domingo, 27 de outubro de 2013

Frágil carne de carretera

Jacinto Antón

El fotógrafo Txema Salvans recoge en un libro su metódico trabajo de ocho años retratando la espera de las prostitutas que se ofrecen a los conductores.




Asombra de las fotos su placidez, casi un lánguido lirismo. Están esas mujeres muy a menudo solas en medio de la nada, la nada sucia de un paisaje desolador de polígonos abandonados y carreteras vacías, y sabemos qué es lo que están aguardando, claro, la vida penosa que llevan y los innumerables peligros y sevicias que arrostran. Y todo eso aparece implícitamente en las fotos, pero no podemos evitar dejarnos llevar por la sensación de indolencia y lasitud, de sosiego y serenidad de esas interminables jornadas que van a estallar en rápidos y desafectos (y arriesgados) desahogos de pago.
El fotógrafo Txema Salvans (Barcelona, 1971) ha pasado ocho años fotografiando prostitutas de carretera, en más de 500 localizaciones del corredor (y valga la palabra) mediterráneo desde la frontera francesa hasta Andalucía. El resultado, parte del cual se exhibe hasta el 3 de noviembre en Madrid, en 5CS, aparece ahora en forma de libro, The Waiting game, con textos de Martin Parr y de John Carlin. El volumen, con 41 fotos, se presentó este sábado en la librería barcelonesa Kowasa, especializada en fotografía.
“Empecé haciendo unas fotos de prostitución de carretera para la prensa, y entonces vi que ahí había la posibilidad de un proyecto de largo alcance”, explica Salvans. “La clave estaba en poder fotografiar a esas mujeres en sus paisajes sin llamar la atención, para reflejar su cotidianeidad, y se me ocurrió la idea de mimetizarme de algún modo, como hacen algunas especies en el mundo animal”. El fotógrafo urdió una hábil estrategia de camuflaje. “Le pedí a un amigo topógrafo que me dejara un trípode geodésico y pertrechado con el equipo y el correspondiente chaleco invadí el territorio de las chicas como si fuera a lo mío. Empleé una cámara de placas que parece una herramienta técnica más, y el truco funcionó. Siendo perfectamente visible yo era invisible”. No hablaba con las chicas y ellas lo ignoraban.



Txema Salvans afirma que tenía una duda ética constante. Estaba fotografiando a las prostitutas con engaño, sin su consentimiento y con el fin de dar un uso público a las instantáneas. “Pero en realidad no retrataba tanto a las prostitutas como las condiciones en las que trabajan, centrándome además en la espera y sin fotografiar el displayerótico provocador, el trato con los clientes y el comercio sexual en sí. Acabé enseñando un paisaje, el de carretera y de extrarradio, con todas sus características y a plena luz del día, sin tratar de dulcificarlo ni de escamotear su fealdad. Una mirada de laboratorio”.

El fotógrafo insiste en que su proyecto protege a la persona. “No es un trabajo retratístico, no busco las caras sino las actitudes sumergidas en un paisaje y el gesto decisivo de la espera”. Salvans recalca que sus fotos tienen una clara faceta documentalista y de “trabajo de campo”. De la emoción que desprenden, admite que ese mundo de humanidad demolida en un un entorno inhóspito genera “un desconsuelo” y una opinión crítica. Pero advierte que su trabajo está al margen de cualquier prensión explícita de denuncia. Le digo que las fotos inspiran piedad. “No era esa mi intención. Eso lo provoca la polisemia de la fotografía. Para mí son imágenes que en realidad tienen algo de topografía de la humanidad. Dan razón de una situación. De alguna manera yo no estoy y ellas hacen lo que harían sin mi presencia”. En cuanto a la paradójica belleza de algunas fotos dice que “eso pasa con la fotografía, retratas cosas desagradables y de golpe surge una estética inesperada”.
Mientras hablamos, la hija pequeña de Salvans se ha empleado con sus lápices sobre algunas de las fotos de la serie que el fotógrafo tiene en la mesa. La niña de cuatro años ha dibujado casitas sobre las chicas, para protegerlas.




martes, 1 de outubro de 2013

“Tetadas” a protesta de nais lactantes

Dende eh! queremos dar o noso apoio A semana mundial da lactación materna(*), á I semana de lactación en O Barco e ó Grupo de apoio á lactación e á crianza con apego 'Denaianai' polo seu compromiso


O pasado 10 de agosto, nun centro comercial de Valladolid, unha nai foi expulsada do establecemento (PRIMARK) por estar dando o peito o seu bebé, a polémica en torno ó feito de se unha nai pode dar ou non o peito a seu fillo en espazos públicos reabriuse revolucionado as redes sociais: “El otro día me echaron de Primark Valladolid por amamantar a mi hijo, diciéndome que podía incomodar a otros clientes. Vergonzoso”. Relata a nai do lactante, o responsable de seguridade da tenda “se acercó invitándome a desplazarme hasta la sala de lactancia del centro comercial para no incomodar a otros clientes y por política de empresa”. Non é un feito illado nin o único caso en España. En 2007, a seguridade do Museo del Prado aconsellou a unha nai fose ós aseos ou á cafetería do recinto en lugar de dar de comer ó neno na sala na cá visitante admiraba o cadro de "La Maja desnuda". Dado o barullo ocasionado, a dirección habilitou un recuncho para aleitar. Prohibido dar de mamar en público: así reza a medida, entre outras, que adoptou un centro comercial de Barakaldo, comparable a ir en roupa interior, berrar, ameazar ou tirar lixo ó chan. A prohibición ás estudantes aleitar en colexios, a eliminación de contas e fotos de nais aleitando no Facebook, casos en Vizcaya, Cataluña…, nunha piscina municipal de Madrid e nun restaurante onde logo de expulsar á nai do establecemento, a muller optou por chamar á Policía e as autoridades sancionaron o restaurante.

Algunhas mulleres, saben das dificultades que supón integrar a maternidade nesta sociedade de superwomen que todo o fai ben sen perder o tipazo fashiongirl e o sorriso photoshop, para que veña agora a falta de costume de ver a mulleres dando o peito en público, minguar a participación na vida activa e pública, como ven de demostrar a actitude por parte de empresas e algúns establecementos. Grupos de nais, algunhas en período de lactación, fixeron entrega dun escrito e concentracións ("tetadas") na tenda e en outras cidades españolas como Barcelona, A Coruña, Alacante, Badaxoz, Elxe, Madrid, Murcia, Sevilla, Valencia, Zaragoza, Torrevella e Siero, ante a ofensa e falta de respecto que consideran tivo, tanto a encargada como o persoal de seguridade, coa nai e o bebé ó que intentaba aleitar.

Aclarar tamén…, có recinto dispoña dunha ou dúas salas de lactación non implica que sexa obrigatorio o seu uso. A miúdo, as salas de lactación son pequenas zonas habilitadas (normalmente unha habitación), xeralmente cerca dos baños, que dispoñen de: unha cadeira, un cambiador, un microondas e un cubo, normalmente cheo de cueiros luxos. Haberá nais que se sintan máis cómodas dándolle o peito a seu fillo alí. Outras veces, o bebé demanda alimento lonxe dunha desas salas, ou está ocupada, ou non están dispostas a esperar, ou simplemente non é razoable cunha nai se vexa obrigada a ocultarse nesas salas si ela e o bebé están cómodos en calquera outro lugar. O dereito de admisión ten o límite onde empezan os dereitos fundamentais dos cidadáns. O dereito dun neno a ser alimentado prevalece sobre o dereito de admisión, se obrigamos a unha nai a abandonar un establecemento por estar facéndoo, esta nai está sendo discriminada, non é un acto obsceno, senón inseparable á natureza da muller.

Un bebé ten dereito á alimentación. Xa sexa a través da teta da súa nai ou dun biberón, il non entende nin de horas nin de sitios, il só ten fame e chora. Aleitar ós bebés é o máis grande e fermoso do mundo, por qué temos que agocharnos, os nosos fillos teñen que alimentarse cando lle pete e onde nos atopemos da igual. Debemos esixir rectificación por parte da empresa, que isto non se volva a repetir en ningún establecemento, desta cadea, nin de ningunha outra. Ningunha nai está facendo nada malo nin obsceno por aleitar ó seu bebé.




A OMS, a UNICEF, unha boa parte de pediatras e parteiras recomendan alimentar ós bebés con leite materna e a demanda. É dicir, os expertos en nutrición e saúde recomendan o uso de leite materna por entre outras razóns…

· A leite materna é máis nutritiva cá leite en po.
· Conten anticorpos naturais que inmunizan parcialmente ó bebé contra enfermidades comúns.
· A lactación natural permite o contacto directo coa nai, tan importante para o desenrolo psíquico do bebé.
· É máis hixiénico có biberón.


Primark non deu máis explicacións có de que podía incomodar a algúns clientes o feito de ter a unha nai aleitando na súa tenda. Isto pon de manifesto unha dobre moral por parte da tenda, e verse na obriga de retirar unha campaña publicitaria onde anunciaban suxeitadores con recheo para nenas preadolescentes. Escotes e topless si, pero aleitar a un bebé non! As nais en período de lactación, que decidan aleitar a seus bebés, non poderán saír da casa por si ós fillos lles entra a fame? Teñen que recluírse na casa como apestadas? Teñen que dar o peito nos servizos? Qué está pasando? Porqué se escandalizan e lles molesta ver a unha muller dando o peito? Por favor! que estamos no século XXI, non é a muller a que saca as tetas, é o cativo o que como e bebe, il non entende de fosforescencias, transparencias nin blondas… Incluso no Vaticano, non se alporizan coas pinturas da Virxe María aleitando o Neno Xesús… Ós únicos que se poden sentir prexudicados polo aleitar son ás empresas de biberóns e leite en po e ós moinas.

· En Suecia, ó igual que no resto de países do norte de Europa, promovese cá lactación materna se leve a cabo en calquera sitio.
· EE. UU. Aínda que se teñen promulgado normas para que dar o peito sexa legal, cada ano detéñense nalgúns estados a unhas 12.000 mulleres.
· En Brasil existe un plan nacional en materia de lactación: nos hospitais informan ás nais das vantaxes da leite materna.
· As leis no Reino Unido son máis claras. Hai normas que indican claramente que impedir a lactación en público a unha muller é unha discriminación.


A realidade é que en España existe un baleiro legal ó respecto, e por aleitar a un neno en espazos públicos un cliente pode protestar porque este feito perturba a súa "tranquilidade". Non obstante, non existe unha normativa xeral que teña as directrices para levar a cabo este feito; e por tanto, mentres que non estea prohibido expresamente, nos espazos públicos está permitido. As asociacións de consumidores din que non lles constan queixas. O portavoz de Facua, sinala que “se vulnera la legislación del derecho de admisión puesto que se expulsa a una persona que no comete delito alguno. Es más, estamos ante una situación de urgencia ya que hay un bebé que necesita comer”. Os profesionais recordan “As necesidades do neno non están reguladas e ademais, a natureza ten súas normas, a lactación é un fenómeno natural”. Aínda así, poden darse situacións incómodas.

Arriba esas nais que tiveron o valor de facer esa quedada ou "tetada"!

A Eurodiputada italiana Licia Ronzulli, ten escandalizado Flandes, indo o Europarlamento coa súa filla en varias ocasións.
(*) Semana mundial da lactación materna, instaurada oficialmente pola OMS/UNICEF no 1992, na actualidade o movemento social máis estendido en defensa da lactación materna. Celebrase en máis de 120 países, do 1 ó 7 de agosto, en Europa, ó ser período vacacións, a (SMLM) celebrase de común acordo a semana 41 do ano. Se un embarazo empezase o 1 de xaneiro, a semana máis probable de parto e por tanto o inicio da lactación sería a semana 41, e dicir, a primeiros de outubro. En España, a maioría de Grupos de apoio á lactación acordaron iniciar a celebración o primeiro domingo de outubro como festa. O evento familiar consiste en actividades ó ar libre, charlas e conferencias, co tema de fondo da lactación materna e para o público en xeral…