luns, 18 de xaneiro de 2016

Criticas ao CSIC por excluir o galego na rede

http://codigocero.com/

Ao Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estanlle caendo estes días unha serie de críticas dende varias frontes por algo que se viña constatando dende hai tempo: a súa escasa aposta polo galego nas súas comunicacións. O centro, que malia depender do Ministerio de Economía ten na nosa terra unha ampla presenza (dispón de delegación de seu e cinco centros, incluído o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, de titularidade compartida coa Xunta), exclúe a nosa lingua de maneira sistemática nas súas informacións en liña (na súa páxina web e redes sociais Facebooke Twitter, e tamén nas notas de prensa e comunicacións e convites que achega aos seus contactos a través de Internet). Por este motivo e en virtude das queixas presentadas, o CSIC foi requirido pola Valedora do Pobo, Milagros Otero, para dar conta dos porqués deste desleixo polo galego

JPEG - 55.1 KB
Sede en Santiago do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

Segundo fai saber o impulsor da denuncia (emitida no mes de novembro), esta non inclusión da nosa lingua nas comunicacións do CSIC, malia ser este centro especialmente activo na nosa terra e colaborar con múltiples entidades e investigadores galegos (obtén recursos económicos da Xunta), “vulnera cheo todo o edificio dos dereitos lingüísticos das galegas e galegos, o que é de especial gravidade polo carácter público desta institución”. Segundo se nos lembra, en decembro a Valedora do Pobo respondeu á solicitude admitíndoa a trámite e certificando a súa pertinencia para solicitar ao CSIC que renda contas sobre o seu (non) uso do galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario