Concentración convocada pola Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello
Só os inmobles declarados Ben de Interese Cultural (BIC) ou con protección integral terán que seguir contando cun permiso previo do departamento de Patrimonio da Xunta para someterse a obras de reforma. Esa é a principal medida que o Goberno galego introduce no seu anteproxecto de lei de rehabilitación, que este xoves remitiu ao Consello Econonómico e Social para a súa avaliación antes do seu debate e aprobación no Parlamento de Galicia. A medida eliminará controis en todo tipo de obras tanto no exterior como no interior de milleiros de inmobles en toda Galicia, tamén os que se atopan en cascos históricos declarados BIC pero non contan con protección individual, ou os situados nas parroquias polas que pasan os camiños de Santiago.
Os propietarios poderán reformar vivendas tanto nos cascos históricos como nos camiños de Santiago sen permiso autonómico previo
Á espera de que se faga público o texto concreto da nova norma, a supresión de controis por parte de Patrimonio foi presentada este xoves por Feijóo como positiva para incentivar a rehabilitación de milleiros de inmobles que se atopan en mal estado e que cuxa situación o presidente atribúe a que os seus propietarios non consideran rendible reparalos polas esixencias que viña impoñendo a Xunta. O propio Goberno galego cifra en máis de 3.000 ao ano as actuacións que con esta modificación legal quedarían libres do control por parte de Patrimonio.
Segundo a información facilitada este xoves pola Xunta, malia que seguirá sendo necesario o informe de Patrimonio para actuar sobre un inmoble declarado BIC, non o será para os inmobles radicados en cascos históricos declarados BIC no seu conxunto se ese edificio en concreto non o é tamén a título individual. A exención do control de Patrimonio tamén afectará a todas as vivendas que ata o de agora o precisaban por situarse en parroquias polas que pasan os distintos camiños de Santiago. En todos os casos, sen embargo, seguirá sendo necesaria a licenza municipal de obras.
Segundo o Goberno galego, a eliminación do control de Patrimonio chegará a todo tipo de traballos: “cambios de cuberta e actuacións en carpinterías exteriores, fachadas ou no interior de edificacións”
Segundo o Goberno galego, a eliminación do control de Patrimonio chegará a todo tipo de traballos: “cambios de cuberta e actuacións en carpinterías exteriores, fachadas ou no interior de edificacións”. Do mesmo xeito, “a nova normativa permitirá agregar edificios entre si a través dunha unión interior” e “posibilitará a unión de locais de negocio aínda que pertenzan a distintas vivendas ou a demolición e reforma da fachada en edificios con protección ambiental se se atopan en situación de ruína”.
Outras das medidas incluídas na nova lei de rehabilitación desveladas este xoves pola Xunta é a inclusión de xeito explícito no listado de sancións por danos contra edificacións protexidas das pintadas, con mulas que oscilan entre os 300 e os 150.000 euros.
Vivenda abandonada en Rianxo
Ningún comentario:
Publicar un comentario