Comunicación Sergas Ourense
Ante a continuada redución do número de partos no Hospital de Verín e dacordo co criterio técnico, de calidade e seguridade asistencial dos Servizos de Pediatría e Xinecoloxía e Obstetricia, na liña do consenso das sociedades científicas destas especialidades, para garantir a seguridade e a calidade da atención obstétrica e neonatolóxica, a Dirección da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras decidíu que estes procedementos se atenderán no Hospital Universitario de Ourense desde o vindeiro día 1 de decembro.
A evolución da natalidade no Distrito Sanitario de Verín amosa números sen precedentes na historia desta bisbarra: Hai 10 anos, atendéronse 147 partos, número que baixou progresivamente dende entón. Caendo por debaixo dos cen o pasado ano, con só 89 nacementos, e este ano rondarán os 60 dacordo con esta progresión. Ao redor de un parto á semana.
Existe un claro consenso, en todas as sociedades científicas e profesionais, tanto a nivel nacional como internacional, que indica un número mínimo de partos para garantir unha atención segura e de calidade, e minimizar os riscos para a saúde do neonato e da nai. Nesta liña, hai tamén suficiente evidencia científica, que establece unha relación entre seguridade e volume de actividade das maternidades hospitalarias.
Por todo elo, o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Félix Rubial, subliñou que esta medida é un acto de responsabilidade, baseada no deber de velar pola seguridade e garantía asistencial das futuras nais e os seus fillos, que continuarán tendo, no Hospital de Verín, atención xinecolóxica e obstétrica, xa que só se centralizarán en Ourense os partos, manténdose no Hospital de Verín o resto da actividade asistencial, seguemento do embarazo, probas e controis xestacionais e atención pre e postparto.
Nesta liña, Rubial destacou que está prevista, nos próximos días, a ampliación da carteira de servizos de enfermería obstétrica (matronas) do Hospital de Verín, cara a incorporar prestacións que na actualidade só se ofertan desde Ourense.
Consenso dos profesionais e sociedades científicas
Pola súa parte, o xefe do Servizo de Pediatría, Santiago Cebrian, destacou que, tanto o Ministerio de Sanidade, como as distintas sociedades científicas, española de pediatría e neonatoloxía, e a galega de pediatría, recomendan un control, periódico, das maternidades con menos de 600 partos ao ano, co fin de evitar riscos innecesarios ao recen nado, e garantir a calidade e seguridade asistencial.
Pola súa parte, o xefe do Servizo de Pediatría, Santiago Cebrian, destacou que, tanto o Ministerio de Sanidade, como as distintas sociedades científicas, española de pediatría e neonatoloxía, e a galega de pediatría, recomendan un control, periódico, das maternidades con menos de 600 partos ao ano, co fin de evitar riscos innecesarios ao recen nado, e garantir a calidade e seguridade asistencial.
De feito, segundo o Dr. Cebrian, o Ministerio de Sanidade, no seu documento de “Maternidade Hospitalaria: estándares e recomendacións”, de 2009, recomenda non dotar de Maternidade a aqueles hospitais que non cheguen a unha área de referencia mínima, cunha estimación superior a 600 partos ao ano, agás aquelas que, por tempos de desprazamento ou accesibilidade, así o aconsellen.
Pola súa parte, o xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, Xosé Luis Doval, considerou que esta é unha medida técnica e responsable, que responde as necesidades asistenciais actuais, derivadas dun progresivo aumento da complexidade dos embarazos. Por causas como o incremento da idade das nais no primeiro embarazo, das xestacións múltiples, e dunha maior comorbilidade médica das xestantes (que presentan unha ou varias enfermidades de base).
De feito, todos estes aspectos veñen incrementando progresivamente na provincia a porcentaxe de embarazos de risco, que son atendidos pola Unidade de Alto Risco do Hospital Universitario de Ourense, de referencia provincial desde a súa creación.
Por último, Félix Rubial, quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade ás mulleres deste Distrito Sanitario, e especialmente as xestantes, no convencemento de que esta medida será positiva e mellorará a súa seguridade. Ademais agradeceu a todos e todas as profesionais, tanto do Verín como do resto da provincia, que contribuiron a que este procedemento asistencial se desenvolvera con normalidade e, ata agora, sen complicacións relevantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario