domingo, 23 de xuño de 2019

Denuncian o uso "indiscriminado" de herbicidas "altamente tóxicos" para limpar as estradas galegas de maleza


glifosato é un herbicida que foi clasificado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como “probablemente canceríxeno para os seres humanos”. Entre outros usos, utilízase para limpar as marxes das estradas, se ben a normativa en Galicia prioriza a utilización de medios mecánicos ou outro tipo de medios biolóxicos antes que a utilización de medios químicos, que son contaminantes. Con todo, segue utilizándose "indiscriminadamente".  Así o denuncian grupos ecoloxistas, que teñen en marcha unha campaña na plataforma Change.org contra o uso deste herbicida nas estradas galegas .

Uso deglifosat nas estradas galegas.

As últimas probas visuais desta práctica foron remitidas a este medio: imaxes en vídeo e fotos de operarios regando as beiras das estradas galegas con glifosato.


"O glifisato séguese usando indiscriminadamente (concellos, deputacións, Xunta, organismos do Estado...)", denuncian  os ecoloxistas, que piden que se deixe de usar este produto "altamente tóxico", advirten. As últimas imaxes foron tomadas na estrada OU-536.
"Un ano máis as estradas e vías galegas aparecen queimadas con herbicida, toneladas de substancias químicas perigosas que envelenan a auga, a terra e prexudican a nosa saúde e o medio ambiente", alertan.
Contra a ameaza para a saúde da flora e da fauna, pero tamén dos humanos, aplicáronse xa algunhas medidas. Por exemplo, "a Comisión Europea acordou renovar 18 meses a comercialización do glifosato, e non os 18 anos que se pretendía, a pesar das fortes presións das multinacionais interesadas; tamén moitos concellos de Galicia e do Estado xa se declararon en contra do uso de herbicidas (Gondomar, Nigrán, Marín, Combarro, Ames, Santiago, Brión, Poio, Miño, Ponteareas, Ourense...)", indican os contrarios ao uso deste produto químico.
Por todo iso, piden á Xunta que "cumpra a normativa e aplique o 'principio de precaución', prohibindo o seu uso e instando a empresas, deputacións e concellos a buscar outras alternativas como a mecánica, que ademais favorece o emprego local tan necesario".


Ningún comentario:

Publicar un comentario