venres, 15 de xaneiro de 2016

Dar o peito é unha cuestión de clase social

Polémica no Congreso polo pacto do PSOE co PP e o bebé de Bescansa

 Manuel Vilas
http://www.galiciaconfidencial.com/

Cómpre lembrar que a Organización Mundial da Saúde recomenda a lactancia materna como única fonte de alimentación dos cativos até os seis meses e seguir con ela como fonte complementaria até os dous anos. O SERGAS, por exemplo, explica que as vantaxes da lactación materna prolónganse máis alá do tempo que dura esta; porque “as persoas que foron aleitadas e as nais que aleitan teñen menor risco de padecer enfermidades e a protección é maior canto máis dure a lactación”. Menor risco de cancro de mama, máis facilidade para volver ao peso anterior, efecto anticonceptivo durante os primeiros seis meses, máis propiedades nutritivas, mellor protección inmunolóxica e tamén un aforro económico son algunhas das vantaxes probadas pola ciencia e divulgadas polas autoridades.  
Con todo, segundo as estadísticas oficiais, unicamente un 28% dos nenos chegan aos seis meses recibindo o peito. Se os médicos recomendan a lactancia materna, e se en case todas as cidades e vilas de Galicia hai grupos de nais que ofrecen apoio, que motivos levan a maioría das nais a abandonala?
Unha análise dos datos oficiais do INE mostra claramente un problema de índole laboral e diferencias significativas en función da clase social. Ao pouco de nacer, as seis semanas, a maioría das mulleres de todas as clases sociais dan o peito, cunha media do 66%. Aos tres meses, a porcentaxe diminúe pero segue por riba da metade, 53%.
Ao rematar as 16 semanas do permiso de lactancia remunerado previsto nas normas Seguridade Social, é cando a porcentaxe descende, caendo aos seis meses, a idade do fillo de Bescansa, até por debaixo do 30%. 
As mulleres que máis dan o peito aos seis meses son as que traballan menos. Segundo datos de INE son as de clase social máis baixa -as traballadoras non cualificadas que normalmente sofren máis paro- e as de clase máis alta -as licenciadas e empresarias que normalmente teñen máis posibilidades para seguir de baixa ou para conciliar.
Velaquí as cifras oficias do Instituto Nacional de Estadística procedentes da última Enquisa Nacional de Saúde, realizada en 2012, naa que a clase I inclúe a responsábeis de negocios con 10 ou máis asalariados e profesionais tradicionalmente asociados a graos universitarios e a clase VI inclúe aos asalariados sen ningunha cualificación:
6 semanas3 meses6 meses
NaturalNaturalNatural
AMBOS SEXOS
   Total66,1653,5528,53
   I68,8859,5932,35
   II70,7758,3625,14
   III58,6744,3224,57
   IV70,2652,9128,26
   V64,9053,8327,50
   VI68,9755,3635,66
Trátase de datos de ámbeto estatal, pois o SERGAS non publica estadísticas sobre este particular. Un dos poucos estudios públicos, realizado na área de Vigo, indicaba que unicamente un de cada seis cativos recibe lactancia materna aos seis meses. 
O SERGAS mantén unha política clara de fomento da lactancia materna. O organismo público recórdanaos que “a industria farmacéutica trata de imitar as súas propiedades, aínda que en balde, porque moitas delas son inimitables”. Na súa guía o SERGAS cualifica de “privilexiadas” as nais que “poden levar os seus bebés ao traballo ou teñen a posibilidade de que alguén llos acerque para mamar cando teñen fame”. As que non poden desfrutar destas comodides, quédalles extraerse leite ou, desgraciadamente, abandonar a lactancia.
Bescansa co seu bebé no Congreso
Bescansa co seu bebé no Congreso | Fonte: rtve.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario