xoves, 11 de abril de 2019

Outra oportunidade perdida

Ás veces dá a sensación de que o nacionalismo e o galeguismo, despois de tantos anos de democracia, aínda non chegaron a idade adulta e, por iso, perden o tempo en leas dialécticas, iso si, deixándolle o campo aberto as forzas estatais; forzas que actúan sen teren rivais de peso que compitan pola maioría dos escanos desta comunidade.

Imaxe relacionada

Manuel H. Iglesias
http://www.galiciaconfidencial.com

O éxito que as Mareas obtiveron nas pasadas xerais marcou un tempo que quizais non se volva a repetir. As loitas  habidas despois das eleccións,  clarexaron un chisco máis o panorama;  pois deixaron fora da contenda electoral a algún grupo que nunca tivo claro a que xogaba  na política galega. Polo que agora, o BNG, En Marea e Compromiso por Galicia camiñan pola política da terra sen ataduras nin franquicias. E as opcións parecen máis claras. Mais esa oportunidade para marcar terreo e ter unha representación importante no Congreso dos deputados, pode irse ó garete pola arrogancia e curta visión das forzas que debián camiñar xuntas en coalicción, alomenos nas eleccións xerais. A culpa seica  non é de ningunha formación en concreto, pero é de todas.
O chamamento, que moita xente fixo para buscar un entendemento, perdeuse xustificando a decisión con   excusas que falan pouco menos de pureza de sangue. Pero no fondo,  son peros que soamente aspiran a  manter a   leiriña partidaria. Todas estas forzas din que que queren o mellor para Galicia, pero  a súa arrogancia delátaas. Polo que, dá a sensación de que, soamenrte as piran a seren iso: oposición.
A día de hoxe, cando todas as comunidades teñen deputados de seu  no Congreso, en Galicia córrese o risco de quedar fora sen representación. E logo viran os laios. Parece pois que camiñamos cara o 28-A carentes de optimismo, pois as divisíons soamente traen fracasos electorais.
As forzas políticas galegas cargadas de endogamias que soamente miran cara as súas filas partidarias, son realmente as culpabeis de que Galicia non teña unha representación ampla que supere a presenza testimonial nas Cortes do Estado.
En fin, aveciñanse anos de espera; anos de incertidumes para  os grandes problemas que ten esta terra. Que ninguén espere milagres.  Mentres a personalidade galega dilúese na desepranza e   os  asuntos máis graves de Galicia quedan postergados ou se enfocan dende unha visión errada,  á realidade desta nacionalidade histórica recoñecida   no texto constitucional, é que as forzas galegas camiñan ollándose a si mesmas, sen mirar para o futuro. E así non se vai a ningures. O minifundo parcelario exportado ó minifundio electoral. As ideoloxías tomadas de modelos fracasados impuxéronse dende hai tempo  nos grupos da terra e perdeuse o sentido do pracmatismo e do posibilismo  na política. Agora o nacionalismo galego non aspira a outra cousa que non sexa ser sempre oposición e resistencia.
Con todo, poucas veces se plantexa unha división na dereita política a nivel de Estado tan clara como  pra desperdiciala por ter corteza   de miras. Asi nos vai. En fin, outra  gran  oportunidade perdida.
Resultado de imaxes para Outra oportunidade perdida

Ningún comentario:

Publicar un comentario