Megavideo ou Megaporn.

Non se trata de defender a Megaupload, un sitio típico que se lucra con obras alleas, preocúpanos as persoas que legalmente valíanse do servizo para fins persoais e profesionais. É posible que só o 15% dos contidos alí aloxados foran lexítimos, pero estamos a falar de 15 millóns de persoas. Sen ir máis lonxe, unha empresa de aplicacións para 'iPhone', a agrupación 'Democracia Real Ya', universidades… denunciaban onte que gardan en Megaupload documentos internos. Estes datos a súa integridade perigan.

Pechaban Megaupload e á media hora publicábase unha noticia cunha restra de outros 20 servizos similares, o que esperta dubidas sobre a eficacia deste tipo de operacións. Aí está, sen ir máis lonxe, Rapidshare, en Suíza, un país que ten declarado “…que non ve nada ilegal en compartir arquivos en internet".

Outro perigo que se desprende da operación do FBI é a desconfianza que provocará no usuario albergar arquivos na nube, cara onde parece tende internet desde fai uns anos. Segundo moitos expertos, isto podería ter un efecto disuasorio para as start-ups (emprendedores que promoven prácticas asociadas á innovación, desenrolo de tecnoloxía…), que queren despregar o seu negocio online.



Un telexornal e suficiente para que Megaupload pase de ser a web máis famosa de descarga a unha especie de carto país do Eixo do mal, xunto a Irak, Irán e Corea do Norte. O debate social esta a ser masivo e non só en internet. Só España, ten o parecer 800.000 clientes de pago (este número demostra que é falso que en Internet triúnfa o “todo gratis”), cifra cá industria de contidos debería ter en conta nalgún momento. Hipócrita e ofensivo é dicir que só porque a xente, todos nós, os usuarios, suben/imos cousas de 'propiedade intelectual' (copyright ), Megaupload é automaticamente responsable...?!! Ser grande, gordo e excéntrico non é delito e levar vida de estrela do rock tampouco importa… exemplos temos os que quéiramos...

Que é SOPA é unha lei que creará o primeiro sistema de censura de internet nos EE UU, esta lei aféctanos a todos e permitira o goberno dos EEUU erixirse en controlador, censurador e policía de internet tanto dentro como fora das súas fronteiras. Consistirá, basicamente, en crear un sistema de censura similar os que xa teñen China, Iran, etc..., sempre son os fodidos estadounidenses, claro créense os donos do mundo, deixamos que sexan, consumimos as súas películas mercamos a súa música e agora… decátome que o FBI arrestou a os donos de Megaupload en outro país, vergoñenta actuación dos Corpos de Seguridade americanos... A ver quén nos convence agora que non vivimos nun Estado Policial... Logo quéixanse os avogados da trama Gürtel porqué Garzón gravaba... Neste mundo, mandan os que pagan as campañas electorais dos partidos, é dicir, a Banca... E xa sabedes: nos casinos …a banca gaña!! Pode que volva o dereito de pernada, e tragarémonolo.



Qué pasa cos arquivos persoais almacenados en Megaupload? Cómo afecta o peche aos usuarios? Qué pasa cos que pagaron por un servizo 'premium'? Qué ocorre cos datos persoais e bancarios?

Qué pasa cos arquivos persoais almacenados en Megaupload? Neste momento, os servidores de Megaupload, os PCs onde están almacenados os datos, están bloqueados polas autoridades USA. Expertos en leis e Internet dende asociacións de consumidores e grupos de internautas aseguran que tódolos usuarios teñen o dereito a reclamar a recuperación dos arquivos privados que almacenaran neste disco virtual. Aínda que parece pouco probable có fagan. Ademais, os datos almacenados son agora probas periciais que deberán ser examinadas.

Cómo afecta o peche de Megaupload a seus usuarios? Ninguén no mundo pode dende o xoves a través de internet acceder os arquivos almacenados en Megaupload. O acceso ao dominio, simplemente, está anulado. Megaupload xa non existe.

Qué pasa cos que pagaron por un servizo 'premium'? Quizais os más prexudicados, estes usuarios poderán reclamar á compañía os pagos que realizaron por un servizo do que xa non están gozando. Nun primeiro momento, os usuarios de pago poden converterse en acredores da empresa e, tras dun xuízo, podería verse obrigada a indemnizar a seus clientes. Pero hai que ter en conta cós denunciantes contra Megaupload reclamarán polo menos unha indemnización de 500 millóns de dólares, polo que é pouco probable có organismo xudicial determine que tamén os usuarios deban ser indemnizados.

Qué pasa cós datos persoais que se almacenan nas contas? Moitos usuarios están preocupados, eu tamén estaría, porque o FBI teña acceso a seus datos, nome, contrasinal, contas bancarias, números de tarxeta de crédito, etc... Os axentes federais incautaron os servidores da compañía os datos que se inclúen nos discos duros e forman parte agora da investigación. Os expertos en leis aseguran que en todo momento deberá primar o dereito dos usuarios a súa privacidade e sua liberdade de comunicación. Pero, de feito, moitos usuarios en EEUU poderían recibir una denuncia civil por parte das autoridades se almacenaban na nube de Megaupload contido que viole algunha lei federal.

Eu penso que pechando Megaupload non se consigue nada, xa que mañá creárase outra nova plataforma xx. A protección dos dereitos e o modelo de negocio téñense que enfocar de maneira diferente, algúns expertos en dereito cuestionan o peche de plataformas de descarga "La herramienta es neutra y no puede ser eliminada o limitada, ya que ello pone en peligro el desarrollo y la innovación"



Pero non se trata desto, teremos que loitar porque non nos impoñan todo, o que intentan e recortar dende o poder mundial o acceso á cultura e o coñecemento das persoas ás que se lle soben os impostos, recortan salarios e dereitos. Internet converteuse nunha forma de manter a igualdade fronte a desigualdade evidente á que camiñamos. Non é ver 'pelis', as películas son cultura moita xente non pode pagar por ver unha película no cine, o cine esta en mans de multinacionais USA. Eu vou cando podo, intento ir gústame a pantalla grande… pero teño o diñeiro que teño… os desprazamentos… Os libros que se descargan son cultura, e, salvo que vaia a biblioteca (que tamén o podo facer) non teño diñeiro para pagar todo o que leo, ou o inmediato que podo léelo. Coa música pasa igual, non se trata de baixarse a David Bisbal, Amaral ou Beyoncé…, todos coñecemos moitos grupos a través de internet, escoitamos moita música que seria imposible mercar ou escoitar se non fora por internet, de que outra forma teriamos posibilidade?, e vou a concertos porque escoitei a música por internet, pero vou a un concerto sabendo onde vou. Dende que teño internet podo ler varios periódicos que non me podo permitir o luxo de mercar, logo compro un, as veces dous. O software (programas) que todos coñecemos para fotografía, procesador de textos, folla de cálculo, gravación e edición, serían imposible porque a maioría non poderíamos pagalos, co que tampouco poderíamos facer moitas cousas que facemos, como faría eu o que estou a escribir, montaxes, fotografías, documentos que parezan profesionais (aínda que xa sei, existen outros programas parecidos e gratuítos). Non se trata de que non queiramos pagar por elo, tratase de que, recórtannos por tódolos lados, xa costa pagar unha conexión a internet, se ademais córtannos o acceso á cultura e convértese nun recurso só de pago, os que non podemos pagalo (a inmensa maioría) se non temos acceso a ela, a cultura volverase a converter nun privilexio de ricos. Copiar, pegar e poder modificar, é base do crecemento cultural de calquera sociedade. Fagamos un exercicio: pechemos os ollos e cavilemos nunha sociedade sen internet tal e como o utilizamos e coñecemos a maioría, calquera de nós… calquera blog do planeta, calquera portal ou espazo que conteña audio, vídeo ou enlaces poderá ser pechado en pouco tempo dende EEUU.

Iso sí, para que non protestemos poñerannos gratis programas do tipo Gran Hermano, Granjero busca esposa, Mujeres y Hombres y viceversa, Salvame… que xa se teñen convertido no substituto do que Marx chamaba 'opio del pueblo' a televisión e hoxe o cá relixión do século pasado.

Eu pregúntome, moitos preguntámonos qué sistema se utiliza para compensar economicamente a plusvalía da obra dun pintor, un escultor, un artesán... e a resposta é: NINGUN. É dicir, o mestre Farreras ou Antonio López (por poñer un exemplo) perden tódolos dereitos da súa obra cando venden un cadro; se o comprador un mes despois, a vende por dez veces o que pagou Farreras, Antonio López non ven nin un can desa transacción.

Canto cobran os herdeiros de Van Gogh polos desorbitados prezos que alcanzan as pinturas do xenio holandés cando el non conseguiu vender nin un só cadro na súa vida?

Acaso pon a SGAE un controlador diante de cada un dos edificios de Rafael Moneo ou na T4 de Calatrava, para cobrar un canon os viandantes que admiren a obra do arquitecto mentres fan uso ou pasan por diante dela? ou no Peine del viento de Eduardo Chillida.

Qué ocorre? É que os artistas da música ou do cine son máis artistas cós demais? Traballan un día e cobran toda a súa vida...
Digámolo claramente. Detrás de todo este berenxenal non hai máis cun desmedido afán de chuparlle o sangue a consumidores e creadores por parte da 'industria da seudocultura especuladora' uns intermediarios que se levan os beneficios de todo este armazón.

Quizais o problema que temos, o problema de fondo é a liberdade que proporciona internet, non é facer negocio a costa do traballo de outros (moi visible en Megaupload).
É a necesidade, a decisión de facer negocio a través de cá descarga de contidos debería corresponder a seus creadores.

Temos as ferramentas para compartir contidos que non pasan por engordar as contas de outros e deberíamos aproveitar isto para volver á san costume de compartir sen dar privilexios os que tiren de billeteira (ou máis ben, limitar os servizos de quen non o faga).
O verdadeiro problema do ocorrido o xoves é unha proba máis que evidente de quén manda aquí e de que temos vía libre ata que a alguén no lle renda o suficiente, non lle vaian fundir o negocio. 

Os 'bos' sempre terán o seu carón un xuíz ou un poli para salvar dos hackers a Cultura Universal… a Universal, a de Sony, EMI, Viacom e Time Warner.


Parabéns o FBI, gran operación.  Cándo toca outra contra os paraísos fiscais…?

Adeus Megaupload, grazas polos bos ratos de música, películas que puidemos compartir xuntos.




venres, 20 de xaneiro de 2012

No volverán las oscuras golondrinas


Hay una sensación de idiotez que lo invade todo. O existen algunos políticos y actores de la vida pública que pretenden hacernos idiotas a fuerza de repetir sus afirmaciones con la pretensión que de tanto escuchárselas, nuestras mentes lleguen a convencerse o fiarse de ellas como verdades.

Durante la pasada campaña presidencial en España, los defensores de la doctrina Popular, vendieron la idea que lo fundamental era corregir el empleo y que para ello no era preciso crear  mas impuestos o aumentarlos a la encrisada sociedad española. Pero era preciso preguntar el ¿cómo lo harían?. A lo que la respuesta ha sido en vía contraria: el paro aumenta y los impuestos y servicios entre otras suben. Amén que aumenta el déficit público, se cae el PIB y otras cifras de la hasta hace poco quinta potencia económica del planeta.

Muy recientemente, en Consejo de Ministros,  se tomaron drásticas medidas de recorte de lo público. Lo cual significará menos empleo lógicamente. Aumento de las horas laborables a menor coste, lo cual implica menos ingresos y mayor curro para los aun afortunados empleados. Se aprobó subida de impuestos, entre otros el IBI e IRPF, se congelan las ayudas sociales a discapacitados leves y a jóvenes  entre otras. Todo lo anterior con la firme contrición del ministro de Hacienda que lo anuncia,  con su promesa fehaciente y axiomática que esas son medidas transitorias, durísimas pero necesarias; y fue más allá asegurando que tal transitoriedad será  solo hasta el 2014 . Ello consiste en toda una visión de alta precisión a futuro en el acierto total de esas medidas que hasta hoy no llenan de regocijo a las bolsas ni menos a los infortunados sufridores de la crisis, los trabajadores.

Tal afirmación de transitoriedad de medidas a vista del 2014, en mi criterio y en virtud de las experiencias previas en otros entornos, constituyen una ilusión, un cuento infantil para que nuestras mentes soñando en un futuro asegurado por las medidas se sosieguen, no piensen, se idioticen.


En el entorno latinoamericano que me es más próximo, ya hace casi veinte años se ejecutaron las mismas medidas de hoy en España y Europa, ante circunstancias similares del mercado y consistieron igual en encarecer los servicios, disminuir las escasas ayudas sociales, abaratar el trabajo, favorecer el despido y alargar la edad de jubilación aumentando los montos de cotización y disminuyendo lo percibido por el pensionista. Tales medidas fueron tomadas ante el vendaval inicial de la economía neoliberal que desmanteló a las empresas del estado y fomentó la libre empresa privada, la libre competencia,  y la disminución de ingresos a mayor trabajo. Lo cual en últimas se ha traducido en un aumento de la brecha entre asalariados y empresarios y una minúscula y privilegiada clase media y alta. Es decir los pobres trabajadores se volvieron más pobres y los escasos ricos enriquecieron más. En resumen, hoy han mejorado las cifras económicas, la macroeconomía, pero ha empeorado la sociedad, la gente, la microeconomía. Lo cual resume aquello de que la economía va bien pero el país va mal.

Tal ejemplo de AL muestra la verdadera tendencia de lo que viene y vendrá ocurriendo  en España, Grecia, Portugal, Irlanda, entre otros.; aunque acá en España ese ejemplo no sean tenido en cuenta -por el sentimiento de superioridad ante lo latinoamericano- y aunque se pretenda creer que no son susceptibles de igual suerte o que el volver a la pobreza del pasado sea una exageración. Es la triste realidad de lo que viene, y esas medidas de hoy serán los acontecimientos del 2014 y mucho más allá. Los impuestos ni las tarifas de servicios básicos  volverán a bajar, las ayudas sociales no subirán ni aparecerán nuevas y el trabajo no recobrará su valor.

Seguir contemplando el futuro como la realidad de la vida, el pasado como algo no ejemplar, y solo vivir del presente  puede ser una gran fuente de sosiego para las mentes idiotizadas que sueñan un futuro mejor ante  las medidas económicos, y la invitación o conminación al sueño que nos hace Montoro.

Ale iacta est. Es economía, idiota. Es economía neoliberal, idiota. Despierta idiota, despierta.


O Barco de Valdeorras.19012012.

Mal gusto...



Despois de ver este gran traballo da TVG con actores do criadeiro de mandos intermedios do noso querido HCV, non nos queda outra que sentir unha profunda vergoña… vergoña pola imaxe que se da de algo tan serio como o noso traballo do día a día, se esta é a nosa identidade que podemos esperar pensen do que facemos, e se tal como parece indica a nosa vocación e cultura… pechade e ímonos! 


Para ser obxectivos, resaltar que parte do que está sucedendo é posible debido a que nós os traballadores somos incapaces de anticipar un programa de rexeneración e todo elo redunda no deterioro da asistencia…

Deixámolo a vosa opinión…



martes, 17 de xaneiro de 2012

MANUEL FRAGA, UN FRANQUISTA.


JUAN CARLOS MONEDERO
lunes 16 de enero de 2012

Lástima que los jueces argentinos no hayan tenido tiempo de juzgar a quien tanto hizo por la dictadura en España. Lo que nos hubiera gustado juzgarte por cómplice de genocidio. Te vas entre ruinas. Las de los tuyos. Las de la España que nos has legado. Incluso con mayoría absoluta. La ruina que construiste toda tu vida. Una ruina que medimos con parámetros de democracia. Otros te miden con reglas de dictadura. Y te ven grande.

Hoy, cuando siguen muriéndose en el anonimato españoles y españolas que se jugaron todo por defender la democracia, tú eres el ensalzado. Y eso nos obliga a recordar quien en verdad eras.  ¿A quién no le pesa tu apoyo decidido a la dictadura cuando valora tu persona? Te defienden asesinos con los que tienes un aire de familia (¿cuántas sentencias de muerte firmaste en los gobiernos de Franco?). O hijos de asesinos. Quizá también algún despistado. Imbéciles nunca han faltado. Aunque el grueso de tu recuerdo viene de tus comilitones de la guerra civil. Matasteis mucho. Como para olvidaros.

Estás a la altura de tu adorado Franco, de tu respetado Pinochet (¡cómo te moviste para que Garzón no lo juzgara!), de Videla. Te pusiste al lado de la escoria del siglo XX. Nos hubiera gustado verte encarcelado, juzgado, acusado. Arrepentido no, porque siempre despreciaste a los demócratas. Tú eres de los que no se arrepienten. Tanto odiabas. A las mujeres a las que rapaste la cabeza por que siempre fuiste muy hombre, a los militantes a los que contribuiste a asesinar, a la gente honrada a la que insultaste incluso después de muertos. Tú justificaste el asesinato de Grimau. Todo un padre de la Constitución celebrando el asesinato extrajudicial de un tipo cuyo delito fue defender la democracia. Qué lástima que no haya vida después de la muerte para que te cobren tanta infamia. Aunque quitarais todos los recuerdos de la Dirección General de Seguridad de la Puerta del Sol la memoria es perseverante. Ahí mismo, en Sol, está la memoria de los que ayudaste a asesinar.



Te mueres pero no olvidamos. Te va a acompañar siempre nuestra memoria. Como cómplice de asesinos. Como franquista. Como arrogante. La calle era tuya. Nuestro es el desprecio. Dijiste que había que reprimir con mano dura en Vitoria. Y llenaste Vitoria de muertos. Cuánta muerte te ha acompañado siempre.
Pero no creas que nos quitas sosiego. No vamos a pensarte mucho. Sólo hoy, que te querrán ensalzar. Nosotros, hoy, en cambio, agradecemos a los que lucharon por la democracia. A los que tú asesinaste. A los que quisiste condenar al olvido. A los que encarcelaste, golpeaste, espiaste. En Alemania, cuando cayó el comunismo, todo el mundo pudo ver sus archivos policiales. Aquí no nos dejan hacerlo. Saldrías mucho en esos papeles. Persiguiendo demócratas. ¿Te tenemos que recordar como un padre de la patria?
Estas palabras son para que nadie se engañe. Cuando los mercenarios te ensalcen, nosotros dejamos claro nuestro desprecio por todo el daño que hiciste. La democracia no debe celebrar a los que han luchado contra la democracia. Aunque haya que recordarlo precisamente hoy, que te empeñas en marcharte haciendo ruido.
Toda muerte es una derrota. Incluso la tuya. No me alegro de que hayas muerto.

Pero no nos engañamos. Ha muerto un aprovechado cuyo principal interés fue él mismo, un autoritario, un arrogante, un fascista. Alguien al que le debemos buena parte de lo peor de la Constitución, lo que la hace menos democrática (el papel del ejército, la monarquía, el sistema electoral, el catolicismo, el apoyo a la escuela privada…). Y si por ti fuera, no hubiéramos tenido ni divorcio ni las mujeres derecho alguno.

Que tu dios te recoja y te pida cuentas. Por cada inocente que humillaste, por cada demócrata que mancillaste, por cada persona honrada que insultaste. Que te dure la eternidad el pago por tu vida haciendo daño.

Nos vamos a acordar de todo el dolor que causaste. ¿Que embridaste a la derecha? Es decir, tenemos que estaros agradecidos porque decidisteis seguir mandando también en la democracia.
Veo sonreír a las mujeres de los mineros a las que cortaste el pelo para humillarlas…Te tienen lástima. Incluso después de muerto.

Porque somos mucho mejores que vosotros.
Que la tierra te sea leve.

Mucho más de lo que nunca nos deseaste.

Y gracias por recordarnos que tenemos que seguir peleando. ¿Qué democracia vamos a tener mientras siga este relato de la Transición que confunde los papeles?
Nuestro recuerdo, sólo para los demócratas.



venres, 13 de xaneiro de 2012

Cea de empresa


por abc

As ceas de empresa son o señorío das aparencias: arránxaste, riste, contas historias, faste o interesante, compartes recordos e plans… Mitigada a ansiedade oculta tralo humor, afogadas as dores polas gargalladas… Durante unhas horas, todos te creen! e iso é o que importa… se manexas ben os códigos e mostras o respecto oportuno aos demais convidados, cordialidade, hipocrisía e bo ánimo, o máis probable é ter unha velada agradable. Pode que as máscaras caían de camiño a casa… Polo que... Vou a pasar un ano máis do 'coñazo' da cea de empresa…!!



A MODO DE HOMENAXE

Por abc

No traxecto cara a primavera outro inverno. Despois da caída da folla, aínda sen dixerir tódalas permanencias que un consume no curro, na cea familiar ou nos viños cos colegas que están fora, máis derrubados que fundidos, xa na costa arriba de xaneiro, que non trouxo o ‘tablet’ onde mirar para que coño serve a mirra. E vendo como vai mudando a etiqueta, do 20 ao 30 e do 30 ao 50 %. Non é crises, son as rebaixas. Importamos o que nos paguen, pero xa non mercan: verbas de saldo. Co inverno chegou o recorte e un home que non sabe de ónde veñen as cancións,
 cando harmonía e maña son básicas para seguir adiante e, como a poesía ven dun lugar ambiguo que ninguén pode conquistar, un 'neno' que entende e interpreta con curiosidade o mundo, curtido en mil batallas co frío inverno se cadra vaise, coa lentitude de quen degusta o tempo, non o consume, un tipo que entendeu que no recuncho onde moitos se creen e creron deuses, aínda que fosen da escaleira B tamén se soña e se ten esperanza. Outro, un máis no recordo dos bos.




Non chove, pero a primípara rompe augas. Os pobres parados xa non foden os sábados… fano o luns por aburrimento, o martes por non ter que facer, o xoves… viven por enriba das súas posibilidades, as horas nos bancos de madeira ou vendo obras foron trocadas por sexo. Síntome con ese sentimento que soporta un cando fai cola en NovaGalicia Banco e por un momento, en vez de protestarlle na xanela pola comisión da Euro 6000, cavilo se me toparei coa perda do 50% da carreira profesional, ocórreme o mesmo cando chego a consulta do medico e dime: ímoslle mirar a tensión. O desemprego é como o sexo: oral, non falamos doutra cousa sustituindo ás chavalas polas preferencias de cando traballamos en Alemaña. Non queda outra que nadar contracorrente, río arriba, a auga esta xeada e outra vez subiron as cañas de cervexa, os das canteiras xa non fan horas extras… A nos métennos o medo no corpo, os departamentos de recursos humanos cáganse, pero chámanlle gastroenterites ao cagallón laboral, o que ten ser da sanidade. Os mercados eructan de pracer. Van días que non vexo a televisión, non podo cos telexornais. Na feira do dia seis séguese a regatear, é a única mellora posible. Hai quen di, temos os gobernantes que merecemos. Eu non son desa opinión, os que gobernan en ausencia de lobos teñen un bo rabaño.