JUAN ANDRÉS HERVELLA
http://www.laregion.es/
O llando cara os paraxes nos que se erguen os desafiantes castelos lémbranos as silentes testemuñas dunha pasada historia na que se mesturan utilidades defensivas, protección de lugares de paso, sen esquecer a misión de garduñar gravosos tributos sobre os máis indefensos veciños, todo sen vergoña por parte dos poderosos señores medievais; por outra banda neles argallábanse perigosas intrigas de palacio mesturadas co obxecto de medrar, xa de por si, poderosas posesións.
Murallas pertencentes a núcleos urbanos, restos expoñentes de vellos sistemas defensivos medievais ocupados posteriormente con incipientes núcleos urbanos, configuraron e configuran a distribución de moitas das nosas vilas histórica nas que, na actualidade, sentíndose herdeiras do seu nobre pasado, tentan conservar con orgullo os vellos restos da súas antigas fortificacións que constitúen, en moitos casos, o seu emblema distintivo.
Unha empinada costa conduce ao alto da vila de O Bolo coroada polos restos da fachendosa fortaleza, unha das mais importantes na Idade Media das existentes nesta bisbarra ourensán.
A presenza de restos castrexos e romanos indica a antigüidade do poboamento. A vila, denominada antigamente, segundo Vicente Risco, Volóbriga, a ocupaba unha das tribos celtas que se asentaron en Galicia os, nometanos. Os romanos foron os primeiros en explotar as súas abundantes riquezas mineiras; nembargantes sería na época medieval cando adquiriu certa notoriedade a futura vila por mor do seu castelo que chegou a ser residencia temporal da raíña dona Urraca, no decurso do século XII. Arrasado pola revolta irmandiña a fortaleza foi posteriormente reedificada a finais do XV. A vila, con título de condado, pertenceu durante este século ao poderoso conde de Lemos sendo á súa vez capital dunha xurisdición que comprendía corenta e sete pobos, conservándose integramente a fortificación, case sen modificación, ata o século XVIII, no que Xoán Pimentel decidiu reedificala.

Unha ancha muralla circular cingue o perímetro total do recinto militar, duns vinte e cinco metros, complementada con bastións ou baluartes defensivos semicirculares situados nos muros e circulares nas esquinas; por riba, noutrora, discorría un camiño de rolda e defensa contra os ataques do exterior. A roqueira torre do homenaxe, considerada como o elemento principal neste tipo de fortificacións, érguese sobre un penedo adaptándose perfectamente á configuración do terreo. A súa forma xeométrica é cuadrangular, duns dezaoito metros de altura por dez de lado, construída a base de grandes bloques cadrados de granito, que conteñen abundantes signos lapidarios. Cubre o seu teito unha bóveda de canón apuntada e reforzada con tres arcos, tendo o seu remate mediante unha amea sostida por abondosas ménsulas. O acceso dende o exterior realízase mediante unha sinxela porta elevada sobre o nivel do chan salvada mediante unha curta escaleira de pedra. No patio de armas, lugar de reunión da tropa, ou da xente da bisbarra en caso de ataque, consérvase unha porta de medio punto ademais dun alxibe que garantía o abastecemento de auga aos asediados en caso de ataque.
O interesante e didáctico museo interactivo, creado no ano 1999, utilizado como centro de interpretación, alóxase no interior da propia torre de homenaxe e mais nun edificio anexo, data do século XVI. A súa visita permite ao curioso turista coñecer a historia, polo miúdo, desta interesante fortaleza de O Bolo; a súa construción, quen viviu nela e como era a súa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario