domingo, 24 de novembro de 2019

Asociación Galega de Matronas ante o peche do paritorio do Hospital Comarcal de Verín

Foto de Asociación Galega de Matronas.
https://www.facebook.com/matronasgalegas/?__tn__=kCH-R&eid=ARC3E6TCWWyyS9vUQwQqvJ8D3OvK6TeZLChWJLWwbUt9mvCTTUm58FXrlvWAqM3wmT6ZCBVQ-LSyDbph&hc_ref=ARQyydTXF7h4q5KgGKVX_IHKHh_z9Z34whfm1w3dqVyJNoWV-WN45MCY2WsiA7i8V1o&fref=nf&__xts__[0]=68.ARAXNXGuOFPHK38hrSXQrTvUKHcjoG9-ba-lWkLCIkudxUXjxrRlYlEhKc_LV-qHVKcBJrFDIJNGwJWVPJblxaNyWJJ27Zoc1sZNRwHzDSqPedj-YFvzX7cY5Td1lh29YB_521AA7Jfpevyc_WamvjazndNmmzfU2rtH5VmB_AMTnLIGkc1xGtECl56R1g6Inb7SMcRWDzpk0dyfkFDpIfnOrZpILCDhG3TWV-aibz50Lt8TidOYxOTItsqo39wR35VxtGh-AwtuuagZL4j7wJdIj1_MKPF7JLfkHavc4E0CY1yK5GNNPp1rimpf8_jejshHPngGQXQW_QiX4a0C
Ante a triste nova do peche do paritorio do Hospital Comarcal de Verín, a Asociación Galega de Matronas síntese obrigada por un lado, a apoiar ás compañeiras afectadas por este peche, e por outro, a informar á sociedade en xeral, e ás mulleres da área de Verín en particular, sobre a información sesgada e non baseada na evidencia científica que se está a difundir arredor desta situación:

1. Parir en Verín foi e segue a ser seguro
2. A idade da nai por si soa non é un factor risco de cara ao parto, segundo a evidencia científica actual.
3. As matronas existimos, somos o persoal sanitario de referencia para atender partos normais tal e como respalda o Ministerio de Sanidade e a lexislación española, a lexislación europea e organismos internacionais como a OMS.
4. A falta de seguridade para as usuarias non é a causa real do peche, os intereses económicos detrás desta decisión pon de manifesto que as familias que ata agora tiñan aos seus fillos en Verín, para a Xunta de Galicia son menos importantes que as familias de contornas urbanas, a pesar de seguir a pagar de igual forma os mesmos impostos cas familias que viven en Ourense. Onde están as políticas de axuda á natalidade cando se está a ofender de tal xeito ás familias do rural ourensán?
Por todo isto, as matronas galegas rexeitamos o peche do paritorio de Verín e instamos ao goberno galego a asumir o compromiso de garantir os servizos e calidade asistencial sanitaria para todos os galegos, sen perxuizo do seu lugar de residencia ou do seu xénero, e convocamos unha CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO HOXE MARTES 26 DE NOVEMBRO, ás 15:45, diante do edificio da EGAP.
Por unha Sanidade Pública de calidade para todas as mulleres galegas, tamén as do rural, e pola dignificación do colectivo de matronas.
Foto de Asociación Galega de Matronas.
Foto de Asociación Galega de Matronas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario