Ás debilidades do
nacionalismo galego que non levanta cabeza logo da perda do vagón de enganche
ás loitas do 15M hai agora case catro
anos. A ruptura da organización en tres partes, insatisfeita, non vendo futuro
nin representación de acadar poder, e se a esta insatisfacción lle sumamos o
sectarismo, perdendo pe no perímetro, do que sempre se caracterizou o máis distinguido
do BNG, algo común nos grupos con vocación minoritaria, daquela a ruptura ca
sociedade e o electorado é inevitábel. O resultado, vémolo eleccións tras
eleccións e verémolo aínda nas próximas: mantendo dalgún xeito o engorde do
sucursalismo de forzas de dereitas e metade/esquerdas; Pode que non haxa
sequera deputados nacionalistas no próximo parlamento español. Algo que custa
dixerir nunha nacionalidade histórica con lingua e literatura propia, …a ruína
política da Galiza. Xa e difícil xuntar a un neomarxista e un centrista liberal nun mesmo
partido, polo cal máis doado será o xeral e xeracional de esquerdas. Eu gustaría dunha
marea galega de nacionalistas e non nacionalistas de cara ás xerais e
autonómicas, converxer e xuntar á esquerda. As derradeiras eleccións xa
demostraron que este é o camiño, as chamadas candidaturas de unidade popular. Calquera
intento de facerse o amo da pista acabará botando todo por terra. Agardo que se
saiba tender a man a toda forza (ou marea) que desexe sumarse con honradez e
integridade. Tamén é público e notorio que Podemos dedicouse a boicotear e
impedir, retrasando prazos e intentando impoñer unha especie de "Lei do funil" ós demais.
O nacionalismo
galego, afronta unha difícil e delicada situación
terá que ter unha cultura política aberta e acorde con este tempo, que conecte
cas novas xeracións, as xeracións dos videoxogos, as series americanas, internet,
as redes sociais e os debates show ou
acabamos enganchados o folclorismo da TVG co Luar, e á prensa subvencionada e subalterna
do PP e os poderes económicos de Madrid, máis do mesmo se non apañamos
fórmulas, pois cando "a historia nos
de a razón" xa estaremos a crear vermes.
Podemos ou
Centristas (marca branca do PP renovado), coas súas únicas siglas non serán quen
de pasar de 3º e 4º posto nas seguintes non vai a ocorrer nada diferente, e
máis tendo en conta a lei electoral… só que PP e C’s xuntaranse na súa vision
máis doce de dereita. Que fará o BNG? Estamos a tempo de corrixir o rumbo de
cara "as xerais". Pero, para elo, tamén as bases de Podemos terán que
facer chegar a súa opinión ó "consello
de sabios" de soberbios, fantasiosos, miopes, e en algún caso,
maliciosos dirixentes que fan o que lles peta, e agora perden o cu por aparecer
no plasma a carón de Manuela Carmena ou Ada Colau.
É exasperante e
ata agora inevitable a división da esquerda, e Podemos non pode ser a hexemonía
da Esquerda, pero necesitase construír un bloque social e político que poda mobilizar
a abstencionistas e desencantados. Na miña opinión Podemos ten que afinar, non
se pode mobilizar a parados e precarios virando cara o "centro"..., uns teñen principios
e outros "principes" plantón á monarquía medieval…, ou construír un
bloque sen recoñecer o dereito á autodeterminación, sen romper o ferrollo
constitucional. De momento NON haberá cambio sen Compromís, sen Anova, sen
Bildu, sen CHA, EQUO, IU... CUP por exemplo, cuadriplican resultados en
Barcelona, a pesar de Ada Colau.
O PP non perdeu,
pero o castigo esta facendo que perdan
as formas e o orden e cando a dereita perde formas e orden, están perdidos. Deixando de lado a
estreitos de mira dalgúns e os intereses particulares, partidistas e de grupo,
o Réxime descomponse, Mariano Rajoy aínda tivo sorte. Se chega atopar enfronte
unha opción alternativa seria, coherente, con claro proxecto de futuro, con
dirixentes de valía, honradez e valentía, despreocupados das tácticas
electoralistas, non houbera quedado del nin os osos.
O xerminar das
mareas agroma o comezo dun cambio; PP, PSOE e BNG están nun momento electoral
moi complicado o número de concelleiros e alcaldías cae en picado o resultado
da batalla, fifty-fifty e gañouna ese
fenómeno político en evolución chamado Podemos, queiramos ou non xa son referencias
políticas decisivas da esquerda… pois o noso inimigo é a dereita e máis
concretamente o PP, e aquí non temos nin o sorriso de Compromís. Veña imos para Bingo!!