xoves, 31 de xaneiro de 2019

O Sergas instala fontes decorativas reiki nos hospitais de Galicia

Parecen pingueiras pola chuvia pero en realidade trátase de fontes reiki que alinean o chi dos pacientes

http://www.galiciaconfidencial.com/

A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha sensación de cascada moi conseguida.
Estanques decorativos nos hospitais do sergas
Estanques decorativos nos hospitais do sergas | Fonte: Tempos Galegos

O Sergas xa anunciou que chegaron aos hospitais: Cunqueiro en VigoMonfortePontevedra, e onte, inaugurouse a de Ourense. ‘Se trata de un nuevo modelo que estamos implantando. El agua corriente en medio de los pasillos y quirófanos ayuda a dormir a los pacientes por el sonido relajante del agua. Se trata de implementar la filosofía reiki en los hospitales. Si los recortes no permiten curarles el cuerpo cuando menos trataremos de alinear los chakras de su espíritu y nada lo consigue mejor que el agua’, indicaron voceiros do servizo galego de saúde.
O alcalde de Ourense, o exconselleiro Jesús Vázquez, amosou o seu malestar porque a Xunta de Galicia non o tivera convidado á inauguración. ‘Tal y como tenemos la ciudad estamos nosotros como para dejar pasar una inauguración como esta…’, declarou visiblemente anoxado.

O Sergas xa anunciou que as novas fontes e estarán dispoñíbeis proximamente en todos os hospitais e que teñen un plan para ampliar a idea a moitos centros de saúde. Nun futuro próximo indicaron que achegarán patos e outras aves acuáticas para facer que a experiencia dos pacientes sexa completa.
Pingueiras no novo hospital de Vigo
Pingueiras no novo hospital de Vigo | Fonte: vigoalminuto

Pingueiras no Hospital de Monforte. Os sanitarios denuncian que as goteiras comezan a ser habituais nalgúns servizos
Pingueiras no Hospital de Monforte. 
Os sanitarios denuncian que as goteiras comezan a ser habituais nalgúns servizos

Ningún comentario:

Publicar un comentario