xoves, 7 de febreiro de 2019

Por que ir á manifestación do domingo pola Sanidade Pública?


A Quintana, ateigada na manifestación pola sanidade pública Dominio Público @En_Marea

Flora Miranda Pena
https://praza.gal

"Pola nena que ten dificultades para recibir atención pediátrica nun país que “aposta polo rural". Pola anciá que precisa atención domiciliaria. Por quen precisaba coidados paliativos cando a súa médica estaba desbordada. 
Contra a saturación das urxencias. Pola centralidade da Primaria. Contra as que fan da necesidade negocio
Polo que non tivo cita en primaria e está nunha padiola de urxencias. Por quen agarda por unha intervención. Polas `’Médicas Precarias’, os PACs, o persoal de urxencias, das ambulancias, os xefes de Vigo e cada profesional que loita polo seu exercicio de dignidade.Contra a saturación das urxencias. Pola centralidade da Primaria. Contra as que fan da necesidade negocio. Por quen enferma de explotación. 
Pola atención con recursos ás persoas hospitalizadas. Por paliar socialmente as consecuencias da perda de saúde. Pola equidade nun territorio con fondas desigualdades. Pola atención no rural. Pola saúde das mulleres. Por unha sanidade con lentes lilás
Contra os contratos lixo. Polas que marcharon. Polas que xa non volverán. Pola dignidade de todas as profesionais. Pola conciliación
Polas afectadas por enfermidades invisibles e a súa travesía do deserto buscando solucións. Pola pediatría para as nenas e nenos dos lugares máis afastados das cidades. Pola accesibilidade universal. Polos dereitos civís e as garantías de trato digno. Pola Saúde Mental. Pola atención psicolóxica. Polo coidado das diversidades. Polo manexo de adiccións con recursos públicos. 
Polo diálogo da administración coas asociacións de persoas enfermas. Polo respecto á autonomía das persoas. Para loitar contra a exclusión. Pola atención á vulnerabilidade. Pola Morte Digna. Polos dereitos sexuais e reprodutivos. Por un parto humanizado. Contra a medicalización da vida. Para combater a desigualdade. Por recursos contra os danos das violencias machistas. 
Por unha sanidade pública, equitativa, universal, gratuíta, de calidade, feminista, inclusiva, en cada lugar do noso territorio, eu manifestareime o 10 de febreiro en Compostela
Por berrar alto e claro que non aturamos que xestionen mal un patrimonio valioso. Contra os contratos lixo. Polas que marcharon. Polas que xa non volverán. Pola dignidade de todas as profesionais. Pola conciliación. Pola nosa saúde. Para evitar que os cartos de tod@s rematen no peto das multinacionais. Para denunciar intereses espúreos a costa do común. Contra as esperas indignas.
Por unha sanidade pública, equitativa, universal, gratuíta, de calidade, feminista, inclusiva, en cada lugar do noso territorio, eu manifestareime o 10 de febreiro en Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario