venres, 6 de outubro de 2017

DE PATRIAS E PATRIOTAS Nin contigo nin sen ti


Que o rei (non (b)votado) el "prepárao", se dirixira ós españois en datas nada entrañables sen cava nin lagostinos polo medio non presaxiaba nada bo, ‘leña al mono!’ tal e como o entendín eu…, a Casa Real nunca tivo empaque con Catalunya, nin co vello nin co pouco delicado novo monarca, pero somos nos os que decidiremos o noso modelo de sociedade e para iso tratase de convencer non de someter… neste caso asumiu o discurso do goberno como propio. É curioso que un rei que nunca se presentou nunhas eleccións, un non elixido, nos veña a falar de democracia...

A nós como persoas, e tamén en Catalunya, o de nación sempre nola trouxo un pouco de lado... preocupábannos temas menos transcendentes como a merda de salario, a carestía da cabaciña, a lista de espera para rehabilitación, a interminable hipoteca, a xubilación que non da chegado, o Imserso para cando chegue. E gozamos con nimiedades como un viño ou caneca cos amigos, o cocido en familia os domingos, e as copas…, cataláns incluídos, que sempre pareceron persoas normais salvo cando bailan por chamarlle dalgún xeito en corro, ou esa teima de subirse uns por riba dos outros...

Trala polémica xornada do 1-O en Catalunya, é un torrente de noticias, vídeos e fotos que recorren xornais e redes sociais. Moitas delas falsas ou medias verdades. Uns dun 'bando' e outros do contrario. Case que todas se usan para contaminar outras noticias e imaxes que si son reais. Incluso, cando se comproban que son falsas, non se rectifican nin se piden desculpas.

Véndennos un País, unha Unión Europea como unha historia de éxito. Os resultados electorais alemáns, xunto cos manados das pasadas eleccións en Francia, non o confirman, a democracia cristián liberal e a dereita xenófoba e nacionalista non son exemplo, a virtude deste modelo é a creación de suxeitos e identidades vacuas, fráxiles e perfectamente manipulables a traveso da retórica de perogrullo na política e nos medios de comunicación… É isto o que queremos?

O de menos a estas alturas é A INDEPENDENCIA. O que teño na retina fixado é a brutalidade (gratuíta) das FFCCSS o 1-O e asolágame a desesperanza de que algo cambie e remate coa apoltronada xeración da transición do 78 neste país, a vella garda dos partidos políticos, os poderes financeiros e a información mediatícea dirixida, que fan da nosa Democracia un sistema político degradado e só unha palabra para enchela boca de patriotas de baldeiriña ‘made in China’



Seguimos sen evolucionar. O diálogo non está, nin se agarda. Onde estabamos mentres o PP recollía firmas por España contra do Estatut? Mentres o PP manipulaba a composición del TC? Onde estabamos cando o ministro de educación falaba de "españolizar ós alumnos cataláns"? Ou cando o boicot do cava? ... Deses gromos estas pólas, amores que matan.

Que magoa qué faladoiros e periodistas españoles non lean textos onde non aparecen palabras como, "odio" ,"xustiza", "lei", "golpistas", "delincuentes", "secesionistas", "traidores"…
Que magoa que as cartas de amor, sexan só entre fiscais e xuíces, ou entre toureiros e gardiá civís.
Que magoa que todos os referentes da cultura catala, sexan borrados ou desempoados para xustificar "lo guai" ou converter en vítimas ou verdugos alimentados pola estupidez de moitos e o silencio de tantos que somos ou non cataláns, a fartura ate o empacho de esteladas na súa maioría 
‘blava’, (bandeira independentista, con connotacións dereitistas) non é máis saudable que o empacho de vermellogualdas con ou sen touro/paxaro que veñen a ser o mesmo. Que magoa que outros referentes, non aparezan… 


En calquera caso, os descridos de patrias e nacións valoramos a dignidade que non se mide en territorios senón en respecto a seus cidadáns. O que fai respectable a un país son os dereitos có ampara e non a soberanía que defende. E esa grandeza comeza xustamente cando deixan/deixamos de mirar só o noso embigo, cando soltamos lastre e abrangamos o mundo, cando acollemos, cando compartimos, cando non miramos por enriba do ombro, cando acantonamos á supremacía. Ese quero sexa o lugar onde quero vivir. Preguntade os cataláns cales son seus plans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario