Ningún dos xornais en papel abre hoxe coa manifestación da Sanidade
http://parte.gal/
A cobertura da manifestación en Santiago pola Sanidade, tanto na prensa como nos medios públicos, nomeadamente a TVG, foi criticada por partidos políticos e cidadáns, pois na canle pública galega emitiron en directo a protesta en Madrid, conectando coa praza de Colón, relegando a un segundo plano á mobilización en defensa da sanidade pública en Compostela, o que motivou que a TVG fose de novo acusada de manipulación informativa polo tratamento que fixo de ambas manifestacións.
Similar situación se deu na prensa escrita, pois ningún xornal en papel abría hoxe coa manifestación da Sanidade de Santiago.
O goberno de Núñez Feijoo asinou arredor de 400 convenios en nove anos, entre 2009 e 2017, polo procedemento negociado sen publicidade, é dicir, sen concorrencia nin licitación aberta, por un importe de máis de 21,6 millóns de euros, con xornais, radios, webs e televisións para sufragar campañas divulgativas e de promoción da actividade da administración autonómica.
Nestes meses, a menos de catro meses dunhas transcendentais eleccións municipais, dende a Xunta téñense licitado diversos concursos para facer propaganda da súa xestión, convocando os diversos departamentos da Xunta concursos por valor de nove millóns de euros en publicidade e propaganda institucional.
Se ben moitos deses contratos deixan liberdade á empresa beneficiaria para establecer a liña editorial coa que debera tratarse cada tema, resulta difícil evitar que ésta resulte afectada, tendo en conta a frecuencia e constancia coa que se asinan os acordos, moitos no mesmo día, así como as cantidades asignadas aos mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario