luns, 27 de novembro de 2017

A oferta pública de emprego na Sanidade galega é “a peor de España”

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia critica que o país "ocupa a peor posición no que se refire á relación habitantes/prazas".

http://www.galiciaconfidencial.com/

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMiG) está "en condicións de afirmar" que, segundo os últimos datos coñecidos das sete comunidades autónomas que acaban de anunciar as súas próximas ofertas públicas de empego na sanidade (OPES), "Galicia ocupa a peor posición no que se refire á relación habitantes/praza".
Persoal médico
Persoal médico

As OPES de Galicia, Murcia, Estremadura, Aragón, Castela-León, Valencia e Castela-A Mancha cobren unha poboación total de pouco máis de 15 millóns de habitantes e entre todas van xerar nos próximos meses 24.258 prazas sanitarias.
Tendo en conta esa distribución, a media das sete comunidades ascende a unha praza sanitaria por cada 618 habitantes. Os datos son os seguintes:
COMUNIDADE AUTÓNOMAHABITANTESPRAZASHABITANTES/PRAZAS
MURCIA
441.000
4,200
105
ESTREMADURA
1.088.000
4.113
264
ARAGÓN
1.309.000
1.926
679
CASTELA E LEÓN
2.448.000
3.409
718
VALENCIA
4.960.000
6.790
730
CASTELA- A MANCHA
2.042.000
2.204
926
GALICIA
2.719.000
1.616
1.682
Media                                


618

Segundo estes datos, que "non poden ser máis clarificadores" para ASMiG, "Galicia non só non está á altura das circunstancias, senón que queda moi por baixo en porcentaxes e mesmo en cifras absolutas doutras comunidades de menores ingresos e nivel de vida".
Se a iso se engade a dispersión e o envellecemento poboacional, as previsións de xubilacións e o elevado índice de precariedade laboral que se dá no emprego sanitario, "o Sergas debería convocar, tan só para alcanzar a media estatal, un total de 4.400 prazas en lugar das 1.616 anunciadas", critica ASMiG.
"Unha vez máis, Galicia queda á cola de España en canto a índices de calidade sanitarios e defrauda todas as expectativas que se foron incubando nos últimos meses acerca da pretendida e tan cacareada estratexia de consolidación de emprego na sanidade pública, que perdeu unha nova oportunidade histórica", denuncian os médicos interinos desta asociación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario