Que facer... Axenda




De Perto é o ciclo da palabra no Barco. A palabra contada, rimada, cantada. Reune poetas, narradores orais e cantantes-cantareiras nun programa que terá lugar entre o 22 de xuño e o 13 de xullo ao aire libre, en distintos espazos públicos do Barco.

O berciano Juan Carlos Mestre (Premio Nacional de Poesía) e a luguesa Olga Novo recitarán os seus versos, os dous teñen unha enorme traxectoria como poetas con numerosos recoñecementos en todo o mundo. Mestre titula o seu recital Elogio de la palabra, Novo ofrecerá os seus poemas como se fosen a Historia Universal dun lugariño.

En narración oral o programa presenta as contadoras galegas emerxentes María da Pontragha (Contos do que non hai) e Ángeles Goás (O medio é libre) xunto aos consagrados Quico Cadaval e a lisboeta Ana Sofía Paiva, que compartirán escenario con Contos de contrabando-Historia Portugalaicas. Tamén contará a súa historia real e tremenda de neno que viviu cos lobos, Marcos Rodríguez Pantoja.

No apartado de música cantada o ciclo De Perto presenta a Tanxugueiras, cantadeiras que están revolucionando o panorama musical galego, que presentan o seu primeiro disco, e Uxía, a gran dama da canción galega, que canta a Uxío Novoneyra no seu último disco Uxía-o.

E todos estes agasallos para os sentidos terán lugar en catro espazos públicos do Barco: a praza do Sagrado, os Xardíns da Casa Grande, a Beira do Sil-Malecón e o castelo do Castro sempre á mesma hora, ás 22h30, cando a noite do verán ocupa o seu lugar.



Olga Novo
 A idea da beleza
F       O       D       E       R
Fóra.
Fóra tribo.
… Se bailaras comigo
habías de comer o saber
cru
a impalabra do meu carácter montañés
bárbaro
e voitral
habías de beber os ouriños benditos por belce

come
come
tú.
A foránea levo nunha lingua anticrista unha flor unha flor unha flor
tan aberta
que pensa
…se bailaras comigo
ata partirme o espiñazo e facer dúas de min
meu ben
se me viras ben
ven
e baila comigo.
Vivín coa boca seca coma o deserto de Dakar
ata tocar
a punta infinitesimal dos meus mexos
marqués
marqués da nada
só señor da miña vaxina noite inmensa papila gustativa do mundo
vulva perfuradísima
botón da tierra
antilei da gravitación universal.
O centro da terra non atrae as miñas verbas
eu douchas de comer na túa ansia coprófila
esta excrementación silábica esta apalabración
que me inflama os intestinos
cheos de amor
e merda.
A idea da beleza
cruzando o celo cara o sur
na migración das aves
describe a curva depravada
o grao máis alto
de poesía pura
caendo coma a suor polos teus poros
abertos que son
buratos negros
e unha cousa preciosa da astrofísica.

A idea da beleza migra no teu cuspe
esa substancia que rompe a barreira do son
sobre min
podemos
Foder
ata romper a paus o espírito de Deus
podemos
Foder ata sentir o cu da noite
onde ninguén viu as patas dunha garza
anunciar a luz do día
Foder
ata arrasar as cordilleiras da miseria
podemos
Foder
ata caer
sentir o crac do cromosoma do poder
podemos
Foder ata tocar a nosa soedade co teu prepucio só
Foder
nos
ata o final
asa ver a morte curvándose na derradeira postura do pracer
Foder
ata
Foder
e xa non ser
máis
cá sombra dunha dimensión fodendo a catro patas
no borde do universo
ti e eu
Fodendo de xeonllos
na noite estrelada da mente de Platón
pensando
quizáis
na idea da beleza.


Avenida da Estación, 2 O Barco
Tlf.: 988320053
cultura@concellodobarco.org
http://obarcocultural.com

C/ Ancha 15, Ponferrada
902 504 500
http://teatro.ponferrada.org/

XUÑO:

21 junio / 18:00 h.Me paso el mundo bailando (Escena Solidaria)
21 junio / 20:00 h.Oh, Capitán! ¡Mi Capitán! (Escena Solidaria)
22 junio / 20:00 h.Bon apetit (Escena Solidaria)
27 junio / 20:00 h.Fantasía sobre el Cascanueves (Escena Solidaria)
28 junio / 20:00 h.Fantasía sobre el Cascanueves (Escena Solidaria)



CENTRO CULTURAL AVENIDA
Rúa do Progreso, 90, 32350 A Rúa, Ourense
988 31 01 16




CINE CONCELLO
Teatro Lauro Olmo
Av. da Estación, 2, 32300 O Barco, Ourense
988 32 00 53

Cine club Groucho Marx
CINECLUB "GROUCHO MARX"






100 DÍAS DE SOLEDAD
Director: Gerardo Olivares, José Díaz
España,  2016
93 min.
Guión: Gerardo Olivares, José Díaz
Productora: Wanda Films / Televisión Española (TVE)
Xénero: documental
Sinopse
José Díaz reclúese na súa cabana no Parque Natural de Redes (Asturias) durante un longo período de cen días, sendo autosuficiente e desconectándose absolutamente do mundo real e os seus avances. Non ten electricidade, nin móbil, nin televisión, nin computador, nin reloxo... Só o home coa natureza.
XOVES 21, ás 20:30 H
DOMINGO 24, ás 19:30 H



Conde de Fenosa (Polideportivo Calabagueiros) 
Apartado 93 O Barco
Telf.: 698 16 22 73 (Mércores de 18 a 19:30 h. e Venres de 20 a 21 h.)
http://clubtrevincabarco.org/club/ 

XUÑO:
09 Orientación. LG 5ª Prueba. Nigrán, Pontevedra. Organiza Club Univ. de Vigo
09 Orientación. V Marcha costa Ártabra de Ferrol (7ª prueba copa 50 KM) FGM
17 Senderismo. Belesar.  Ruta dos viñedos e pola tarde Excursión en canoas. 
Propone: Miguel de la Cal. Dif. Moderada
23 Orientación. LG 6ª Prueba y camp. Sprint. Porriño, Pontevedra. Org. Budiño Raid
24 Carreras por montaña. Chandrexa Trail. FGM




C/ Pescadores, 7, O Barco
Telf.:988 68 43 90


Foto de Baranda O Barco.


Parque Industrial do Bierzo (entre Ponferrada e Cuatro Vientos)
Telf.: 610 778 696


Foto de Sala La Vaca.



I CONCURSO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Os concellos membros do Proxecto As Letras de Florencio convocan o I Concurso de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Trátase dunha plataforma de difusión para novos/as poetas. Con ela, os concellos que forman parte do proxecto queren crear un espazo de encontro entre creadores, Florencio Delgado Gurriarán e Valdeorras.

Obradoiro de pintura mural para mozos de 14 anos en adiante

Esta actividade desenvolverase nos meses de xullo e agosto en horario de mañá. As sesións teórico-prácticas realizaranse durante 3 horas ao día, de luns a venres.

Durante as edicións anteriores, realizouse a pintura do exterior do contenedor para piragüas situado no Paseo do Malecón e durante o Nadal iniciouse o proxecto do mural do túnel peonil baixo a vía do tren. Os mozos participantes pintaron escenas relacionadas co ferrocarril e a historia do arte desde principios do século XX e ate a actualidade.

Nesta terceira edición do obradoiro, preténdese rematar este túnel do ferrocarril e iniciar outras de interese para o grupo participante.



https://valdeorrasrepublicana.wordpress.com/ 

Relacion de Boletís do Ateneo Republicano (BABEL)


 
Asociación Música Alternativa Valdeorras
Telf.: 682 64 85 73




Casa Grande de Viloira  Praza Ramón Otero Pedrayo, 11
Tel.: 988 32 51 95 - ievaldeorreses@yahoo.es
32300 - O Barco de Valdeorras - Ourense