https://www.facebook.com/Denaianai-423755844379903/?__xts__[0]=68.ARDOqW1G6dftxey4WU3NTQbk13bLFt7mBAGPOKUCvPBTyiR2b-BJkmfP1ssbD97DbWMeaPs0NP4cvrRZWaxXXsUP3bP_YxKTgO04ZWt7b6n8TrebWgorWoVtzRlPRY6yo8uZqDZbdUl3dBguTg4HaL8m5Foa579yywx1z9Yi8MVjPmHqTKlk9R03KgbZt7vZ28AdSvB3oOpKTxwnv7nz6eHP5-vvQv0duexL4u_vTWoMwN6vzmURGBiAVYLbuhLJ1fj1706bHilg1ZkY8KcjvmMWV1sut4IL_NcqU0iZBtmH1DZVdexafR1qphfH2_PB3woz7RLW_Gc563vV
O Barco, 24 de novembro de 2019. Nos recentes días publicouse a noticia do PECHE DO PARITORIO do Hospital de Verín, así como das URXENCIAS PEDIÁTRICAS, a partir do próximo día 1 de decembro.
Como asociación, queremos poñer de manifesto que estas noticias non reflicten máis que o continuo desmantelamento e peche de servizos que está a sufrir a sanidade pública comarcal, perdendo dereitos e obrigando ás familias para ter que desprazarse ás capitais de provincia para poder ser atendidas por servizos especializados.
Non podemos estar máis en desacordo coas razóns que o SERGAS aduciu para tomar esta decisión. E despois pregúntanse por que a natalidade no rural segue baixando? E despois seguen criminalizando a aquelas mulleres que deciden parir nos seus fogares?
Por todo iso, a Asociación quere, por unha banda, mostrar a súa solidariedade coas familias afectadas e tamén a súa máis sincera repulsa ante este tipo de políticas públicas que non fan máis que menoscabar os dereitos de todas e todos, especialmente da poboación máis vulnerable e carente de servizos públicos. A non atención ás mulleres e a redución dos seus dereitos tamén é violencia.
A Xunta Directiva da asociación De Nai a Nai
Ningún comentario:
Publicar un comentario