Si nestes días venche un sobre do PP non te ilusiones é
propaganda electoral.
As europeas, achéganse,
é dicir, votar, escoller de entre o malo o peor; se non o tes decidido é como
escoller melóns, sandías ó peso… sabes ti cal melón será o máis rico…?
Estamos de campaña
comezan as europeas… Non aturo a posta en escena desta comedia e comediantes.
Moléstanme a máis non poder os anuncios estratosféricos das campañas que poboan
as entradas a pobos e cidades. O gasto inútil dos que se propoñen candidatos a
ser …os seus sorrisos entre e nos farois das rúas…, custoso e innecesario uso
do espazo público. E quén paga estes promocionados sorrintes que empapelan as
cidades…?
Os nosos políticos poden
prometer e prometen, logo nos perdoamos calquera incumprimento. Non falan en
nome propio senón do seu partido polo que non se fan responsables de ningunha
das promesas que en seu nome pronuncian. Estas promesas como tales, teñen moito
de ilusión pero o non tratarse de promesas feitas, carecen de rigor e nin o Sr.
Tal nin o seu partido poden garantir que se fagan reais algún día. Amais, estas
promesas dependerán de moitos factores como a Bolsa, o prezo del cru, a
aprobación do BCE, da CE, da Sra. Merkel... e así ate as vindeiras eleccións,
Non? Porque só coa cara prometedora pedindo botemos o papeliño na caixa co seu
nome e as nosas esperanzas, parecera que sí puidéramos reclamarlles logo por
incumprimento de contrato.
Non quero estenderme
máis co obvio senón ir ó grao: o sistema de votos…, quén é ese D’Hondt?!
Sabemos de verdade cómo votamos? Alguén nos explica a actuar con todo o
coñecemento na oportunidade única de elixir a quen nos vai a gobernar?
Independentemente de que
sexa un sistema inxusto, có é, entendo tivo a súa razón de ser no seu día pero
fai tempo que quedou rancio. Podemos facer có noso voto sexa inútil para os
nosos intereses? Aínda que algúns temos unha idea, moitos, moitísimos non
sabemos ben cómo funciona o noso sistema de votacións. Así nos vai: aínda que
os titulares dos telexornais falen de "maioría
absoluta" para tal ou cal partido, a maioría absoluta neste país
corresponde á abstención e ó voto tirado; a do "voto branco por non votar (ou por castigar!), un voto negro".
Quén en realidade gaña é a apatía ou o descoñecemento... volvo a preguntarme:
Por qué non se aprende nos colexios? Por qué non se explica con algún bonito
vídeo didáctico na televisión unha e outra vez, coa mesma frecuencia na que os
nosos políticos máis populares poden prometer e prometen?
1.- Partidos e programas: Amais do cara a cara que tivemos a ocasión
de presenciar, preséntanse outros partidos? Sí, aquí unha lista de partidos e
programas.
2.- Corrupción Home claro, por suposto estes partidos non terán
representantes implicados en casos de corrupción? Botémoslle un ollo a este Mapa da Corrupción os
casos son tantos que custa mantelos actualizados. Parece cá corrupción sácanos
algo de vantaxe.
3.- Sistema D’Hondt, reparto de votos, votos en blanco e votos nulos:
Qué é o famoso Sistema D’Hondt? Cómo fai para excluír ás minorías? E os votos en branco, os votos nulos? Cáles son as diferenzas reais nun exemplo práctico?
4.- A quén votar: A quén che pete! A quen teña un programa acorde
co que é importante para ti e có cumpra! Se che da pereza ler todolos
programas, dende aquí
poderás descubrir o partido máis afín as túas ideas, contestando anonimamente
unha serie de preguntas. E feito!
5.- Xa non aguanto máis! Ós españois impórtanos un carallo Europa,
salvo cando se xoga a final da Champions. Tómao, con calma e algo de humor... E
bótalle un ollo a esta interesante mostra dalgúns votantes como reflexión e sorriso.
O bipartidismo...
...un cágaa e outro o mesmo.
