luns, 11 de febreiro de 2019

O SERGAS admite que contrata pediatras e médicos de familia sen o título necesario

Como é posible que no sistema sanitario público atendan galenos sen a especialidade obrigatoria segundo a Lei? Tras a denuncia dun Sindicato, a Xunta tivo que admitir que sucede isto, prometendo solucionalo pronto.


A xerencia da área sanitaria de Santiago -que dirixe Eloína Nuñez, curmá do presidente  da Xunta- recoñece casos "excepcionais" de contratación de médicos sen especialidade. Faion iso si horas despois de a denuncia realizada polo sindicato CESM.

https://gal.galiciapress.es/

Eloina
Eloína Nuñez

Respecto diso, a xerencia informa de que procedeuse á revisión da situación e detectáronse contratacións que "se realizaron en momentos moi puntuais e con carácter exclusivamente excepcional" para gardas e substitucións.

Ademais, comprométese a "poñer solución" a esta situación, mentres defende de forma clara e inequívoca o sistema MIR para as contratacións. 

Explica que estes facultativos, aínda que non contan con especialidade si que teñen título de medicina homologado, e foron contratados "a condición de que non había outra opción", co fin de "garantir que a poboación non quedase desatendida en ningún momento". 

Segundo o CESM, ter a especialidade é un requisito legal para atender estas especialidades no sistema sanitario público. A Xunta non rebateu este argumento.

central sindical CESM alertou de "contratacións ilegais" de "polo menos cinco persoas" que exercen como médicos de familia e pediatras sen contar co título de especialista. Unha cuestión da que informou o pasado 30 de xaneiro á xerencia da EOXI de Santiago.


Eloina vaite xa cartel protesta urxencias santiago
Pancarta crítica coa labora da xerente do SERGAS durante as protestas en Santiago

Este recoñecemento pon aínda máis en cuestión a xestión de Eloína Nuñez. A familiar do presidente xa ten que lidiar cunha folga en urxencias, o conflito nos PAC, a denuncia por a morte de dous pacientes durante un día de colapso en urxencias e as críticas do Bloque por a convocatoria dunha praza de xefe de servizo cunhas bases que incluían o nome de determinado candidato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario