domingo, 29 de decembro de 2019

A PONTE DE SAN FERNANDO


Ano de construcción:
Ponte de San Fernando formaba parte das obras da estrada de segundo orde dPonferrada Ourenseprimeiro proxecto técnico para a construción da Ponte de San Fernando foi redactado no ano 1.878, dous anos mais tarde foi modificado e a ponte non se inaugurou ata 1902.
Tipo de edificio:
A Ponte de San Fernando é un edificio público.
Historia:
A Ponte de San Fernando estaba situada entre Viloira e o Barco de Valdeorras.
A enchente do Río Sil en 1959 fixo que as 18:45 do día 27 de Decembro a ponte se derrubase.
Uso actual e uso antigo:
O uso antigo era e para chegar aos pobos que estaban ao lado da Ponte, inicialmente construíuse como obra da estrada de Ourense a Ponferrada.
O uso actual é para chegar ás vilas que están na beira esquerda do Sil (Viloira, Santigoso, Coedo, Alixo, Millarouso, Cesures, Vales e Fervenza), xa que a estrada a Ponferrada ten outro trazado. 
Reformas que sufriu:
Non sufriu ningunha reforma porque o caudal da auga derrubouna e tiveron que facer outra.
O 19 de Xaneiro de 1960 os soldados construíron unha ponte de madeira chamada a Ponte dos pontoneiros (eran soldados do Rexemento de Pontoneiros de Zaragoza). Levoulles só dous días construír esta ponte de barcas, con capacidade ata 6000kg, pero o día 27 seguinte o río levouse esta nova ponte.

Dous meses despois volveron facer a ponte no mesmo sitio que a anterior e prestou servizo ata fin de ano, que a quitaron. Volveuse a por en abril de 1961 e prestou servizo tamén ata fin de ano reinstalándoa en 1962 e 1963. En Outubro de 1964, quitárona definivamente.

En Agosto de 1960 viñeron técnicos para facer o estudo da cimentación para a nova ponte e en marzo e abril de 1960 fíxose por "Dragados Construcciones" unha pasarela ao lado da ponte caída, que prestou servizo ata a construcción da nova e actual ponte entre que comezou en 1962 e non rematou ata maio de 1967 con retrasos contínuos por falta de ferro para facer as vigas transversais.

A ponte tras a enchente do 59


Curiosidades:
Unha noticia de La Voz de Galicia do 30 de Xullo de 1897 da conta do afundimento dun dos arcos centrais da ponte (ao pouco de construíla), o accidente ocorreu cara as sete da mañá o que impediu desgrazas persoais, cinco anos despois a ponte inaugurouse oficialmente xunto coa estrada.

Manuel Quiroga Vázquez naceu en 1844 na Casa de Lamela, parroquia de San Salvador de Quiroga (Lugo). De familia fidalga por ambas ramas, herdou da súa nai o título de conde de San Martiño de Quiroga.

Quiroga estudou avogacía en Madrid. Comezou axiña a súa carreira política, sendo elixido en 1869 deputado por Quiroga nas filas da Unión Liberal.

Asentado na Casa Grande de Viloira foi o maior pagador do Barco por contribución territorial. Representou o Partido Conservador en Valdeorras desde 1879. Foi o deputado do distrito de Valdeorras que máis veces -nove- ocupou cadeira nas Cortes. Desenvolveu os cargos de director xeral de Agricultura, de Administración Local, Xefe Superior de Administración Civil e Embaixador plenipotenciario de China.

A construción da ponte de San Fernando débese pois en grande medida a este personaxe, que gañou a súa batalla particular frente a Apolinar Flórez, deputado liberal valdeorrés, que pretendeu sen éxito que a estrada Vilafranca-0 Barco (1894) dera unha volta, antes de chegar ao Barco, por Vilanova, Outarelo e O Castro, onde se situaban o pazo e as terras da súa propiedade.

Cando a ponte se derrubou causou a morte dun señor chamado Manuel Conde Rodríguez, alias “O Monfortino”. O último que pasou foi o cura de Santa Mariña D. Domingo López González que observara algunhas gretas na carretera e deu aviso no café de Juan Rodríguez para que a xente non pasara pola ponte, pero Manuel Conde non fixo caso.
Bibliografía:

Ningún comentario:

Publicar un comentario