Para normalizar o
exercicio do meu dereito a votar (que tanto nos custou recuperar) e decidir que
papeleta escoller, segundo as propostas que estean en consonancia coas nosas
ideas, din un paseo polos programas electorais. Tendo en conta as posibilidades
que teñen de saír elixidos, e as oportunidades de levar a cabo as súas
propostas, a seriedade das alternativas e o cumprimento ou incumprimento nos
seus anteriores compromisos. E este é o resultado do análises; para todos
vos:
Los pueblos deciden, é a coalición formada por EH Bildu, BNG e outros grupos de carácter
independentista. Rexeitan o modelo económico actual e presentan unha
alternativa “para construír unha alianza
continental que non responda ó mandato dos mercados, senón ás necesidades das
persoas e á vontade dos pobos”. Pretenden poñer en marcha un proceso
constituinte en Europa, por un modelo baseado na xustiza social e na
solidariedade. Defenden a Europa dos pobos, dos traballadores e traballadoras,
dos estudantes, das clases populares, construída dende a base, traballando,
din, “ombro con ombro con outras forzas
rupturistas e soberanistas”, contra a Europa dos mercados e os mercaderes,
do BCE, a Comisión Europea e o FMI, “caras
máis visibles dun sistema que, a nivel mundial espolia e saquea ós pobos en pos
do beneficio dunhas elites insultantemente minoritarias”. (Programa Los pueblos
deciden)
O Movemento RED, pola renovación democrática cidadán, comprometese na
loita contra da corrupción nas institucións “para
que sexan máis democráticas” e as persoas como epicentro da Política. En
pos da maior eficacia, céntranse en políticas que vertebren o Estado, dando
prioridade, nos presupostos públicos, ás políticas de educación, sanidade,
sociais enerxéticas, igualdade e medio ambiente. Apostan pola democracia
participativa que acabe coa sociedade desmotivada e desmoralizada, limitando a
dúas lexislaturas o mandato en tódolos niveis políticos, otorgando maiores
competencias ó Parlamento Europeo. (Programa Movimiento RED)
Compromís, Equo e a
Chunta Aragonesista proclaman unha Primavera
Europea, entendendo a política como un servizo ás persoas. Pretenden acabar
cos recortes, porque “A austeridade
empobrece a millóns de persoas e hipoteca o futuro das xeracións vindeiras”.
Defínense como partidos europeístas que perderon súa confianza na UE, polo que
pretenden reformar a “Europa da Troika,
que é cada vez máis desigual e insostible e leva a que a xente perda a
confianza no proxecto europeo”, espazo clave para loitar “contra as grandes corporacións e os
mercados financeiros, o cambio climático e os populismos xenófobos e
excluíntes”. Entre seus obxectivos propoñen unha auditoría da débeda para
poder discernir cál é lexítima e cál non, así como impulsar a democracia dentro
das institucións europeas. Reivindican un espazo de liberdade e seguridade para
tódalas persoas, libre de discriminación, racismo e xenofobia, e defenden a
igualdade de dereitos para as mulleres e para os colectivos marxinados. (Programa Primavera Europea)
Podemos aposta
por converter a indignación en cambio político e construír a democracia a
través da participación cidadán e a unidade popular, apostando pola
auto-organización, traballando en círculos territoriais e sectoriais, en
cidades, pobos e barrios. No seu programa destaca a defensa dos dereitos
sociais, o cambio do modelo produtivo, e o reparto do emprego e da riqueza. En
canto a propostas relacionadas coa igualdade, Podemos, pretende abrir un
proceso constituinte que garanta cós dereitos sociais e culturais teñan o mesmo
estatuto cós civís e políticos. Do mesmo, xeito formulan medidas para acabar
coa desigualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral. Defenden o dereito á
saúde e educación pública, universal, equitativa e gratuíta no ámbito da UE e
prohibirán o despido en empresas con beneficios e derrogarán as reformas
laborais. (Programa Podemos)
Izquierda Unida presentase polo Partido da Esquerda Europea (PIE), que lidera o grego de
Syriza, esixindo rachar coa Troika e alcanzar unha “democracia real”. Consideran que “Europa está construída polas forzas hexemónicas da dereita, por tanto
non é a Europa dos pobos”, senón a “Europa
dos pobres”. IU, que se presenta como alternativa ó bipartidismo, propón
guiar á UE cara o pleno emprego, reducindo a idade de xubilación e as horas
semanais de traballo, apostando pola cohesión social e territorial dos pobos,
asegurando un sistema europeo de servizos públicos de calidade. Consideran que
hai que desregular o mercado, polo que adoptarán “unha fiscalidade europea altamente progresiva baseada nas transaccións
financeiras e as grandes fortunas”. Rescatarán sectores estratéxicos
privatizados como a enerxía, o transporte, a xestión da auga, parte do sector
financeiro ou a siderurxia “que permita a
creación de Consorcios Públicos Europeos que orenten a actividade económica
cara a creación de emprego e a igualdade”. (Programa IU) En Galiza a Coalición para as eleccións europeas esta
integrada por ANOVA, Esquerda Unida
(EU), e Espazo Ecosocialista. AGEE.
O programa electoral do
PSOE centrase principalmente na creación de emprego de calidade e con salarios
dignos, co obxectivo de reducir a alta taxa de paro que golpea a España e a UE.
Pretende unha nova política económica e unha unión fiscal que impulsen o
crecemento e loitar contra a desigualdade, entre as sociedades cun alto nivel
de desenrolo e benestar e aquelas que están más estancadas. Declaran que “A Europa socialista non está disposta a
camiñar cara atrás, senón cara adiante en igualdade e na defensa dos dereitos
das mulleres”. Por último, o PSOE defende a necesidade de modificar o
calendario de redución fiscal, para facilitar o crecemento, loitar contra dos
paraísos fiscais e a evasión fiscal e impor un imposto sobre as transaccións
financeiras. (Programa PSOE)
Pénsao, pero vota. As
outras propostas non son a nosa alternativa. Entre as expostas, o 25 decidirei
cal e a agraciada, non tanto polo que din que farán, senón polo que teñen
deixado de facer ou fan. Será pola xustiza social, a igualdade e a
solidariedade; a honradez, a decencia e a dignidade. Por unha Europa social, de
liberdade e democracia; a dos dereitos e o benestar.
Voto branco e voto nulo
Tentarei desenmarañar no
posible a diferenza entre voto en blanco e voto nulo, as outras posibilidades
xa as coñecemos. Vaia por diante a convicción de que votar é un dereito que ten
costado incluso vidas alcanzar, visto o visto existen solucións cando no sabes
a quén…
Voto branco/Voto en branco:
é aquel que sendo válido en forma e escrutalo, non determina ningunha elección.
É dicir, está baleiro no congreso, ou para o senado baleiro ou sen tachar o que proceda. Segundo a Lei Orgánica
5/1985, de 19 de xuño, do Régimen Electoral General, no artigo 96, punto 5:2 “Se considera voto en blanco, pero válido,
el sobre que no contenga papeleta y, además, en las elecciones para el Senado,
las papeletas que no contengan indicación a favor de ninguno de los candidatos”.
Este artigo continúa e a il me remito. Especial mención na lei D’Hont, sistema, a diferenza de outros como o Sainte-Laguë (método da media máis alta (outras denominacións son método Webster e método do divisor
con redondeo estándar)), distribúe de forma pouco representativa
(aínda que proporcional) os votos. En España, o porcentaxe mínimo para ter
representatividade é do 3% nas eleccións xerais e do 5% nas locais. O voto en
branco para resumir con rigor, favorece por cocientes ós grupos maioritarios
(PP, PSOE), polo contrario, prexudica ós outros (EU, UPD etc, etc…).
Voto Nulo (seguindo a
mesma lei xa citada no anterior paragrafo, voto nulo é o que non vale), por ser
nulo é anulable. Isto é, non se suma o escrutinio. Nin entra en cociente algún.
Vai á papeleira, ou o lixo, o destrutor de “verdades”… Non se contabilizan, pero
si se citan para a estatística. É
obrigado dicir polos Xefes de mesa e notario do reconto total, cántos votos
nulos foron desestimados, e dicir: anulados. E sábese que nunha circunscrición
de 10.000 persoas, máis de vinte nulos, é ‘chungo’ (malo)… mosquea, incomoda e
se esa cifra sube, por cada colexio, por cada cidade, etc. As cousas póñense
feas (chungas) e os políticos/as recibirían o pau máis gordo endexamais
recibido o saber o que significan eses que na papeleira caeron. Que xunto ás abstencións,
mancan. Aínda que repito non entran no escrutinio; non son.
Aquí comeza a
oportunidade… O voto nulo feito a conciencia é o que nunha folla parecida en
formato e con boa letra, ou a ordenador escríbese… por exemplo: “sodes uns incumpridores, e non denunciades ó mangante” ou escribides…
“¡Voto
a bríos!”, “voto a Caperuchiña vermella”, “non voto unha lista na que hai
imputados e aforados…” “para que non me enganes, no te voto, tento “botarte”“
Ideas. Pero sabede que
non é o mesmo non votar, que votar nulo. E xogaremos ó “Bota, bota a miña pelota,
boto eu, botas ti, ate que rache…”
Porque non tódolos días
son xornadas de reflexión (aínda que deberían), déixovos links interesantes para reflexionar con coñecemento de causa. Hai
moitos máis, moitos… pero por favor, investigade, decidide, sentide e logo...
votade. Porque o voto sempre debera ser útil e isto é: axustarse ó que
representa á maioría dos cidadáns e o único modo de esixilo é precisamente
votando. Vémonos o domingo nas urnas!
Por certo a información é leal, legal e real, e lembra: "O prezo de desentenderse da política é
o ser gobernado polos peores homes" Platón
Ningún comentario:
Publicar un comentario