xoves, 9 de abril de 2020

O Sergas pide ás residencias as mortes por coronavirus en dúas horas mentres segue sen sumalas á súa estatística


Desinfección dunha residencia de maiores en Nigrán © Concello de Nigrán


Catro días despois de asinala, a Consellería de Sanidade fai oficial este martes no DOG unha orde para que todos os centros identifiquen todos os casos diariamente e as mortes en canto se produzan
As residencias e “todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios, públicos ou privados” de Galicia “estarán obrigados a declarar, con carácter urxente, os casos e falecementos relacionados co Covid-19” e, “no caso dos falecementos, estes deberanse notificar no prazo máximo de dúas horas a partir do momento en que se produzan”. Ese é o acordo que o conselleiro de Sanidade asinou o pasado venres día 3 pero que a Xunta non fixo oficial no DOG, e polo tanto non entrou en vigor, ata este martes día 7, tras varias semanas de falecementos e versións contrapostas sobre a contabilización de casos en residencias, mortes que o Sergas non suma á súa estatística.
Persoal do servizo contra incendios da Xunta, realizando labores de desinfección contra a covid-19 nunha residencia de maiores da Peroxa CC-BY-SA Xunta
Ademais de comunicar as mortes en dúas horas, desde as residencias teñen que facilitar datos "diariamente entre as 15 e as 18 horas" desde este martes, primeiro día en que antes das 21 horas a Xunta ten que darllos ao ministerio
O acordo agora emitido por Sanidade concreta unha orde previa á pandemia de coronavirus, de decembro de 2013, pola que se viña regulando a rede galega de vixilancia en saúde pública e se establecían os criterios para comunicar ao Sergas de xeito urxente ou rutineiro distintos tipos de enfermidades. Agora o novo acordo concreta que todos os centros sanitarios ou sociosanitarios públicos ou privados deben comunicar todos os casos tanto en residentes como entre o persoal “diariamente” entre as 15 e as 18 horas mentres que os falecementos “que poidan estar relacionados co Covid-19, con independencia da súa causa inmediata”, “deberanse notificar no prazo máximo de dúas horas a partir do momento en que se produzan”. Nos dous supostos, identificando datos como nome e apelidos, DNI, data de inicio de síntomas ou existencia ou non de mostra.
O acordo establece que “será responsabilidade da persoa titular da dirección ou xerencia do centro, servizo ou establecemento sanitario ou sociosanitario, público ou privado, asegurar que todos os facultativos médicos obrigados a declarar o fagan en tempo e forma, facilitando os medios para que poidan cumprir coas indicacións da autoridade sanitaria”.
Ata agora a Consellería de Política Social viña contabilizando os casos e falecementos atribuídos ao coronavirus nas residencias, pero o Sergas só incorporaba nos seus datos diarios oficiais as mortes de residentes que se producisen en hospitais, non os que falecesen nas propias residencias, divulgados pola outra consellería. 
Este domingo o propio presidente Feijóo acabou aclarando, tras varios días de versións contrapostas, que ata ese momento se producira o falecemento de 65 persoas residentes en centros sociosanitarios, das que 32 estaban xa contabilizadas nos balances diarios do Sergas mentres que 33 deixáranse á marxe malia si telas rexistradas Política Social, datos que agora o Sergas pide directamente ás residencias.
O presidente concretou o dato dous días despois de dicir o venres que a Xunta “computa todas” as mortes das que ten constancia pero sen aclarar se se incluían nos datos que o Sergas fai públicos e comunica ao Estado. 
A concreción de Feijóo do domingo produciuse despois de que o sábado o Ministerio de Sanidade ordenase ás comunidades autónomas transmitirlle información concreta sobre a situación nas residencias antes deste mércores 8 de abril segundo un novo protocolo que as obriga a actualizar os datos “cada martes e venres” antes das nove da noite. Agora, o acordo da Consellería de Sanidade que xa entrou en vigor este mesmo martes obriga ás residencias a remitirlle os datos entre as tres e as seis da tarde.
ConcelloResidenciaPositivos Falecementos
OurenseN.S.La Esperanza San Rosendo
105
9
CangasDomusVi Cangas
98
13
SantiagoDomusVi San Lázaro
82
14
VigoDomusVi Barreiro
64
10
CelanovaSan Carlos
41
2
A CoruñaEl Portazgo
37
8
OurenseDivino Maestro San Rosendo
35
1
OurenseGalisenior
29
SantiagoFundación José Otero
23
O BarcoNosa Señora de Fátima
22
A CoruñaConcepción Arenal
17
VigoMoledo
17
CrecenteSan Pedro
17
Castro CaldelasResidencia Castro Caldelas
16
1
VigoCRAPD Vigo
15

Ningún comentario:

Publicar un comentario