Ecos hospitalarios

Eh!! é unha iniciativa aberta de traballadores do H.C.V. Música, cine, TV, cómics, libros, revistas…

Páxinas

  • Quén somos…
  • Páxina principal
  • Cine
  • Que facer... Axenda
  • Xornais (Prensa)

martes, 5 de febreiro de 2019

A historia do 'dentón', o LSD do centeo que está na base da industria farmacéutica galega

    Marcos Pérez Pena
  • https://praza.gal/




O dentón ou cornecho © Illa Bufarda

“Unha compañeira de piso comentou un día que a súa avoa traficara con LSD. Chamounos moito a atención, claro, e ela explicounos a historia do dentón, comentando que a súa avoa vendía cornecho con uso medicinal para a obstetricia. A partir de aí comezamos a investigar, e canto máis sabemos máis dimensións descubrimos sobre un asunto que enlaza moitas historias de vida, moitas xeracións e moitos lugares”. Sabela Iglesias e Adriana Villanueva (Illa Bufarda, responsables entre outros traballos de Fíos Fóra) traballan dende hai meses na produción dun documental sobre o caruncho do centeo, un fungo que nace nesta e noutras gramíneas e que provoca efectos alucinóxenos pero que tamén se empregou de forma frecuente para facilitar os partos, practicar abortos e como anticoagulante, e que está moi presente na cultura popular.
Sabela Iglesias e Adriana Villanueva (Illa Bufarda) traballan dende hai meses na produción dun documental sobre o caruncho do centeo
O dentón (ou caruncho, cornello, cornecho e outras denominacións en cada lugar de Galicia) estivo tamén na base do nacemento da industria farmacéutica galega, pois nos anos 30 e 40 a empresa Zeltia comezou a experimentar cos seus alcaloides, dando lugar a uns inxectables chamados Pan Ergot  que se lles administraban ás mulleres que acababan de parir para evitar as hemorraxias. A súa importancia para a farmacoloxía era tal que sobre todo nos anos 50, nun momento en que escaseaba a nivel mundial, chegou a existir unha febre do caruncho en Galicia, con prezos moi elevados e a exportación de grandes cantidades. De feito, hai quen denominou ao cornecho “volframio vexetal”, pola importancia económica que neses anos tivo para determinadas zonas rurais galegas.
Chegou a existir unha febre do caruncho en Galicia, con prezos moi elevados e a exportación de grandes cantidades
O Dentón conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña e conta co apoio do Museo do Pobo Galego, a Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume. O proxecto, que se presentará este mércores ás 18 horas no Museo do Pobo Galego, iniciou esta semana unha campaña de crowdfunding para financiar a realización do documental. O obxectivo é obter cando menos 8.800 euros para facelo posible, fixándose a contía ideal nos 14.250. A gravación do filme podería comezar no mes de xuño e a súa banda sonora será realizada por Paulo Pascual (Modulador de Ondas), un dos maiores expertos mundiais no theremín.
“Chamábanos a atención o pouco que se coñece esta historia. Pero tamén vimos que aínda que non se fale moito deste tema, todas as persoas de 60 ou 70 anos coas que falamos coñecían o dentón e tiveron relación con el”, comentan as autoras, que subliñan a relevancia de rexistrar este coñecemento e a experiencia directa que moitas xeracións tiveron co caruncho e coa súa venda: “Algunhas testemuñas daquelas persoas que comerciaron co caruncho do centeo aínda están vivas e poden falar e contar. Pero por pouco tempo. A posibilidade de recuperarmos en voz das persoas protagonistas estas experiencias é un agasallo para o arquivo audiovisual galego ademais de ser unha contribución á nosa historia como pobo no mundo, como pobo conectado, aberto e cheo de recursos”.
Destacan a importancia do dentón na saúde das mulleres, pois os seus usos medicinais tradicionais máis estendidos estiveron na obstetricia
Salientan, igualmente, a necesidade de relatar a importancia histórica do dentón na saúde das mulleres, pois os seus usos medicinais tradicionais máis estendidos estiveron centrados na obstetricia, un labor que era igualmente realizado por mulleres. “Tal e como había mulleres que a che axudaban a parir o crío tamén había outras que che axudaban a desfacelo”, contan algunhas das entrevistadas coas que xa contactaron Sabela Iglesias e Adriana Villanueva. “Nalgún parto na aldea recollían o caruncho, cocíano e despois dábanlle a beber aquela auga e axudaba ás contraccións do útero”, relata outra.

Sabela Iglesias e Adriana Villanueva, entrevistando en Sandiás a Jesús e Carmen © Illa Bufarda

A presenza na cultura popular e na vida cotiá é evidente. O cornecho está ligado ao cultivo e á recolleita de cereal para a elaboración do pan, a base da alimentación e a súa existencia e efectos coñécense dende antigo. “Había que sacalo porque senón o pan saía escuro. Escollíase para que non fora. Cando chovía era cando facíamos iso”, comenta unha das mulleres entrevistadas na fase de documentación. Sabidos eran tamén os seus efectos alucinóxenos: “Como non había televisión nin sofá, había que sentar nun banco cativo e daba para barrenar”. E públicas eran tamén as consecuencias negativas da súa inxesta excesiva, o ergotismo ou gangrena, tamén coñecido como fogo sagrado, fogo de Santo Antón, ou mal do pan maldito, denominacións que recolleu Albert Hoffman, o químico suízo que estudou a composición do cornecho e que en 1943 descubriu o LSD e os seus efectos.
O caruncho estivo tamén na base do nacemento da industria farmacéutica galega, a través de Zeltia
O documental afondará na importancia económica do dentón para Galicia. Xa no ano 1912 a revista de farmacoloxía American Druggist publicaba que “o ergot do centeo de maior calidade é o producido nas provincias do noroeste de España. Envíase en barco a Londres dende Vigo ou Lisboa e case todo é consumido nos Estados Unidos”. Descubriuse que tiña propiedades farmacolóxicas, principalmente vasoconstritoras e foron os laboratorios alemáns os que máis investigaron. Porén, tamén en Galicia houbo un desenvolvemento industrial e científico a partir deste material que aquí tanto abundaba
Como contaba Gciencia nesta reportaxe, en 1936 apenas dous meses antes da Guerra Civil, o médico Ramón Obella Vidal e o farmacéutico Francisco Rubira fundaron en Vigo o Instituto Bioquímico Miguel Servet en Vigo, no que tamén traballaron Alexandre Bóveda e o químico Fernando Calvet. Lanzan o Pan Ergot, producido a partir do caruncho, como remedio contra as xaquecas e o glaucoma. A Guerra Civil corta este proceso, pero en 1939 xorde a empresa Zeltia a partir do que fora o Instituto Miquel Servet. Zeltia desenvolverá novos fármacos, aproveitando a riqueza da flora medicinal galega e chega a realizar plantacións de centeo para producir cornecho de forma industrial.
“O seu mercado central atópase en Galicia, ata o extremo de que un telegrama de Dacón, aldea cercana ao Carballiño, modifica os prezos en Xapón o nos Estados Unidos”, destacaba un xornal en 1954
A comezos dos anos 50 houbo, ademais, unha febre do caruncho, nuns anos no que o quilo chegou a valer 1.000 pesetas da época. As zonas do planeta nas que había máis caruncho eran Rusia, Portugal e Galicia. E nese momento (ao igual que xa sucedera durante a Revolución de 1917 ou a guerra civil posterior) o subministro ruso escaseaba. En 1954, de feito, un xornal destacaba a importancia de Galicia na produción do conecho: “O seu mercado central atópase en Galicia, ata o extremo de que un telegrama de Dacón, aldea cercana ao Carballiño, modifica os prezos en Xapón o nos Estados Unidos”, subliñaba a noticia.
“Ás mulleres non nos pagaban nada e foi moita cousa o caruncho. Arredemo! Ver o caruncho nos prados era boa noticia”
Deste xeito, o diñeiro que se pagaba polo fungo foi unha achega moi importante para as economías familiares. “Era nas feiras onde había máis trafego de compra-venta de cornello, sobre todo nos anos 50 cando comezou a faltar o subministro ruso”, comenta unha das entrevistadas. “Ás mulleres non nos pagaban nada e foi moita cousa o caruncho. Arredemo! Ver o caruncho nos prados era boa noticia”, explica outra.
“Ter a oportunidade de contar historias que nacen de algo tan próximo e familiar como é este cereal e o seu derivado fai que conectemos coa historia de inmediato. Non falamos de historias afastadas procedentes de selvas amazónicas, non. Falamos do centeo que medra ao carón das nosas casas e dos negocios que financiaron as economías familiares dos nosos avós e avoas e do que tan pouco fala e se sabe”, conclúen Sabela Iglesias e Adriana Villanueva, autoras do documental en produción.


Publicado por Ecos hospitalarios (Eh!!) ás 21:06
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en XCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio
Subscribirse a: Publicar comentarios (Atom)

Translate

Buscar neste blog

Séguennos

Arquivo do blog

  • ►  2020 (401)
    • ►  xuño (13)
    • ►  maio (63)
    • ►  abril (91)
    • ►  marzo (68)
    • ►  febreiro (45)
    • ►  xaneiro (121)
  • ▼  2019 (699)
    • ►  decembro (103)
    • ►  novembro (71)
    • ►  outubro (67)
    • ►  setembro (37)
    • ►  agosto (59)
    • ►  xullo (40)
    • ►  xuño (71)
    • ►  maio (48)
    • ►  abril (34)
    • ►  marzo (38)
    • ▼  febreiro (73)
      • A guerra do Hércules e o Comercio pola ruta Coruña...
      • 'Modernas y vanguardistas', en los orígenes del fe...
      • Todo o colectivo médico rexeita o borrador "dun su...
      • Yemen y Palestina desenmascaran la farsa de “Las a...
      • Haití no tiene petróleo
      • FOTOS VINTAGE DE MUJERES TATUADAS ENTRE 1890 Y 1960
      • Guerra contra el dinero en efectivo
      • El mundo está al borde de guerras del agua general...
      • Gloria Poyatos: “Vamos a trabajar para que se juzg...
      • El club de los poetas muertos
      • Galicia prohibirá os cubertos e vasos de plástico ...
      • ¿Puede un médico operar gracias a Siri o Alexa?
      • Un feixe de citas para celebrar a Rosalía
      • Esa España a la que le siguen oliendo los calcetines
      • Franco e o pórtico da Gloria
      • "Detrás de la gestación subrogada hay un enorme ni...
      • El PP no logra escapar del debate sobre el aborto
      • A ONU, por primeira vez en galego: "Fuxamos da ide...
      • Las misteriosas muchachas de Balthus nos miran des...
      • Lengua materna, aunque no sea la de mamá
      • Curso urgente de defensa de las mentiras de Vox an...
      • "España en el corazón"
      • Los cebos del tripartito
      • "En Traumatología todo el instrumental médico está...
      • Hallan montañas y llanuras a 660 kilómetros de pro...
      • Ignacio Rodríguez: «La radio envejece como un ser ...
      • LA ISLA DE LOS NIÑOS MUERTOS
      • Pioneros en Galicia: El Club Peña Trevinca
      • El experimento de Franco con 50 mujeres en Málaga:...
      • Nacionalismo y políticas sociales
      • 20 Fotografías que demuestran que el color es lo d...
      • O falcón abelleiro, una nova solución para rematar...
      • "La sociedad acepta mejor al transexual cuando ya ...
      • Byung-Chul Han: "El ocio se ha convertido en un in...
      • Trabajo gratuito: las horas extra no pagadas se co...
      • Mucho más que unas elecciones
      • El texto machista y racista de Pablo Casado en el ...
      • Las fotos de cómo la masculinidad tóxica está carc...
      • Diana Toucedo: «Chegar con 'Trinta lumes' á Berlin...
      • A Xustiza insiste tras un recurso da Xunta: “É imp...
      • Instrucción 15
      • El amor es un cuento
      • Los insectos están desapareciendo y su extinción a...
      • La Isla de Basura en el Pacífico ya es más grande ...
      • El autoconsumo doméstico vive una "explosión": Hol...
      • No conoces a la primera mujer periodista por culpa...
      • La huella genética que divide la Península Ibérica
      • Ningún dos xornais en papel abre hoxe coa manifest...
      • Entregan 280.000 firmas para pedir al Congreso que...
      • Colonoscopia con banderas
      • Colón: Gatillazo de 25 minutos
      • Si se inflan en los medios y pinchan en la calle e...
      • Descubren en Casaio o maior conxunto de pintura es...
      • Colapso (intencionado) na sanidade pública galega
      • Denuncian que o orzamento do Sergas se reduciu un ...
      • Feijóo precariza el servicio del transporte sanita...
      • O SERGAS admite que contrata pediatras e médicos d...
      • Denuncian a la Sanidad gallega por contrataciones ...
      • “É imposible negociar cunha Xunta negacionista que...
      • Clamor masivo pola sanidade pública: "Co lío que h...
      • ¿Y si todos tuvieran razón en Podemos?
      • manifestación 'Pola Sanidade Pública Galega' do 10...
      • Por que ir á manifestación do domingo pola Sanidad...
      • "La mitad de los españoles que emigraron durante e...
      • El Teixedal de Casaio, el bosque perdido
      • Cabify: datos y misterios del primer ‘unicornio’ e...
      • Galicia, de paraíso natural a inmenso eucaliptal e...
      • La mala planificación de los MIR deja al sistema s...
      • A historia do 'dentón', o LSD do centeo que está n...
      • Casaio: Los secretos de la mina de wolframio que u...
      • O Concello de Santiago deixa de ingresar 740.000 e...
      • La historia del árbol más solitario y aislado de l...
      • Los recortes en sanidad disparan la facturación de...
    • ►  xaneiro (58)
  • ►  2018 (487)
    • ►  decembro (49)
    • ►  novembro (29)
    • ►  outubro (52)
    • ►  setembro (22)
    • ►  agosto (36)
    • ►  xullo (60)
    • ►  xuño (55)
    • ►  maio (17)
    • ►  abril (42)
    • ►  marzo (51)
    • ►  febreiro (50)
    • ►  xaneiro (24)
  • ►  2017 (522)
    • ►  decembro (60)
    • ►  novembro (117)
    • ►  outubro (70)
    • ►  setembro (10)
    • ►  agosto (41)
    • ►  xullo (21)
    • ►  xuño (49)
    • ►  maio (50)
    • ►  abril (22)
    • ►  marzo (34)
    • ►  febreiro (25)
    • ►  xaneiro (23)
  • ►  2016 (577)
    • ►  decembro (26)
    • ►  novembro (23)
    • ►  outubro (31)
    • ►  setembro (36)
    • ►  agosto (38)
    • ►  xullo (75)
    • ►  xuño (52)
    • ►  maio (33)
    • ►  abril (56)
    • ►  marzo (75)
    • ►  febreiro (70)
    • ►  xaneiro (62)
  • ►  2015 (254)
    • ►  decembro (39)
    • ►  novembro (37)
    • ►  outubro (10)
    • ►  setembro (1)
    • ►  agosto (10)
    • ►  xullo (15)
    • ►  xuño (33)
    • ►  maio (27)
    • ►  abril (32)
    • ►  marzo (19)
    • ►  febreiro (8)
    • ►  xaneiro (23)
  • ►  2014 (335)
    • ►  decembro (14)
    • ►  novembro (13)
    • ►  outubro (27)
    • ►  agosto (29)
    • ►  xullo (29)
    • ►  xuño (34)
    • ►  maio (43)
    • ►  abril (21)
    • ►  marzo (49)
    • ►  febreiro (45)
    • ►  xaneiro (31)
  • ►  2013 (241)
    • ►  decembro (43)
    • ►  novembro (36)
    • ►  outubro (2)
    • ►  setembro (20)
    • ►  agosto (5)
    • ►  xullo (18)
    • ►  xuño (22)
    • ►  maio (18)
    • ►  abril (23)
    • ►  marzo (15)
    • ►  febreiro (20)
    • ►  xaneiro (19)
  • ►  2012 (186)
    • ►  decembro (19)
    • ►  novembro (19)
    • ►  outubro (10)
    • ►  setembro (4)
    • ►  agosto (16)
    • ►  xullo (22)
    • ►  xuño (16)
    • ►  maio (19)
    • ►  abril (21)
    • ►  marzo (18)
    • ►  febreiro (14)
    • ►  xaneiro (8)
  • ►  2011 (51)
    • ►  decembro (9)
    • ►  novembro (3)
    • ►  setembro (1)
    • ►  agosto (1)
    • ►  xullo (3)
    • ►  xuño (7)
    • ►  maio (13)
    • ►  abril (6)
    • ►  marzo (5)
    • ►  febreiro (3)
  • ►  2010 (2)
    • ►  novembro (1)
    • ►  outubro (1)

Datos personais

Ecos hospitalarios (Eh!!)
O Barco de Valdeorras, Ourense
Traballadores do HCV
Ver o meu perfil completo

Máis vistas

  • “Dramática” situación de la sanidad pública gallega bajo el Gobierno de Núñez Feijóo
    La Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) analiza punto por punto los principales problemas de la sanidad en Galicia y...
  • Las piernas de Garbiñe Muguruza
    IÑAKO DÍAZ-GUERRA http://www.elmundo.es/ Me dan igual las piernas de  Garbiñe Muguruza . Debo ser rarito, visto que es una de las c...
  • Treinta disparatadas razones que explican por qué las mujeres viven más que los hombres
    blogs.publico.es Que las mujeres viven más que los hombres es un hecho que los estudios se encargan de recordar. Pero, ¿qué dia...
  • ¿Quiénes forman y financian Cáritas? Los datos
    Rouco advierte de que si la Iglesia tiene que pagar el IBI lo hará, pero "en detrimento de otras acciones" Si hay un cambio e...
  • LOS GRANDES TITIRITEROS DE LA CORRUPCIÓN (I) Asalto al Estado: la ‘beautiful people’ del PP
    El PP ha formado una nueva clase capitalista, asaltando ‘colectivamente’ lo público: un matrimonio entre partido, cajas de ahorro y empresas...
  • A UE ratifica que a investigación de Fomento sobre Angrois non foi independente
    David Reinero   http://praza.gal/ A Unión Europea considera que a investigación que o Ministerio de Fomento realizou do accide...
  • Entrevista a Victoria Portas, portavoz de la Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones
    https://nuevarevolucion.es/ Victoria Portas Mariño (Pontevedra, 1976), experta en Relaciones Laborales, compagina su trabajo de Asesor...
  • Feijóo, o PPdeG e a hegemonia
    É claro que Feijóo é o mordomo político das elites económicas, mas a esquerda parece conforma-se com ser a aristocracia cultural duns sector...
  • MARTA TAFALLA “LA PANDEMIA ES CULPA DE LO QUE LLAMAMOS NORMALIDAD”
    Marta Tafalla (Barcelona, 1972) ha lanzado un libro-reflexión sorprendente en los tiempos que corren: ‘Ecoanimal. Una estética plurisensoria...
  • Te escribí un poema porno
    Ale http://www.diariodeunchicotrabajador.com/ Este poema lo escribí hace ya un buen rato, pero no lo había compartido. Ahí va: ...

Vironme:

Tema Simple. Imaxes de tema de -ASI-. Con tecnoloxía de Blogger.