venres, 8 de decembro de 2017

Quen gaña coa nova lei de saúde pública que pretende aprobar a Xunta?

Sanidade anuncia que, “non se poderá tocar un hospital comarcal”, xusto cando aumentan as protestas pola decisión do Goberno galego de trasladar servizos comarcais aos grandes hospitais provinciais. O conselleiro Almuiña asegura que se “blindará” a sanidade local e comarcal e se facilitarán os concursos dos profesionais cando haxa vacantes.

http://www.galiciaconfidencial.com/

Costa da Morte, Verín o Barbanza, e principalmente, A Mariña son algúns dos focos de numerosas protestas cidadáns ante a intención da Xunta de trasladar servizos hospitalarios aos hospitais situados nas grandes cidades galegas. Unhas protestas que se incrementan xusto cando a Xunta acaba de anunciar unha lei que, en teoría, tería que facer xusto o contrario; defender os dereitos sanitarios dos galegos das comarcas máis afastadas territorialmente dos grandes hospitais.
Feijóo e Almuiña, no Arquitecto MarcideFeijóo e Almuiña, no Arquitecto Marcide
E o certo é que a Xunta anunciou este xoves, durante a presentación da nova lei de de saúde pública que, tras a súa aprobación, “non se poderá tocar a un hospital comarcal” porque o que se trata é de facer unha sanidade “máis próxima aos cidadáns” e evitar máis de 250.000 desprazamentos aos hospitais das grandes cidades. “E, entón, se isto é así, pode aclarar se zonas como a Costa da Morte ou a Mariña conservarán os servizos que denuncian agora que se lles retiran”, preguntoulle GC ao conselleiro Jesús Vázquez Almuiña na rolda de prensa posterior ao Consello.
“Agora en Monforte e Burela disfrutan do servizo de Oncoloxía que antes só estaba en Lugo e o de Cee de Dialese, que estaba en Santiago”, respondeu. “Pero, pode vostede garantizar que os servizos que eles denuncian que se lle retira a Xunta, pois non se lle retirará?”, insistiu este medio. “Podo dicirlle que se van a incrementar os servizos sobre os que xa teñen nestes momentos”, apuntou.
É dicir, que, supostamente, os hospitais comarcais terán máis servizos dos que teñen actualmente. Iso é, cando menos, o que pretende a Xunta. Un anuncio que chega cando aumentan as protestas pola desterritorialización dos servizos sanitarios, especialmente, na Mariña, onde denuncian que hai servizos “esencias” que queren ser transferidos a Lugo.
“BlINDAXE”
O Goberno galego aprobou este xoves para a súa remisión ao Parlamento a reforma que "actualiza" a lei galega de saúde de 2008 e que insiste na "blindaxe legal" dos 14 hospitais que hai na comunidade, incluídos os comarcais. Tamén se habilita o concurso abertopermanente en resposta a unha petición reiterada dos profesionais sanitarios.
Manifestación en  en Viveiro, na praza da Fontenova, en defensa da área sanitaria da Mariña.Manifestación en en Viveiro, na praza da Fontenova, en defensa da área sanitaria da Mariña.
Así o explicaron o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e Jesús Vázquez Almuiña, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que deu luz verde a esta norma que mantén a reorganización prevista para a xestión sanitaria de sete áreas --a estrutura xa pivotaba sobre sete áreas de xestión integrada-- e crea 14 distritos.
O conselleiro defendeu esta reorganización, e tanto el como Feijóo, subliñaron que "por primeira vez" en Galicia quedarán "blindados por lei os hospitais comarcais". "Ningún goberno poderá tocalos salvo que haxa unha autorización do Parlamento", proclamou o presidente, quen destacou que a norma facilita "a participación" en todos os ámbitos.
En todo caso, diseñarase un novo mapa sanitario con áreas e distritos sanitarios. As áreas sanitarias serán as de A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza, Ferrol, Lugo-A Mariña-Monforte, Ourense-Verín-O Barco, Pontevedra-Salnés e Vigo. Por outra banda, haberá 14 distritos hospitalarios que coinciden cos hospitais provinciais ou comarcais desas áreas e que abarcarán a actuación sanitaria de atención primaria e hospitalaria.
CONCURSOS
En canto ao concurso aberto permanente, o presidente avanzou que a nova lei permitirá aos profesionais concursar cada vez que haxa unha vacante, o que facilitará "a conciliación". Até agora as prazas acumulábanse e, segundo concretou Almuiña, "para non ter á xente examinándose continuamente", había concursos "cada dous ou tres anos". O obxectivo agora é, unha vez que se perfile o sistema, que as vacantes poidan cubrirse cun profesional de forma estable "no menor tempo posible". "A idea é que o podamos facer unhas tres veces ao ano", explicou Almuiña.
Ademais, a nova lei pretende facilitar a participación social coa regulación dun Consello Galego de Saúde e consellos de saúde de área e de distrito, onde estarán representadas as distintas asociacións e concellos. Tamén se fomentará a investigación, docencia, innovación e formación en materia de saúde e a protección dos profesionais coa incorporación de “faltas moi graves” aos pacientes que atente contra a dignidade do persoal sanitario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario