domingo, 1 de outubro de 2017

A culpa foi do Cha,cha,cha

Boas tardes:
”Merecemos perder Cataluña. Esa cochina prensa madrileña está haciendo la misma labor que con Cuba. No se entera. Es la bárbara mentalidad castellana, su cerebro cojonudo (tiene testículos en vez de seso)". Carta de Miguel de Unamuno a Azorín (1907)


Unha noxenta imaxe a que esta a dar o goberno de España ante a Comunidade internacional. Un goberno de baixísima calidade democrática, como xa nos ten demostrado noutras ocasións… INCAPAZ DE DIALOGAR. Pódese estar contra do independentismo pero o que non se pode invocar permanente á maioría silenciosa, Cataluya xa está fora, está claro, os partidarios do SI están encantados co goberno do PP, de cagada en cagada ate a derrota: Catalunya 1, PP, Cd’s, PsoE 0. A estratexia dos suicidas. Isto xa nunca será o mesmo.
Mariano logo de comer a pílula azul sinte hoxe unha erección imperialista, síntese Felipe II enviando os Tercios de Flandes (igual que en Perejil), só que baixo os calzóns esta xerminando o fascismo mais mofento e rancio…
Estou seguro, como votante, de que se agora se nega votar ós cataláns mañá, cando queiramos votar ou elixir o que sexa... o día que queiramos elixir unha cosa de calado, de dimensión... negarásenos igual, cos mesmos argumentos que agora se está negando este referendo: que é ilegal, que non cabe na Constitución, etc... etc.
Estou a falar dende a convicción do que NON cree en trapos bandeirolas e fronteiras para os seres humanos, quede claro.
Parabéns pobo de Catalunya!!!

La Policía y la Guardia Civil cargan en los colegios y requisan el material del 1-O


Ningún comentario:

Publicar un comentario