As dúas protagonistas de 'María Solinha' © Vía Láctea Filmes
O vindeiro luns 19 de agosto comeza a rodaxe de María Solinha, a nova película de Ignacio Vilar e Vía Láctea Filmes, unha gravación que se desenvolverá en localizacións de Redondela, Cangas e Illa de Toralla. As actrices Grial Montes e Laura Míguez protagonizan unha película que reconstrúe a historia de María Solinha, unha viúva rica acusada de bruxería en Cangas e posteriormente queimada pola inquisición no ano 1621. Con todo, o filme tamén se sitúa no presente, facendo unha viaxe de ida e volta entre o século XVII e a actualidade.
As dúas actrices protagonistas estudaron no Centro de Artes Escénicas de Vigo, lugar onde o pasado mes de maio se levou a cabo un casting para a selección de intérpretes para o filme
"A María Solinha do século XVII e a María Solinha do século XXI foron atacadas polo dragón", resume Ignacio Vilar o contido dun filme que contará cun reparto 100% galego, entre o que tamén destaca Santi Prego, Antonio Durán “Morris”, Sheyla Fariñas, Fernando González, Alfonso Agra, Mela Casal, Fran Lareu, Melania Cruz, Jorge Varandela ou Mabel Rivera. As dúas actrices protagonistas estudaron no Centro de Artes Escénicas de Vigo, lugar onde o pasado mes de maio se levou a cabo un casting para a selección de intérpretes para o filme.
A historia comeza cando, na actualidade, un afamado director de teatro chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha. Os seus intérpretes serán os propios veciños da comarca, que se embarcan nesta aventura con paixón. Mais o teatro e a realidade comezarán a mesturarse de tal maneira que as protagonistas chegarán a experimentar nas súas carnes os ecos da agresión que sufriu a María Solinha orixinal.
“A través da historia as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a discriminacións e persecucións por querer ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese nas mans femininas”
O fiilme foi presentado este martes na praia de Cesantes, en Redondela, nun acto no que participaron a alcaldesa da localidade, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o responsable de Agadic, Jacobo Sutil.
Carmela Silva destacou a importancia de que o cinema galego recolla historias de mulleres e poña o foco nas persecucións que sufriron ao longo da historia aquelas que se rebelaron contra o poder establecido. “Falemos das nosas mulleres, de mulleres galegas, que falan da nosa historia, de todas nós e, neste senso, María Solinha é unha desas tantas mulleres que foi perseguida, violentada e finalmente asasinada”, dixo Silva, que engadiu que “ao traveso da historia as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a discriminacións e persecucións por querer ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese nas mans femininas”.
A historia de María Solinha
Hai poucas referencias escritas sobre a vida de María Solinha (ou Solinho/Soliño), unha muller que no entanto ficou no imaxinario popular e na literatura poética galega. Solinha viviu a cabalo dos séculos XVI e XVII en Cangas do Morrazo, que daquela era xa unha importante vila mariñeira. Nese tempo a localidade foi atacada en numerosas ocasións por piratas de orixe holandesa ou francesa e tamén por naves turcas berberiscas, que entraron na Ría de Vigo en 1617.
Pedro Barba, home de María Solinha, morreu nun dos ataques dos turcos, e as súas posesións pasaron á súa dona. A entrada dedicada a Solinha na Wikipedia relata que froito da invasión gran parte de Cangas quedou destruída e moitos propietarios de terras, empobrecidos, buscaron "utilizar a Inquisición para denunciar as bruxas, xeralmente mulleres con posesións importantes", de xeito que tanto a Inquisición coma o denunciante repartían as ganancias obtidas. Nove mulleres en total, entre elas Solinho, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxaría. Torturada, confesou ser bruxa e os seus bens foron requisados.
Conta Encarna Otero no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega que "María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada, torturada; os seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por bruxería. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida". "Pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo", engade.
---o0o---
“María Solinha”, nuevo proyecto del Director Valdeorrés Ignacio Vilar
Se trata de una nueva historia que Vía Láctea Filmes llevará a la gran pantalla y estará rodada en Galicia
“María Solinha” es el nuevo proyecto que dirigirá el director Ignacio Vilar, natural de Petín. El rodaje de Vía Láctea Filmes comenzará el próximo lunes 19 de agosto y se alargará un mes en localizaciones como Redondela, Cangas y la Illa de Toralla. La producción contará con la ayuda de la Xunta de Galicia.
Este es uno de los títulos subvencionados en la modalidad dirigida la largometrajes de ficción para la gran pantalla, de autoría gallega y que contribuyan a resaltar la diversidad cinematográfica de Galicia y los recursos creativos, artísticos y técnicos de nuestro audiovisual, además de poseer una alta capacidad para su difusión nacional e internacional.
En concreto contará con una ayuda de 195.171 euros por parte de la Xunta y que fueron adjudicados en la última convocatoria de subvenciones a producciones y coproducciones audiovisuales, que la Consellería de Cultura y Educación gestiona anualmente a través de la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
En la presentación, que se celebró en la lonja del puerto de Cesantes, en Redondela, el director de la Agadic, Jacobo Sutil, destacó la oportunidad que Ignacio Vilar les ofrece en cada nuevo proyecto a las nuevas generaciones gallegas de intérpretes, como es el caso de Grial Montes –en el papel de la María Solinha del siglo XXI– y de Laura Míguez, a la cabeza de un elenco del que también forman parte Santi Pliego, Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Sheyla Harinas, Fernando González, Alfonso Agra, Mela Casal, Fran Lareu, Melania Cruz y Jorge Varandela.
La nueva historia que Vía Láctea Filmes llevará a la gran pantalla arranca cuando un afamado director de teatro llega a Cangas para reconstruir la leyenda de María Solinha, una viuda rica acusada de brujería por la Inquisición a principios del siglo XVII.
Sus intérpretes serán los propios vecinos de la comarca, que se embarcan en esta aventura con pasión. El teatro y la realidad comenzarán a mezclarse de tal manera que las protagonistas llegarán a experimentar en sus carnes los ecos de la agresión que sufrió la verdadera María Solinha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario