Por: abc Abril 2011
Qué está a pasar en Islandia?
anarquía, surrealismo e creatividade
lideran a revolución de Europa…
Islandia, un exemplo a seguir.
Só hai que copiar o que se fai mellor.
Recentemente sorprendéronos os acontecementos de Tunicia e Exipto desembocando na fuxida dos tiranos Ben Alí e Mubarak, demócratas para occidente ata antonte e alumnos exemplares do FMI. Sen embargo, outra r-EVOLUCION que ten lugar dende fai dous anos ten sido convenientemente silenciada polos medios de comunicación ao servizo das oligarquías europeas. Ocorreu na mesmísima Europa (no sentido xeopolítico), nun país coa democracia probablemente máis antiga do mundo, cuxos orixes remóntanse ao ano 930, que ocupou o primeiro lugar no informe da ONU do Índice de Desenrolo Humano do 2007/2008. [...] Tratase de Islandia, onde se fixo dimitir a un goberno ao completo, nacionalizáronse os principais bancos, decidiuse non pagar a débeda que estes crearan coa Gran Bretaña e Holanda a causa da súa execrable política financeira e acabase de crear unha asemblea popular para reescribir a súa constitución. E todo elo de forma pacífica: a golpe de cazarola, gritos e atinado lanzamento de ovos…
A cuestión foi abordaba fai uns días, a silenciada revolución islandesa, que supuxo a viraxe no panorama político desta pequena nación europea, preguntarédesvos (como eu) cál é o motivo de que un feito destas proporcións non tivera reflexo mediatico, mentres almorzamos, comemos e cenamos cos sucesos do Magreb, coas revoltas populares de Tunicia, Exipto ou Libia (3 xornalistas chegou a ter TVE no Cairo).
Se en Islandia pasan cousas, por qué non nolas contan?
As mobilizacións en Islandia, cargáronse dous gobernos, esixiron encarcerar aos xerifaltes económicos do país e negáronse a asumir as débedas dos bancos, promoveron unha asemblea popular para redactar unha nova Constitución, e déronlle corte de mangas ao FMI e ós mercados, estas mobilizacións non poden ser presentadas polos medios con simpatía, senón con preocupación. Porque subirían ao escenario a un pobo que, lonxe de dobregarse, asumir débedas alleas e imposicións irracionais, dixo basta. O efecto de imitación que provocan os medios é salvaxe, cando a televisión estivo no centro das revoltas dos países do Este, comezaron a imitarse os uns ós outros; mesmo nas revoltas do Magreb, cos efectos que estamos vendo. Por iso é preciso silenciar a Islandia, e poñer sordina ás dez Folgas Xerais de Grecia, non vaia ser… se cadra danos por pensar, que home, igual teñen razón os islandeses e xa vale de que nos tomen o pelo. Empezamos a reunirnos nas prazas, a coller cazarolas, e a dicirlles aos Tanto-monta-Monta-tanto (PP-PSOE-CIU-PNV-CC) que ata aquí temos chegado. Unha vez máis por se aínda non o tiñamos claro, como os medios de comunicación, nos restrinxen o dereito á información, a servizo de quén están [...].
…a presión popular provocou grandes cambios no país.
En resume quen nós goberna son os Moody's (axencias de cualificación) baixo unha perspectiva de ganancia e beneficios na que non importa o cómo, senón o cuanto, baseada na especulación e en converter os bancos en casinos. O mesmos que provocan a crises que sufrimos e pagamos só os asalariados obrigando ós Gobernos a facer recortes sociais e laborais. Facendo un terceiro mundo dentro de Europa, na que países como Grecia, Irlanda, Portugal ou España terán que pagar a débeda desta sociedade disfrazada de democracia… onde a corrupción (inclúo calquera aproveitamento que se faga dun cargo publico) segue tocando a case que tódolos partidos (da igual: local, autonómicos, etc…) co triste resultado que a día de hoxe chegouse a normalizar de tal maneira que apenas inflúe nas eleccións.
Manda carallo!!!
A maioría da poboación española, europea, soña con dicir NON ós bancos, pero ninguén nos atrevemos a facelo. Ninguén, salvo os islandeses, despois dunha fonda crises levaron a cabo unha presión cidadán, unha revolución pacífica conseguindo no só tombar un goberno e redactar unha nova constitución (en proceso), senón encarcerando ós banqueiros responsables do caos económico do país (9 persoas en Londres e Reikjiavik), unha reacción cidadán sen precedentes, unha revolución sen armas, na que lograron a base de manifestacións e cazaroladas, cambiar o rumbo do país.
Este silenciado proceso revolucionario ten orixe en 2008, cando o Goberno islandés decidiu nacionalizar os tres principais bancos, Landsbanki Kaupthing e Glitnir, cuxos clientes eran principalmente ingleses, e estadounidenses.
Trala entrada do Estado no capital a moeda oficial (krona) derrubábase, e a bolsa suspende a súa actividade tras un afundimento do 76%. Islandia entra en bancarrota e para salvala situación, o Fondo Monetario Internacional (FMI) inxecta 2.100 millóns de dólares e os países nórdicos axudan con outros 2.500.
As grandes pequenas vitorias da xente de a pe
Mentres bancos e autoridades locais i estranxeiras buscaban a desesperada solucións económicas, o pobo islandés votase a rúa e con insistentes manifestacións diarias fronte o parlamento de Riekjavik provoca a dimisión do primeiro ministro, o conservador Geir H. Haarden, e todo o seu Goberno. O primeiro Goberno (único que eu saiba) que cae vítima da crises mundial.
Os cidadáns esixen, ademais, que se convoquen eleccións anticipadas, e conségueno. En abril sae elixido por votación un Goberno de coalición formado pola Alianza Socialdemócrata e o Movemento de Esquerda Verde, encabezado por unha nova Primeira Ministra, Jóhanna Sigurðardóttir.
Durante todo o 2009 a economía islandesa continuou en situación precaria (pechando o ano cunha caída do 7% del PIB), pese a elo, o Parlamento propón a devolución da débeda a Gran Bretaña e Holanda mediante o pago de 3.500 millóns de euros, unha suma que debían pagar tódalas familias islandesas mensualmente durante 15 anos ao 5,5% de xuros.
Dita medida provocou a ira dos islandeses de novo, e volveron a tomar as rúas esixindo que, como mínimo, esa decisión fora sometida a referéndum. Outra nova pequena grande vitoria das protestas nas rúas: en marzo do 2010 votábase, e un esmágante 93% da poboación negábase a devolver a débeda nesas condicións.
Con elo conseguiron que os acredores cavilaran o acordo mellorándoo, ofrecendo os xuros ao 3% e o pago a 37 anos. Nin sequera iso foi suficiente, o presidente actual, vendo que o Parlamento aprobaba este acordo por un marxe moi estreito, decidiu o mes pasado non ratifícalo e chamar de novo a os islandeses a votar en referéndum para que sexan eles os que teñan a derradeira palabra.
Falóusenos desto nos medios de comunicación?
Comentouse nos repugnantes faladoiros de politicastros e mercenarios da desinformación?
Víronse imaxes dos feitos pola TV?
Os banqueiros fuxen atemorizados
Volvendo á tensa situación de 2010, mentres os islandeses néganse a pagar unha débeda que contraeran os 'tiburóns' financeiros sen preguntarlles, o Goberno de coalición inicia unha investigación para dirimir xuridicamente as responsabilidades da fatal crises económica e detén a varios banqueiros e altos executivos estreitamente relacionados coas operacións de risco.
A Interpol, polo seu lado, dita unha orden internacional de arresto contra o ex presidente do Parlamento, Sigurdur Einarsson. Esta situación fai que banqueiros i executivos, atemorizados, abandonen o país en masa.
Neste contexto de crises, elixiuse unha asemblea para redactar unha nova constitución que recolla as leccións aprendidas e que cambie a actual, inspirada na constitución danesa.
Para elo, en vez de chamar a expertos e políticos, Islandia decidiu recorrer directamente ao pobo, soberano o fin e o cabo das leis. Máis de 500 islandeses presentáronse candidatos para participar neste exercicio de democracia directa e redactar a constitución, destes foron elixidos 25 cidadáns sen filiación política entre os que hai avogados, estudantes, periodistas, granxeiros, representantes sindicais…
Entre outras novidades, esta constitución está chamada a protexer como ningunha outra as liberdades de información e de expresión coa chamada Iniciativa Islandesa Moderna para Medios de Comunicación, un proxecto de lei que pretende facer do país un refuxio seguro para o periodismo de investigación e a liberdade de información onde se protexan fontes, periodistas e provedores de Internet que aloxen información periodística.
Será o pobo, por unha vez, o que decida sobre o futuro do país mentres banqueiros e políticos asistan (algúns dende a cadea) á transformación dunha nación, pero dende a barreira [...].
O país ten iniciado negociacións para entrar na Unión Europea, esperemos ocorra o contrario, que sexa Europa a que entre en Islandia, porque esa parece a verdadeira Europa dos pobos.
Un lostrego de democracia auténtica, exemplo de que as nosas aspiracións non son soñadas. Un aviso a tanto corrupto estafador. Un camiño cara onde camiñar ilusionados. Unha fiestra ao futuro, unha corrente de ar fresco. Fagamos por ter a nosa iniciativa... creemos novas realidades.
Ver máis: