martes, 28 de xaneiro de 2020

Defensor del Paciente: "A finalidade do Sergas non é outra que a de terminar privatizando a sanidade pública"

As Urxencias centran as denuncias por neglixencia médico-sanitaria na Galiza, 640 en 2019, segundo esta asociación, que afirma que "os hospitais andaluces, madrileños e galegos son os que peores servizos de Urxencias teñen por unha xestión deficiente".

Urxencias do CHUAC

Redacción

Galiza é o sexto territorio do Estado con máis denuncias por casos de neglixencia médico-sanitaria, segundo recolle a 'Memoria 2019' da Asociación ‘El Defensor del Paciente’. Segundo a memoria difundida esta segunda feira, recollida por Europa Press, El Defensor del Paciente rexistrou na Galiza en 2019 un total de 640 casos denunciados de neglixencias. En todo o Estado esta asociación recibiu 13.454 denuncias nese ano.
Os hospitais máis denunciados foron o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), seguido do complexo vigués (Chuvi); do de Santiago (CHUS), do de Pontevedra (CHOP) e o de Ourense (CHOU). O mesmo documento sitúa as urxencias como o servizo ou especialidade máis denunciado na Galiza; seguido das listas de espera; Cirurxía Xeral; Traumatoloxía e Ginecoloxía e Obstetricia.
"Os hospitais andaluces, madrileños e galegos son os que peores servizos de Urxencias teñen por unha xestión deficiente" no Estado español, conclúe na citada asociación na súa 'Memoria 2019'.
Espera
"Podemos observar que Galiza saíu da cola das listas de espera cando os últimos anos sempre a atopabamos situada entre as peores. No entanto, do mesmo xeito que nos pasa coa comunidade madrileña, somos bastante incrédulos ante a cifra de 56 xornadas para intervención", expón El Defensor del Paciente.
"Outra opción é que acepten ir a unha clínica particular, é dicir, a finalidade do Sergas non é outra que a de terminar privatizando a sanidade pública", lamenta a citada asociación
A iso suma que "son 34.468 galegos os que agardan", cifra que coloca Galiza en sexta posición en canto a número de persoas en listas de espera, após Cataluña (168.108), Andalucía (137.721), Comunidade Valenciana (56.725), Madrid (52.579), Castela A Mancha (36.772) e Galicia (34.468).
"As ramas médicas que saen maltreitas son Traumatoloxía, Cirurxía plástica e Cirurxía maxilofacial", sostén El Defensor del Paciente. "Polas reclamacións que recibimos, constatamos que, do mesmo xeito que sucede con Madrid, chamouse a pacientes que estaban en demora cirúrxica para informarlles de que as axendas estaban pechadas e que cando volvesen estar abertas xa se lles avisaría, está claro desaparecendo das mesmas mentres tanto, ese é o truco", denuncia.
"Outra opción é que acepten ir a unha clínica particular, é dicir, a finalidade do Sergas non é outra que a de terminar privatizando a sanidade pública", lamenta a citada asociación, que engade que "doutro xeito non se explican algunhas denuncias de situacións que de ningunha maneira rozan os 56 días de medica para pasar por quirófano tales como cirurxías de xeonllo para 2021". "Ou tamén citas de máis dun ano e medio para Oftalmoloxía na área de Santiago e casos de máis de tres meses con cancro de próstata sen iniciar tratamento que denunciamos na Fiscalía", abundou.
As costuras da sanidade pública galega saltan polo esgotamento da Atención Primaria

Primaria

Aliás, considera El Defensor del Paciente que "as costuras da sanidade pública galega saltan polo esgotamento da Atención Primaria, cuxos médicos, fartos de superar os 40 pacientes por xornada, mobilizáronse mediante protestas e conatos de folga ao non palpar as supostas melloras prometidas polo Sergas".
"O detonante da falta de médicos de familia e pediatras, froito da sobrecarga asistencial, non é outro que a febleza orzamentaria", considera El Defensor del Paciente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario