HM CIOCC Galicia amplía a súa actividade na Coruña potenciando os servizos de oncoloxía.
Europa Press
Cando a sanidade pública galega está nun fondo debate sobre o seu futuro polo recorte de servizos, a sanidade privada ensancha as súas capacidades de actuación en Galicia. Así, o Centro Integral Oncolóxico Clara Campal HM CIOCC Galicia aumentou os servizos que presta na Coruña, "coa presenza de dous oncólogos de prestixio que encabezarán o equipo de Oncoloxía de HM Hospitais na cidade", informa nun comunicado.
Trátase da directora de HM CIOCC Galicia, a doutora Teresa Curiel, que xunto ao doutor Manuel Fernández Bruno, complementarán a actividade que ata este momento levaba a cabo no hospital coruñés HM Modelo.
"Deste xeito, o HM Modelo non só incorpora a dous prestixiosos oncólogos, que contan con gran experiencia, senón que pon a disposición dos seus pacientes máis consultas, interconsultas, tratamentos e equipos multidisciplinares que traballan desde o mesmo momento do diagnóstico en diversos ámbitos: emocional, nutricional, psicolóxico...", sinala, entre outros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario