Catro anos despois da última gran exposición de fotografía dun dos personaxes máis relevantes do século XX, (o surrealista Man Ray (Outono 2007), a Fundación Nova Caixa Galicia volve á carga cunha magnífica exposición inédita en España, dedicada, esta vez, a súa discípula e amante) a fotógrafa Lee Miller. O montaxe, que por primeira vez abarca tódalas facetas creativas da autora, foi xa clausurada en A Coruña e Vigo e rexistrou máis de 65.000 visitas dende a inauguración en xuño pasado.
A fotógrafa Lee Miller (USA 1907-1977) considerada como unha das artistas máis singulares do século XX que foi, ademais, musa e amiga de grandes creadores como Man Ray ou Pablo Picasso e regresa á Coruña nunha exposición antolóxica da súa obra, que compila un centenar de instantáneas tomadas ao longo de máis de 40 anos.
Xa visitara A Coruña en 1956 co seu marido, Roland Penrose, cando escribía daquela unha biografía de Picasso, a quen tomou máis dun milleiro de fotografías, sendo algunhas delas incluídas nesta exposición.
Nacida en Nova York, ao longo dos seus setenta anos de vida, destacou como fotógrafa en campos tan dispares como a moda e imaxes impresionantes de guerra, xa que foi a única muller reporteira que que acompañou coa cámara o exército estadounidense dende Normandía até a rendición de Alemaña, da súa cámara tamén saíron algúns dos retratos máis importantes dos artistas do seu tempo.
Seu resultado pola fotografía lévaa a trasladarse a Paris (no 1929) para aprender a técnica de solarización co mestre Man Ray, co que traballou como asistenta de estudio e co que tivo un apaixonado romance. Deste período destacan os fantásticos retratos de Picasso, Jean Cocteau, Ernst, Man Ray e Tápies entre otros, personalidades do mundo artístico parisiense da época. Pouco despois, en 1932, regresa a Nova York e monta un estudio de fotografía co seu irmán, no que sigue retratando a personalidades coñecidas como el pintor surrealista Joseph Cornell ou a actriz Lilian Harvey, ambos na exposición. Dous anos despois, casase co empresario exipcio Aziz Eloui Bey, co que se traslada ó Cairo e acaba producindo seu conxunto de fotos artísticas surrealistas máis relevante. Tres años despois, xa cansa de Exipto, deixa ó seu marido e trasladase de novo a París, en ónde coñece ao que será o seguinte esposo e pai do seu fillo, o pintor surrealista británico Roland Penrose.
Comezou como modelo fotográfica en revistas de moda, converténdose rapidamente en fotógrafa de publicidade. Das reportaxes de moda, pasou a correspondente de guerra para a revista Vogue, converténdose así, con Margaret Bourke-White, na pioneira do que hoxe se coñece como fotoxornalismo. En 1939, co estourar da II Guerra Mundial, no Reino Unido empeza seus crus foto reportaxes, evidenciando momentos como o London Blitz en setembro 1940; a Liberación de París Agosto 1944, ou os terrores dos campos de concentración de Buchenwald e Dachau. Todos estes momentos da súa vida foron documentados nesta exposición, grazas a unha valiosa selección de fotografías recuperadas polo seu fillo Antony Penrose, que para a presentación da exposición viaxou á Coruña, subliñou que a súa nai non deu importancia ao seu traballo e acantoou a súa obra, a cal sorprendeu a todo o mundo pola calidade cando foi achada despois da súa morte, il foi quén a descubriu nuns baúis os máis de 60.000 negativos que deixou, e leva anos difundindo a súa obra polo mundo. Penrose afirmou cá obra da súa nai caracterizase por ser a dunha muller 'apaixonada pola liberdade e a xustiza' e incidiu na profunda pegada que lle deixou o surrealismo, que nunca abandonou completamente aínda cando este movemento perdera auxe, Miller impregnou o seu traballo da influencia que lle veu dada pola relación que mantivo con Man Ray e o círculo de artistas no que se movía: Duchamps, Picasso, Magritte, Cocteau e quen sería o seu marido, Roland Penrose.
Considerada erroneamente por moitos historiadores como unha personalidade histórica de segunda fila, Lee Miller, amais de traballar como modelo fotográfica, unha das máis importantes fotoxornalistas, destaca sobre todo por ser unha activista convicta do movemento surrealista internacional dos 30. Polo que esta mostra, constitúe non só un percorrido pola vida da fotógrafa, senón tamén unha viaxe pola historia da primeira metade do século XX.
Organizada de forma cronolóxica e dividida en tres salas distintas, a mostra componse de 96 magníficos documentos fotográficos, algúns deles iconas da fotografía do século XX, que comproban a valiosa achega de Miller á historia da fotografía. Coñecida pola súa rechamante beleza exterior e pola su marcada personalidade, esta fotógrafa nunca titubeou á hora de cambiar de cidade ou estilo de vida para manterse activa e creativa.
Morreu de cancro en, en 1977. Foi incinerada e as súas cinzas espalláronse no seu xardín de herbas en Farley Farm House. O xardín exhibe obxectos de arte, tales como xigante caído, criatura mariña, e a muller axeonllada, as coleccións privadas de Miller-Penrose, seu propio trabajo e algunhas pezas favoritas de arte.