Emmanuel Rueda Girondo
O peche do paritorio e as emerxencias pediátricas no Val de Monterrei abren opcións insospeitadas. Verín queda a velas vir, unha vez máis. Obvio... E iso que non pertence a mal chamada " España Baleira". Nacer en Verín pode ser cuestión de kilómetros. Pechamos paritorios e abrimos autovías. Pechamos hospitais para abrir tanatorios. Pechamos Verín para abrir portas ó esquecemento. O tren segue sen parar no Val...
Pero xa non será preciso percorrer kilómetros na búsqueda desesperada da lonxana Ourense ou Monforte. A posibilidade de marchar a lume de carozo cara ó hospital de Zamora sae fóra de contas. Porque de Verín a Zamora non se chega en media hora. Obvio... Non demos máis opcións. Non sexa que nos poñan un helicóptero e a peque nazca polos aires. Existe outra vía. En quince minutos estás no Hospital Materno Infantil do Norte. O hospital de Chaves, asociado a Porto. Agardando a chegada de nacementos. Todos somos Europa, pero distintos. A nena gozará de doble nacionalidade, ademáis da Europea. As de Verín nacen onde lles veña en gana. Obvio... Sería moito máis desexable abrir máis portas para a natalidade que ver cómo as pechan cada día. Verín, Xinzo, O Barco, A Rúa e Monforte tamén existen. A España baleira é un invento moi perfeccioado. Traballa as 24 horas para baleirar todo tipo de asentamiento humán.
Unha chea de meniños pode nacer en calquer punto da autovía. Cuestión de tempo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario