xoves, 14 de xaneiro de 2016

A XVI Festa do Botelo promociona este producto típico de O Barco con talleres de elaboración e actividades lúdicas

Celebrarase o 23 de enero e las entradas comenzarán a venderse a partir do 18 de enero
http://noticiasvaldeorras.com/
 web-BOTELO-01
“Do mar o mero e do Barco o Botelo”, reza un dito moi popular en Valdeorras. A festa típica deste producto está á volta da esquina. La  Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco presentou o programa de actividades da  XVI FESTA DO BOTELO que se celebrará o día 23 de xaneiro na vila do Barco. Este produto consistente no recheo do estómago do porco con costelas adubadas e posteriormente afumado, que se consume cocido, conta con protección como Indicación Xeográfica Protexida dende o 2009. No 2014 a Festa do Botelo do Barco foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Esta nova edición vén cargada de novidades nas que o obxectivo é dar a coñecer o botelo e ampliar a festa gastronómica máis alá da mera degustación do produto. A nova edición contará cunha serie de actividades previas ao día da festa: un encontro gastronómico de blogueiros e xornalistas, un taller de elaboración de pinchos e pratos de botelo e harmonización con viños dirixido a hostaleiros da vila, así como a apertura dunha páxina web (www.festadobotelo.es)  e redes sociais. Ademais a festa ten os deseños no cartel e camisetas, outra das novidades desta edición, do debuxante Luis Davila “O bichero”.
O día propio da festa, o 23 de xaneiro, haberá tamén novidades como a posta en marcha dunhafeira de produtos gastronómicos no Paseo do Malecón  e o acto de lectura do pregón que se realizará este ano no Teatro Lauro Olmo do Barco. Ademais o programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo o seu programa magazine o sábado 23 pola tarde.
A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, explicou que este ano a festa ten tres obxectivos “un lúdico, outro difundir o produto, o Barco e a comarca e un terceiro que será formativo dirixido aos hostaleiros para que aprendan a realizar pinchos relacionados co botelo”.
A primeira actividade: visita de blogueiros e xornalistas
Os xornalistas e blogueiros invitados a esta actividade o día 16 de xaneiro terán a oportunidade de coñecer como se elabora o botelo e despois degustarano. Ademais coñecerán adegas da DO Valdeorras asentadas na vila barquense “un xeito de impulsar e divulgar o Botelo e os viños en toda Galicia e fora do territorio galego coas redes sociais” explicou a concelleira. As adegas que colaboran coa Festa da Botelo (Godeval, Eladio Santalla Paradelo, Roandi e Cooperativa Xesús Nazareno) ofrecerán os seus viños gratuitamente para a degustación do botelo por parte dos xornalistas e blogueiros.
Blogueiros e xornalistas participantes
  • Chus NenalindaBlogueira do Barco co blog “Siguiendoanenalinda”.
  • José Manuel García: Programa da Radio Galega Come e Fala. Santiago
  • José Luis Oliveira: Blog “Los pequeños viajes y algo más”. Ourense
  • Alberto Traversa: Revista gastronómica e turística “La Alacena Roja”.Vigo
  • Frenchy Oubiña : Blog e web “Galicia Mola”. A Coruña
  • Paloma Fernández: Blog “La epicureísta”. Cangas
Venda de entradas a partir do día 18
O luns día 18 pola tarde será o momento de poñer á venda as 950 entradas no Teatro Lauro Olmo, na zona do Conservatorio. O prezo será de 15 €/persoa.  As entradas este ano levarán como novidade que servirán para obter un desconto de 2 € nas camisetas que se porán á venda o día da festa e ademais entre os asistentes sortearanse 20 cestas con produtos gastronómicos da comarca.
Taller de pinchos e harmonías con viños da DO Valdeorras
A cociñeira e blogueira Rocío Garrido (la cocina de mi abuelo) acompañada polo sumiller Jorge Cardoso serán os encargados deste taller que se realizará o luns 18 dirixido aos hostaleiros da vila. O obxectivo é aprender a elaborar diferentes pratos co botelo como base e completar a formación co  notas de maridaxe cos viños das adegas colaboradoras.
Pregón no Teatro Lauro Olmo
O día 23 a actividade empezará pola mañá coa feira de produtos gastronómicos que se instalará na zona do Paseo do Malecón preto do Campo da Festa. Despois a lectura do pregón e entrega da mención de honra farase no Teatro Lauro Olmo do Barco, cambiando así a localización doutros anos no Instituto Martaguisela. O acto contará coas actuacións do cantautor, Anxo Rei e o Orfeón Valdeorrés. A continuación degustarase o botelo para uns 1000 comensais no pavillón polideportivo de Calabagueiros.
Todas as actividades atópanse especificadas na web www.festabotelo.es
Cartel XVI Festa do Botelo

Ningún comentario:

Publicar un comentario