luns, 26 de setembro de 2011

Recortar non é aforrar


Por abc

Recortar os gastos dos centros, reducir os servizos, o profesorado (prescindindo de interinidades, evitando substitucións, amortizando xubilacións), aumentar o alumnado por aula, as horas lectivas do profesorado, etc. etc.... e, o mesmo tempo crear novas axudas a centros privados elitistas nos que se selecciona o alumnado por sexo ou polas súas crenzas relixiosas, como é o caso de Pereiro de Aguiar en Ourense, son medidas que van ter consecuencias desastrosas para o sistema público de educación, a curto, medio e longo prazo. A educación é un dos piares nos que se apoia o futuro dun país; a súa fortaleza ou debilidade posibilita, ou non, unha poboación preparada para afrontar os retos na sociedade futura, é unha inversión necesaria. Non facelo aumentara a pobreza, a marxinación os problemas sociais, ademais do fracaso escolar (en España nos últimos 10 anos un 7% e hoxe en día taxas do 31,2%). Lembremos que Europa instou os países membros a reducir o fracaso escolar en 2012. Recortar a inversión en educación non parece o camiño para cumprir o obxectivo. Se esta é a solución á crise que nos ofrece o Partido Popular, é evidente a falta de ideas e a grave confusión de partida,“recortes de servizos básicos”  non é o mesmo que aforro ou “austeridade”. Trátase de (educación e sanidade públicas) e non estampas (visitas do Papa, autopropaganda, desviación de diñeiro público ao ensino privado, a sanidade privada…)

Ante este panorama revolto, a estratexia de gobernantes como Esperanza Aguirre é previsible: enfrontar a os pais/nais cos profesores. Despois lanzar mensaxes maliciosos para poñer a poboación contra os docentes (son uns privilexiados, teñen traballo de por vida, votan poucas horas, gozan de moitas vacacións…), o seguinte previsible paso é crear división entre pais/nais e profesores.
Cando, debería ocorrer o contrario: cá comunidade se unise en defensa dos profesores, porque en realidade non estamos falando de condicións laborais, non só, senón do sistema educativo que queremos. E ninguén que coñeza minimamente cómo están hoxe os centros pode crer cá ensinanza non se resentirá, ou, como sosteñen, vai a estar mellor que nunca.

Galicia é un país no que ágora, por exemplo, non hai diñeiro para ensinanza, nin garderías ou sanidade pero sí millóns para determinados medios (autopropaganda). Pero como dicilo, pouca xente se decata. E logo temos medo a poñer en valor o noso, medo a defender as nosas ideas e medo a los otros.

Así que xa sabedes: o que prexudica a os pais/nais non é a Folga, senón as medidas que deterioran a educación. E contra esta ofensiva, os profesores sós non poden, necesitan que esteamos detrás, o seu carón, non enfronte, como pretenden algúns.