sábado, 6 de outubro de 2018

Toni Cantó: “Nadie puede negar que el castellano ha desaparecido de Galicia”.


O deputado de Ciudadanos (C’s), Toni Cantó, realizou semellante afirmación mentres se debatía unha proposta da formación laranxa para que as e os empregados públicos non tiveran a "obriga de coñecer as linguas cooficiais" como, no noso caso, o galego, á hora de aspirar a un emprego público. A proposta contou, ademais, co apoio do PP no Pleno do Congreso.

Toni Cantó é un memo que fai alarde da súa deficiencia, e terémolo que aguantar porque tamén é criatura de deus. Isto é primordial, o resto é só castelán prescindible.

Se cadra o poso destas polémicas declaracións do actor/político valenciano temos que buscalo nas hemerotecas, e nas portadas das revistas do corazón dos anos 85/90, nos que se dedicaba á interpretación, era actor, galán, mozo, guapo e triunfador coas mulleres… porque como político… botade un ollo:

Toni Cantó: "Ni los toros ni el resto de los animales tienen derecho a la libertad ni a la vida"
Toni Cantó: "La mayor parte de las denuncias por violencia de género son falsas"
Cantó desata la polémica al negar que haya tanta violencia machista.
Toni Cantó compara ahora la inmersión lingüística con la pederastia.
Toni Cantó vuelve a ser tendencia en Twitter tras sus palabras contra la inmersión lingüística.

Sr Cantó, Unha lingua non ten ideoloxía, non é un instrumento político, é ta só un rico e valioso compoñente social e cultural, non lle parece? Só quen, sempre dende propostas centralizadores, as ignoran ou despracían, as converten nun "arma" política cargada de ignorancia.



Saír á tribuna do Congreso do Estado a defender que "es un hecho que el castellano ha desaparecido de Galicia" implica non só recoñecer que non tes a máis mínima idea da realidade galega, senón que ademais cha suda e tentas tomar a tódolos galegos por idiotas.

Así é o conto, neniño, necesitas una dose de realidade. Aparte de que case que todo o que dis é falso, encima vas e exaxeralo para cá xente entre en pánico e se cadra gañar unha presa de votiños. Es un mona e non coñeces esta terra e moito menos esta cultura, outra cousa será o acento exaxerado co que caricaturizaban no cine de Gracita Morales (grande Señora) ós galegos.

Aíns, mecachis, lembra pailán lembra, os idiomas son simples maneiras de, e para, a comunicación, non armas para cuspir demagoxia... deste xeito teu réquiem polo castelán en Galicia só pode deberse, conclúo, a unha inestable masa con mestura de estupidez, ignorancia e desinterese.

Tempo fai que non lía, estupidez máis grande. O galego corre perigo de desaparición polo desinterese da Administración no seu uso e basicamente porque o pobo fuxe e impórtalle un carallo á linguaxe administrativa. Ós galegos acollen coma patróns ós medios que se coan polas pantallas e altofalantes das súas casas tódolos días. Fagamos a proba do algodón, acendamos a TV, fagamos un zapping… cantas canles atopamos emitindo en galego ou falando do que acontece en Galiza e cantas en castelán... E radios... Fagamos o mesmo en Internet, cantas webs se ofrecen en galego... Acudamos os poucos quioscos que quedan…, cantos xornais vedes en galego... 
Dubido moito co galego aguante o tirón, e moito máis co castelán desapareza da Galiza... de non ser que nos deixen mudos. ...que todo pode ser.

Lingua "propia" non é lingua "única" esta xente ou estes interesados políticos desentrañan mal o adxectivo "propia" que recolle a Constitución ou Estatuto de Autonomía para referirse á lingua galega, onde "propia" significa autóctona, nativa, vernácula non única. Tamén é propio de Galicia o marisco e non o comemos tódolos días ou a muiñeira e no quere dicir que non bailemos charlestón, non é asi??


A rañala!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario