Hugo Wast
A febre do wolfram.
Entre os anos 1940 e 1944 Galicia converteuse no escenario dunha guerra xorda entre a Alemaña nazi apoiada polo réxime franquista e os aliados por facerse co control dun mineral estratéxico para a industria de guerra alemá, o wolframio. Galicia posuía neses anos os únicos xacementos no mundo capaces de fornecer á Alemaña de Hitler. A produción pasou de 200 Tm. en 1939 ata preto de 4.000 Tm. en 1944 chegando a representar o 28% das exportacións anuais españolas.
A única posibilidade dos aliados de facerse coa produción de wolfram era pagar máis que os alemáns aos intermediarios. Esta medida provocou que os prezos se disparasen exponencialmente ano tras ano pasando de 8 pts./kg en 1939 ata 262 pts./kg en 1943.
Nunha Galicia asfixiada pola escaseza e as cartillas de racionamento, as montañas galegas enchéronse de mineiros, intermediarios, espías, contrabandistas, aventureiros, presos utilizados como traballadores forzados e os mesmos paisanos que se botaban ao monte para conseguir uns kg. daquel ouro negro.
Mulleres traballando na mina de Valborraz, Casaio, Carballeda de Valdeorras, Ourense. [ca..1941..43]
Fotógrafo descoñecido. Fonte: Documental "La batalla desconocida" Agallas Films - Tve - Crtvg - Agadic - Xunta de Galicia

Mais coñecida pola "MIna dos alemáns" un dos principais xacementos de wolfram na Galicia dos anos 40.
Cantar popular na memoria das mulleres de Santa Comba :
Fun á mina de Varilongo
para gañar un patacón
agora xa teño diñeiro
para comprar un pantalón.
Mulleres traballando na mina de Valborraz, Casaio, Carballeda de Valdeorras, Ourense. [ca..1941..43]
Fotógrafo descoñecido. Fonte: Documental "La batalla desconocida" Agallas Films - Tve - Crtvg - Agadic - Xunta de Galicia
As mulleres non traballaban dentro das galerías senón noutras tarefas como a carga de vagonetas, no lavadoiro do mineral ou retirando a escoria e tiñan un salario un puoco menor ao dos mineiros de baixa cualificación que podía alcanzar unhas 7 pts./día.
A venda no mercado negro dun só kg. de wolfram podía supoñer, máis de 200 pts. Os roubos de material ao longo de toda a linea de produción e transporte eran frecuentes a pesar da presenza de vixiantes e ás grandes multas que podían carrexar.

Entrada a mina de Valborraz, Casaio, Carballeda de Valdeorras, Ourense. [ca..1941..43]
Fotógrafo descoñecido. Fonte: Documental "La batalla desconocida" Agallas Films - Tve - Crtvg - Agadic - Xunta de Galicia
A explosión dos prezos do wolfram fixo que dunhas poucas explotacións mineiras en Galicia a principios dos 40 se chégase a máis de 100 minas en 1943. Desde minas grandes, organizadas e con grandes medios técnicos xestionadas directamente por empresas do holding nazi Sofindus, como as de Casaio, Fontao ou San Finx ata unha gran masa de pequenas minas sen máis medios técnicos que os picos, pas e carretillas duns poucos mineiros.
En 1943 figuraban rexistrados oficialmente preto de 8.000 mineiros, a cifra dos ilegais estímase en máis do dobre desa cifra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario