Cicloxénese expresiva
https://cicloxeneseexpresiva.com
O que eu desexo é unha cama desfeita, que o recendo a café quente impregne a nosa casa e que fique frío sen chegar á cunca por mor das ganas que nos temos. Vestirme coa túa camisa branca mentres ti me miras, espido, amárrasme de novo e eu devóroche os lunares que enchen o teu peito (sempre aí, retándome). Non quero berrar pero os meus xemidos son inevitables, a túa revoltosa lingua está danzando entre as miñas coxas. E ti amor, ti podes sentirme con todo e sen nada.
Calor.
Auga.
Silencio.
Logo risas ó compas da relaxación que se fai dona dos nosos músculos. Aloumíñasme a caluga, os meus dedos camiñan arredor do teu embigo. Non hai promesas, só liberdade. Amósame o que es, sabes que na escuridade véxote mellor, nas miñas xemas teño gravado o teu corpo, compréndente á perfección sen necesitar das palabras, sábente grande, tal e como es. Non hai ninguén máis neste cuarto, sempre inzado de lume, ensínate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario