domingo, 10 de xuño de 2018

Do "Sanjenjo" de Rajoy e a RAE ao "dialecto galego" de Grande-Marlaska

O novo ministro de Interior referiuse así ao galego nunha providencia xudicial

A. Leyenda
https://www.farodevigo.es/

Grande-Marlaska, nun acto en Santiago en 2015 // X. Álvarez

A trepidante actualidade política dos últimos días está a deixar como efecto colateral o estatus que idioma galego ten para algúns representantes de altas institucións. Primeiro, na súa despedida, Mariano Rajoy teimaba en usar o topónimo castelanizado de Sanxenxo e prendía a polémica nas redes sociais. Logo, a Real Academia Española daba o visto e prace á deturpación, con erro ortográfico incluído.

Agora as miras van para o novo ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska. O xuíz da Audiencia Nacional, nunha providencia con data de 2008, referíase á lingua de Galicia como "dialecto galego". Dialecto é unha variante doutro idioma; falta por saber se, ao entender do maxistrado, o galego sería unha variante do castelán ou do portugués, ou se foi un lapsus.




Em 2008 o agora novo ministro do interior Fernando Grande Marlaska respondia um requerimento judicial polas diligências contra membros de NÓS-UP chamando à nossa língua dialeto.

A resolución de Grande-Marlaska, difundida pola conta de Twitter GalizaemRede e recollida en primeira instancia polo diario dixital Sermos Galiza, estaba enmarcada no proceso contra militantes  independentistas galegos que, no 2007, queimaron fotos do rei Juan Carlos .

O nomeamento de Grande-Marlaska como ministro do Interior é, quizais, o que máis críticas está a provocar na esquerda do taboleiro político, polo seu papel na loita contra ETA e o entorno abertzale.

Ningún comentario:

Publicar un comentario