É adoutrinamento que nun
colexio se informe ós rapaces do mundo real que existe independentemente da
vontade de seus proxenitores? Adoutrinamento é illarse en crenzas impostas en
microcosmos socioculturais pechados, agochando intolerancias ou disfrazándoas
de liberalismo.
E seguen a bramar polos
recantos que non queren que seus fillos fillas sexan do Estado... que non
queren talleres nos que se fale de prácticas sexuais onde se detallan
"bicos, caricias, masturbación, felación, cunnilingus, coito vaxinal,
coito anal, coito instrumental..." e aludan á zoofilia, pedofilia..."
seica nalgúns centros "están cerca de la
corrupción de menores"
Estamos obrigados a
inscribilos no Rexistro Civil, non no Rexistro da Propiedade
Os nenos e nenas non son
de ninguén, non son propiedades, nin sequera os de xestación subrogada, son
suxeitos de pleno dereito nin teus nin do Goberno, pero é o Estado o
responsable de darlles un programa educativo pactado polos poderes públicos e
os docentes. Que bo sería que a masturbación ou a homosexualidade, por poñer un
exemplo, foran comportamentos absolutamente normais. Canto sufrimento se
evitaría dando carácter de naturalidade o que é.
Cantos 'pines parentales'
levan postos os fillos fillas de parellas divorciadas, maltratadas, que non
chegan a fin de mes...
Que farán coa asistencia
a aniversarios...?
Demasiados 'pines' temos
que empezar a botar fora dándolle o mesmo eco mediatíceo para conseguir unha
acción-reacción igual de inmediata ó 'pin parietal' ese... eu son máis de
"frontal" por cuestión de dedos.
A censura educativa é un
ataque á escola pública. Forma parte dun proceso secesionista da xente
púidente, por afastarse do resto, non vivir con/como eles, non educarse con
eles... non quita que haxa xente que pense que tamén é para eles. Pasa como as
rebaixas fiscais.
Non queren clases de
sexualidade. Déixano todo en mans da pornografía.
Aínda me doen as hostias
recibidas e as que vin soportar ós compañeiros de aula!
Bos días!
Relacionado:
P.D.
Se cadra outro día falo
do consentimento
informado "reforzado" Ai!, as palabras e as cousas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario