Non son eu quen de analizar ben os
resultados das eleccións europeas. Pero seguro que moito mellor cá TVE, que
seguen co de que gañou o PP, din que gañaron con
bo resultado porque lle sacan dous puntos ó PSOE, cando se ten
gañado alguén é a abstención en España e en toda Europa, e ollo en Francia un de cada catro votou extrema dereita (onde tamén
gaña a abstención). Non vexo moita diferenza entre Le Pen e o PP excepto que
no PP son máis tramoieiros… logo gañou o PPE cos fachas, isto sen dubida é
mérito das esquerdas e as súas cousas...
En España sube Esquerda
Unida (con Anova). Pero non é para botar foguetes. Na disputa de catro miserentos votos ó
PSOE en vez de furgar na procura de onde se atopa o desencanto e
democratizarse. E tempo da rúa, non e tempo de cúpulas. Gústame PODEMOS, os
únicos que logo do éxito electoral non mostran alegría (polo que eu vin). Boa sinal.
Ninguén debería estar contento por adquirir responsabilidade. A responsabilidade
acolloa. Agardo impaciente a formación dun fronte amplo de esquerdas
sen personalismos nin sectarismos. Saúde na loita. Deixémonos de soberbia, a realidade é:
que é imposible reverter a situación sen axuda... Polo tanto é responsabilidade
de todos buscar puntos de encontro. Ilusionar.
Nota: os votos de Podemos non houberan ido a IU.
Nin IU nin PSOE e menos,
xa que estamos en Galiza, o BNG souberon escoitar ó 15M achacáronlle certo cheiro
libertario, alí recoñecémonos e abrazámonos os que sabíamos, aínda xa peiteando
canas, da nova conciencia emerxente.
O PSOE sigue en caída libre; o que lle
queda é partirse en dous. Uns que monten a coalición que preconizaba Felipe
Gonzalez coa dereita e outros a incorporación no Fronte amplo que se aveciña. PP e PSOE perderon 2.500.000 votos cada un, só en Galiza o PP perdeu 220.000 votos, PSOE 200.000 e BNG 24.000, partidos como Podemos teñen parte
de culpa para que suba un pouco a participación nestas eleccións… e dende logo
un 46% de votantes en Europa non me parece unha cifra que lexitime a
gobernación dunha minoritaria casta política.
Pero imos por partes:
1. Rotundamente os españois queren caras novas
e propostas máis ilusionastes. A ascensión de Podemos así o demostra.
2. A abstención foi un rotundo fracaso. Non medra a participación neste momento de corrupción e austericidio con todo o vento nas
costas. Pero a xente manifesta seu descontento coa abstención, excepción en
Catalunya. Os dous partidos maioritarios gañan as eleccións, pero en fortísimo retroceso.
O bipartidismo (a alternancia PP/PSOE) esborrallase.
3. O PSOE fúndese de maneira escandalosa, a
causa do castigo ós dous derradeiros anos de Zapatero ou a falta de caras e programas novos
e de esquerdas cós cidadáns veñen demandando, esapabilense se o que queren e ser alternativa
nas próximas derrotas e non caer no esquecemento polo sumidoiro. E ollo con
traspasar a estreita liña vermella có separa: do apoio nun Goberno de unidade
co PP... Considero existen outras formas de actuar fronte a semellante
atrocidade, e a postura do PSOE ante a cruel realidade aparenta complicidade,
tolerancia e consentimento e iso non é perdoable polos cidadáns e menos polos
votantes… O partido do Goberno poderá continuar facendo piruetas de contorsionista,
pero non cederá nos desvaríos có castigan con forza. Dentro
do xogo bipartidista, perder non é tan malo se o outro tamén perde.
4. Europa
segue a ser de dereitas, acosada neste caso pola extrema dereita, en España esa
extrema dereita é unha boa parte do PP, pode que esa dereita titular se asocie
coa socialdemocracia (como en Alemaña) para equilibrar os bandazos da dereita dereita
ou a esquerda esquerda, amén de manter seus beneficios. Nós non podemos esquecernos de toda unha caterva de
medidas que aumentaron a desigualdade de maneira brutal, si, si con Schröder...
cá unión CDU/CSU de Merkel e o SPD, culpables de impor e continuar o modelo
(condenando á miseria) ó Sur de Europa.
5. A xogada dos medios de comunicación comprados,
non lle saíu moi ben, deron cancha propagandística a Pablo Iglesias para evitar
un maior ascenso de IU á cal temen a casta política PP/PSOE como á peste, e a
pesar de todo e sen axuda dobraron resultado e Podemos emerxe con 5
parlamentarios nunha campaña nas redes sociais, un presuposto de 200.000 € e só
cinco meses de empeño.
6. O subsistema electoral galego,
nada ten xa que ver coas outras dúas nacionalidades históricas (Catalunya e
País Vasco) perde identidade, asemellándose ó esquema estatal non só nos
grandes partidos, senón ás súas alternativas na esquerda e na dereita. Sen
dúbida que o galeguismo ten moito a reflexionar cara as municipais do 2015,
onde se xoga unha posición de alternativa ó bipartidismo que se está a esfarelar.
O peor:
- Os votantes indecisos e os mozos
continúan a tradición de dar preferencia ós personaxes por riba de ideais e
programas.
- En Galiza a conduta repetitiva da nosa
poboación eminentemente maior dun patrón que toma xustificación na nosa forma
de ser e pasa dunha xeración a outra. O cal impúlsanos a facer o que non
queremos facer, e ladeámonos ou cedemos ante a súa natureza destrutora,
arraigándose cada vez máis ate que queda como un tropezo escrito nos corazóns.
- A pesar do convencemento e lamentable papel dos dous partidos principais, a súa guarda fiel de votantes non para.
- A terceira vía alternativa queda dividida, polo momento…
- A pesar do convencemento e lamentable papel dos dous partidos principais, a súa guarda fiel de votantes non para.
- A terceira vía alternativa queda dividida, polo momento…
O mellor:
- IU triplica seus
representantes, mantén o terceiro posto en número de votos e proxecta un
ascenso, lento, pero ascenso.
- O grupo parlamentario de esquerdas en Europa (ou que se supón de esquerdas) medra considerablemente se sumamos IU e Podemos. - A principal baza de Podemos (a frescura, o novo, falan de paro, hipotecas, sanidade etc… cousas moi concretas que tocan a moita xente que non votaría a PSOE, EU ou BNG pero si a alguén novo que non menciona ideoloxías (quen as mencionou nesta campaña) só cousas concretas como arma reboleira contra os demais partidos que se denominan de esquerdas. Exporanse na palestra da realidade das decisións do parlamento europeo e poderemos comparar e ver qué significa Podemos... si é para ben gañamos todos, se é para mal quedarán retratados.
- O grupo parlamentario de esquerdas en Europa (ou que se supón de esquerdas) medra considerablemente se sumamos IU e Podemos. - A principal baza de Podemos (a frescura, o novo, falan de paro, hipotecas, sanidade etc… cousas moi concretas que tocan a moita xente que non votaría a PSOE, EU ou BNG pero si a alguén novo que non menciona ideoloxías (quen as mencionou nesta campaña) só cousas concretas como arma reboleira contra os demais partidos que se denominan de esquerdas. Exporanse na palestra da realidade das decisións do parlamento europeo e poderemos comparar e ver qué significa Podemos... si é para ben gañamos todos, se é para mal quedarán retratados.
Totalmente de acordo... o
PSOE aínda que non é o mesmo co PP, non podemos esquecer (escasa renovación,
error por comezar a condena da austeridade en vez de dimitir, a reforma expresa
da Constitución...). Ben é certo
que se o PSOE é de esquerdas…, por qué entón coincide en tantos aspectos coa
dereita? (conceder millóns
públicos ós bancos, promover desafiuzamentos, recortes en dereitos laborais,
financiamento do partido, espolio do público (sanidade, educación…), fiscalidade
en favor do capital, paraísos fiscais, tolerancia coa corrupción).
Deixemos o síndrome de abstinencia
e botémonos na defensa do estado do benestar, dos dereitos, das liberdades, da
xustiza e o reparto xusto da riqueza, do que non tiñamos que ter saído, e polo
que algúns deixaron de votar PSOE, (e abstivéronse ou votaron PP propiciando
con elo un castigo catapulta de canallas talibans, lamecús e aventureiros financeiros
que tanto dano nos están a facer ós traballadores en beneficio dos señoritos) si,
estes 'desencantados' de clase
traballadora…
A proba será comprobar a realidade de acordo
entre Podemos e IU (co PSOE neste momento non se pode contar), os dous xuntos
xa terían máis apoyo có PSOE, condición máis que necesaria nunhas eleccions de
non circunscripción única. Non creo que Podemos poda ela soa… Non tiremos a IU
tan rápidamente pola borda. E sería unha magoa que se convirtiran en enemigos
ou rivales. Non podemos perpetuar o
bipartidismo ó estilo USA? Xa sabemos é unha misión complicada…
P.D. O que se pense que isto se amaña
votando nas eleccións enganase, isto acaba de comezar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario