luns, 14 de xaneiro de 2019

Extinguido o incendio do Courel


A Consellería do Medio Rural informa da extinción ás 19:31 h. do lume forestal na parroquia de Noceda, no concello lugués de Folgoso do Courel.

Columna de fume/J.G.G.
14/01/1/2019
http://xornaldelemos.gal/
O incendio comezou ás 14:26 h. e, segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 30 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Ningún comentario:

Publicar un comentario