martes, 12 de febreiro de 2019

Descubren en Casaio o maior conxunto de pintura esquemática prehistórica de Galicia

Atópase nun abrigo da guerrilla antifranquista

http://culturagalega.gal/

Atópase nun abrigo da guerrilla antifranquista
Ídolo oculado. Foto: Spuntik Labrego. Tratamiento dixital: Manuel Rey

Un grupo de arqueólogos do grupo Sputnik Labrego, integrado por investigadores da USC e dirixido por Carlos Tejerizo (Incipit-CSIC), canda Francisco Alonso Toucido, de Estela Arqueoloxía e Patrimonio, localizaron nun abrigo vinculado a un chozo da guerrilla antifranquista o que é "o maior conxunto de pintura esquemática prehistórica de Galicia", unha auténtica "bomba" arqueolóxica, xa que a presenza de arte rupestre pintada no país é moi escasa. Está en Casaio, aos pés de Pena Trevinca, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras. Trátase de representacións pintadas nas paredes do abrigo que poden estar datadas no Calcolítico, hai catro mil anos, polos seus paralelos con imaxes similares doutros puntos da Península. Os investigadores, con todo, agardan a ulteriores estudos para poder determinar mellor a data.
Os achados inclúen un ídolo oculado, unha figura de carácter sagrado amplamente representada no sur da Península Ibérica. O de Casaio é o primeiro que aparece en Galicia, tan ao norte, canda alomenos outras catorce figuras que se conservan en boa calidade. Os achados foron confirmados por Manuel Rey, especialista da Dirección Xeral de Patrimonio en arte rupestre. A equipa de Sputnik Labrego, composto por Carlos Tejerizo ( Mario Fernández (USC), Laura Martínez (Patrimonio Minero del Noroeste Peninsular) e Celtia Rodríguez (USC) xa puxeron en marcha unha proposta de proxecto integral e multidisciplinar para a documentación das pinturas así como para a prospección intensiva da zona, na busca de máis conxuntos. 


Representacións soliformes. Foto: Sputnik Labrego. Tratamento dixital: Manuel Rey.

Ningún comentario:

Publicar un comentario