* Este artigo foi publicado no verán de 2005 en Vieiros. O autor remíteo indicando que non é necesario mudar nada do seu contido
Xabier Vázquez Pumariño
http://praza.gal/
Falar do lume é perigoso en si mesmo porque sabemos como entramos pero non sabemos como imos saír, seguramente algo chamuscados, por varias razóns. En primeiro lugar é un tema dunha complexidade extraordinaria, dificilmente abordable dunha tirada e por unha soa persoa; creo que falar do lume require dunha pluralidade de coñecementos multidisciplinares e puntos de vista dispares; así, para dicir algo con visos de verdade habería que xunguir ecoloxía, bioxeografía, cultura, socioloxía, historia, agronomía, psicoloxía, economía e política nun senso amplo. En segundo lugar, porque todo o mundo ten unha opinión nun océano de opinións. Parto, polo tanto, da premisa de que é unha labor inabordable e de que algúns parágrafos e opinións non van, de entrada, ser entendidas, nin moito menos asimiladas e pode que incluso sexan vistas como unha provocación.
Así a primeira achega que me gustaría facer é que creo que o lume non é un problema senón o síntoma máis terrible e visible dun problema.
Así a primeira achega que me gustaría facer é que creo que o lume non é un problema senón o síntoma máis terrible e visible dun problema.
O lume: consecuencia de políticas do pasado.
A primeira cuestión que debemos coñecer é onde estamos. Non é unha pregunta banal, a Península Ibérica está na cunca do Mediterráneo e Galiza no límite bioxeográfico da Rexión Mediterránea e a Eurosiberiana e isto é moi importante porque hai que saber que nun clima como o do Mediterráneo o lume é unha parte fundamental da dinámica dos ecosistemas e isto é así en todos os lugares con este tipo de clima, é dicir, ademais dos países que nos situamos ao redor deste mar, están California, rexións de Australia, parte de Chile, etc. Pero non só; infinidade de ecosistemas terrestres ao longo de todo o planeta teñen no lume un compoñente fundamental, podemos citar, estepas, sabanas, bosques incluso de carácter semiboreal, etc. Polo tanto cómpre ver o lume como un elemento máis da dinámica de determinados ecosistemas e entender que moitas especies animais e vexetais dependen do mesmo para a súa supervivencia. Porén, que diferencias atopamos entre distintas áreas do Mediterráneo?
Non vivimos en compartimentos estancos e, así, a produtividade en determinados lugares é moi elevada, gracias a unhas relativas elevadas precipitacións e un amplo período libre de xeadas, permitindo o desenvolvemento dunha máis que notable biomasa, en definitiva masa forestal e mato que pola contra teñen que sufrir os rigores dunha seca estival máis ou menos acusada dependendo do lugar e do ano. Isto é o que ocorre, de xeito aproximado no noroeste ibérico. Desde este punto de vista hai que asumir á natureza e non loitar contra ela porque sempre vence, vivimos nunha área particularmente propicia para os lumes, un mundo combustible.
Isto, non é ningunha novidade, todo o contrario; o home peninsular desde hai miles de anos aproveitou o lume no seu favor para estender a agricultura e gandería durante miles de anos ata a década dos 40 ou 50 e aquí ven, anuncio, a orixe do problema. Situémonos: tanto en España como en Portugal había unha ditadura e miseria de todo tipo, os labregos, particularmente os máis pobres foxen do campo á cidade e á emigración; ambas ditaduras emprenden a tarefa de mudar a paisaxe de ambos estados plantando millóns de piñeiros nos terreos de monte ata o momento ocupados pola gandería extensiva ou semiextensiva composta por millóns de cabras e ovellas. As razóns? É obvio que o espello no que había que mirarse eran países centroeuropeos cheos de árbores; en comparación con eles a Península Ibérica parecía un páramo ermo: os complexos de inferioridade ibéricos funcionaron, e seguen a facelo, como unha perfecta máquina de precisión autodestructora, alentada por determinados colectivos profesionais cun extraordinario e insólito poder no Estado desde o período franquista.
Pero o fundamental é que a gandería desapareceu -eses millóns de ovellas e cabras que procesaban a gran crecemento da biomasa biomasa- conformándose un inmenso territorio altamente combustible. Ao pouco tempo aínda se empeoraron as cousas: as novas fábricas de celulosa que haberían de absorber a eses traballadores expulsados do rural crearon a necesidade de empregar outra especie pirófita e, polo tanto, doadamente combustible e que contribúe a espallar o lume unha vez iniciado: o eucalipto. O desastre está en marcha. É posible que algunha xente lle estrañe esta análise dos feitos; convido a todo o mundo a que revise fotografías antigas, tanto de Galiza, como do resto do Estado ou Portugal, verase que os montes estaban pelados e neles desenvolvíase unha actividade económica elevadísima (gandería e cultivo de centeo e trigo), mesmo nalgunha pintura de Castelao pódese apreciar esta cuestión. Tamén poderíase contar algunha anécdota, como a miña favorita: os franceses foron expulsados do Barbanza gracias a que os homes, refuxiados no monte prenderon fachos nos cornos das cabras que pastorearon de noite dando a impresión de que un poderosísimo exército se abalanzaba sobre os invasores que fuxiron.
Este cambio tan rápido e brutal nos usos dos chan trouxo outras consecuencias, tamén visíbeis e de certa transcendencia, como por exemplo cambios na fauna, así perdices, coellos e lebres rarifícanse día a día ao mesmo ritmo que proliferan outras propias de ambientes mestos como o corzo ou o porco bravo.
Pero as cousas aínda poderían ir a peor: os labregos precisaban unha alternativa e apostouse pola produción masiva de leite. Logo entrouse na Unión Europea e o resto xa o saben: desmantelamento das explotacións e reforestación das terras agrarias, é dicir, ata entón quedaran a salvo do lume aquelas terras máis produtivas do país no fondo dos vales con solos potentes e alta humidade que a partir deste momento sofren a súa eucaliptización; estas terras estaba a salvo de incendios, agora xa non. En definitiva, outra nefasta política, na miña opinión, a da produción leiteira, trae estas consecuencias mesmo culturais: non deixa de ser tristemente paradoxal que unha coñecida marca de camisolas galega teña por icona unha bandeira galega cunha silueta de vaca, fronte ao toro español; é dicir unha camisola que reflicte o fracaso dunha política de menos de 40 anos. Persoalmente boto de menos unha camisola cunha ovella galega (raza, por certo, en desaparición) e éntrame un pouco de vertixe ao saber que eu son a primeira xeración de non-pastores de ovellas na miña familia dende hai centos de anos.
Arden os bosques?
A resposta é clara: non. En Galicia apenas arde ningún bosque. Isto é así por varias razóns, en primeiro lugar porque case non quedan. Esta, seguramente, sorprendente afirmación para moitos, ven da interesada confusión que se ven de xerar dende fai anos; non é o mesmo unha masa abolada ou unha superficie forestal que un bosque. Un bosque é un ecosistema complexo en equilibrio co medio ambiente capaz de albergar determinadas especies de flora e fauna; isto contraponse ao cultivo forestal, é dicir, unha colección monoespecífica de árbores, no caso galego, fundamentalmente de piñeiros e eucaliptos, especies alóctonas (si, os piñeiros son alóctonos, todos, inda que hai indicios de persistencia desta especie en determinados refuxios). Como se di habitualmente, un bosque é unha sociedade, non un exército de árbores. Polo tanto, en Galiza, territorio netamente forestal, apenas quedan bosques, tan só nas áreas de montaña de Ourense e Lugo, canóns, fragas dispersas e ripisilvas. Un síntoma claro desta cuestión é que non son poucas as especies animais forestais en perigo de desaparición en Galiza, curiosamente.
Por outra banda o que non son terreos forestais -bosques ou cultivos-, pastos e outras áreas agrícolas está composto por monte baixo: urceiras, xesteiras, toxais... Superficies que son vistas como algo negativo, improdutivo e fonte de alimañas e males de todo tipo. En realidade, en moitos casos, supoñen o primeiro estadío do bosque, son áreas de refuxio de interesantes especies da nosa flora e fauna e, unha cuestión que se esquece, maioritariamente son leguminosas que contribúen a formar e fertilizar os nosos degradados solos e, por se fora pouco, son uns excelentes colonizadores de solos queimados contribuíndo así a paliar o desastre.

Neste marco de culto ao cultivo forestal industrial e curto-pracista non resulta razoable que a maior parte das especies animais e vexetais ameazadas en Europa sexan especies de áreas abertas, moitas de medios agro-gandeiros, especies nas que imos ter que investir bastantes cartos se as queremos conservar. Nin tampouco é razoable que unha das maiores ameazas ecolóxicas existentes, tanto en Galiza como a nivel global, sexa as invasións por especies exóticas, especies que nos empeñamos en diseminar: piñeiros e eucaliptos.
En definitiva o que arde neste país son os cultivos forestais e máis o mato.
De fondo é un inmenso problema sociolóxico e cultural: concluímos que no país déronse uns cambios ecolóxicos brutais nun espazo de tempo pequeneiro pero esta transformación non estivo acompañado por un cambio cultural, existindo un extraordinario desaxuste entre determinados usos de antano co estado actual do territorio: o mato, o monte baixo, o monte mesto, as silveiras séguense a ver como un medio a eliminar por unha parte máis que significativa da poboación, precisamente os nosos descoidados maiores do rural. Terá algo que ver que sexa Ourense a provincia máis envellecida co elevado número de incendios soporta? Neste contexto a marabillosa e reveladora linguaxe traizoa o noso subconsciente: dende un tempo a esta parte é moi frecuente escoitar que o problema dos incendios non sería tal se os montes estiveran ‘limpos’; que significa isto? Identificamos sucidade, algo negativo, con que o monte teña mato. Curioso. Seguramente para que un incendio sexa apagable é máis sinxelo limitar a biomasa pero esquezamos o termo “limpar”.
Pero, e quen mete o chisqueiro?
A pesares de todo, esta parece a pregunta básica. Ultimamente escoitamos que é un problema de orde público e é certo pero non deixa de ser unha simplificación porque ou ben o país está cheo de tarados pirómanos, polo que debemos concluír que padecemos unha pandemia de saúde mental, ou ben hai uns “malos”’ con razóns crípticas ou “malos”’ de por si. Por outra banda, todos os anos hai un bo feixe de detidos pero pasan os meses e nunca máis volveuse saber nada deles, eran tarados?, eran anciáns en loita contra o mato?, eran especuladores?, madeireiros?... ao final nunca sabemos nada.
Enfermos á parte, o monte é fonte de conflitos entre unha morea de actores que interactúan no territorio. Nesa interacción prodúcense desavinzas, que non resoltas, levan ao lume. Podemos poñer varios exemplos: a absurda dicotomía entre cultivos arbóreos e gandería extensiva, como se foran excluíntes -preguntou alguén algo aos gandeiros antes de meter un monte a piñeiro ou eucalipto?-, non existe o colectivo de cazadores no monte?, están resoltos todos os conflitos de deslinde entre montes en man común?, desenvolve a Administración Autonómica unha xestión exemplar do lobo no conflito cos gandeiros ou estes levados pola ira “limpan” o monte destes animais?, e así un longo etcétera. En definitiva non hai ordenación territorial e moito menos participación pública no seu deseño, e isto é un problema político real que está riba da mesa.
Por outra banda, e resulta o máis lamentable se cabe, a degradación das estruturas sociais e do sistema cultural no rural, consecuencia do empobrecemento, da emigración, do envellecemento, das cacicadas, da cultura da subvención, etc. leva a cúmulos de frustración e resentimento, entre veciños, entre parroquias, que moitas veces son resoltos pola vía do lume. En definitiva é un embrutecemento e unha falla de respecto polo propio e alleo.
De todos os xeitos quen mete o lume pode resultar secundario. Ao final, un problema moi real é que no contexto bioxeográfico no que nos atopamos, o lume vai aparecer tarde ou cedo, un descoido, un raio, un cristal, calquera cousa e non debemos ser tan infantís de pensar que imos erradicar da sociedade tarados e malvados porque tampouco solicita ninguén que os delitos contra á propiedade desaparezan, así os xoieiros poñen cristais blindados nos escaparates e os bancos gastan grandes cantidades de cartos en seguridade. O que é normal para outros ámbitos tamén debérao ser para este. En definitiva, o que hai que procurar é que cando o lume apareza, este sexa abordable no menor prazo de tempo, con recursos cativos e sen riscos; o ideal sería que se apagara só. A pregunta definitiva é “temos un modelo apagable”’ a resposta actual é non. De feito, tal e como están as cousas, cantos máis anos pasen sen arder determinados territorios, o día que o fagan será máis brutal e inabordable o lume, mesmo con risco para poboacións, tal e como está a ocorrer en Portugal.

Que podemos facer?
Agora a situación é a dun país (e por extensión, practicamente dous Estados) de auténtica polvoreira. Neste contexto, podemos facer algo? Por suposto que si, desde logo. Iso si, milagres non, polo tanto xa adianto que non é lóxico pedir que agora en catro anos a situación pase de negro a branco, o razoable é que si que se aprecien cambios de tendencia e, nesta liña de pensamento a solución aos lumes pasa por un gran pacto nacional no que se comparta análise e solucións. Se non hai pacto, non haberá solución a longo prazo.
A intelixencia animal, a forma máis elemental e común, é a do ensaio-erro, é dicir se facemos algo que non da resultado, cambiase. Vivimos nun país carente da forma máis básica de intelixencia? Ocórrenseme varias respostas e varias pasan por determinadas empresas madeireiras e celulosas, e hai que ser moi inxenuos para pensar que non teñen unha grande capacidade de presión política... pero, en calquera caso, creo que é sinxelo deducir que compre cambiar de políticas. E aquí ven outra cuestión de importancia: escoitase que a nova Consellería vai cambiar de política forestal e eso é bo pero é só unha parte do problema como estabamos a ver, non é só a política forestal o que hai que cambiar, é tamén a política agraria e a política gandeira, senón estaremos unicamente abordando o problema de xeito parcial.

Tampouco serve de nada continuar incrementando o gasto visible en helicópteros, avións anfibios, carrocetas e nese críptico plan de emprego rural caciquil e chapuceiro agochado na industria do lume. Neste punto é responsabilidade dunha nova cultura política e da sociedade sinalarnos mutuamente que non todo é inaugurar e gastar os cartos en caros cachivaches. Neste senso, unha cidade exitosa co tratamento do lume sería aquela na que o corpo de bombeiros fose limitado e non tivese que actuar practicamente nunca, mentres que consideraríamos un fracaso unha cidade que ardera cada vez máis e precisara tempada tras tempada dun corpo de extinción máis grande. O que vale para o urbano, neste caso, serve tamén para o rural. Ademais hai que ter en conta que nunha cidade o corpo de bombeiros apaga o lume, pero logo cóbralle o servizo aos particulares. No rural non é así, o que non deixa de ser unha sorte de subvención ao sector privado fronte ao fracaso dunha política pública. Vamos, un monumental enredo que como cidadáns non deberiamos estar dispostos a asumir (nin a pagar).
En definitiva, hai que replantexarse completamente a política do mundo rural, volvela como un carpín. Neste marco é triste que a estas alturas da película teña que ser o Sindicato Labrego Galego o que teña que reivindicar que se prohiban os cultivos arbóreos en terras agrarias (e gandeiras habería que engadir) porque é o minimamente razoable, máis tendo en conta que o lume ameza e queima aldeas enteiras tal e como ocorre en Portugal; esta prohibición debería ser unha cuestión nacional prioritaria e deixarnos de abstraccións absurdas como aquelo do Plan Galicia. E se tan preocupante resulta o de “limpar o monte”, deberíase favorecer o cultivo de outras especies arbóreas, autóctonas e caducifolias que impiden precisamente a proliferación de mato baixo delas, ademais de ter, chegado o momento, unha velocidade de combustión inferior.

Facer rendible económica e socialmente a vida do rural a través de políticas de recuperación e diversificación da agricultura e da gandería, contemplando o forestal como un eixe máis, se cadra o máis limitado, é a única vía xenérica de solución do problema; todo elo asociado a pequenas industrias de transformación e servizos. Para isto cómpre, precisamente, formación e valorar socialmente o rural así como participación social nas definicións das políticas concretas sobre territorios concretos. Pouco a pouco as estruturas sociais e culturais deberían irse recompoñendo.
Polo momento, a falla de cultura e de expectativas económicas, a desestruturación social e o déficit democrático, particularmente no rural, é combustible de primeira calidade.
Foto Brais Lorenzo
Ningún comentario:
Publicar un comentario