domingo, 4 de maio de 2014

A "vergonza" de ir ó instituto estando embarazada

Logo de ler no diario El País o artigo "La "vergüenza" de ir a clase al instituto cuando se está embarazada" non podo deixar de cavilar... Mari preñada (que vergonza!) e sen clases para non avergoñar a familia e ó "espíritu nacional"!!




Estes do PP a ver se se aclaran. Primeiro saen co dos "derechos de la mujer embarazada" e logo resulta que estar preñadas é vergonzoso. Tradución: unha muller non pode ser dona do seu corpo, non pode decidir cando nin como quedar embarazada..., como si a muller non fora quen de saber o que lle da vergonza e o que non… tamén sacaran o pai da aula para evitarlle a vergonza, ou é có embarazo é cousa de un..., claro, como o da virxe María!
A lei xa contempla os casos dos que se fala non entendo a necesidade de reforma…

Como leprosas, non vaian servir de exemplo, se cadra dálle ás demais por ter unha maternidade prematura... Fai anos recluíanas nun convento para agochar a vergonza da familia, hoxe, apartadas como apestadas a estudar na casiña ate que dean a luz e xa non podan estudar máis, evitando o posible contaxio… Desde cando é "vergonzoso" o embarazo? A quen se lle pode ocorrer unha idea tan "antisocial", "desfasada", "separadora", "misóxina", machista e cavernícola?

Xa que non as deixamos abortar, por seguir consellos da ultra/católica dereita cavernícola, e teñen que seguir adiante co embarazo agora teñen vergonza de ser nais, como se come isto..., ter vergonza de ser nais, e non será a vergonza deses pais que obrigan á adolescente a seguir cun embarazo non desexado por ela mesma? Abortámoslle a educación como castigo ós pecados carnais. HIPOCRITAS!!

Entendería perfectamente que ante un embarazo de risco, a Consellería tomara medidas oportunas para cás alumnas embarazadas non perderan curso, como nos casos oncolóxicos, de lesións ou enfermidades de longa duración nas cós alumnos teñan que estar en estado ou situación de repouso ou hospitalizados. Lembremos todos, "estar embarazada non é estar enferma"

Pero polo simple feito de quedarse embarazada e que non pasen vergonza?, é segregar nunha situación de moralismo legal e persoal, incómoda para os Señoritos do PP, unha situación da que para nada hai que avergoñarse, en todo caso alegrarse, digo eu..., ou acaso o que non queren é ver cás menores queden preñadas. Pode sexa isto último. En fin, agochémolas nas cortes, adegas e nichos… agochémosllas ós familiares incómodos para que non nos avergoncen. Esta é a política social có PP quere? logo virá esconder ós homosexuais, discapacitados, negros, xitanos, mouros, roxos, coxos, con gafas, gordos… etc, etc…

De todos xeitos a idea é xenial… Por riba de preñada sen ningunha axuda e sen poder abortar deberá deixar os estudos coa gran vantaxe de ser analfabeta, coidar do seu bebe, sen axuda e logo sen estudos o futuro laboral será brillante… (seguimos progresando) Non o chaman "estado de boa esperanza" (?) O autor/a desta "idiotez" pense, que unha persoa embarazada (sexa cal sexa seu estado civil) sempre có decida libremente, é digna de protección e respecto públicos (insisto "públicos") só polo feito de perpetuala especie, amén de calquera outra calidade que adorne á persoa embarazada.

Como se non fose trauma suficiente para unha cría, adolescente ou non, posiblemente cun embarazo non desexado, verse así e por riba o trauma de afastala do rabaño puro e de virtuosos coas ideas sempre claras… O certo é que só desde unha interpretación dobremente cruel dado o carácter antisocial, e unha visión regresiva dos dereitos, pode sosterse unha reforma como a que propón a deputada do PP Ana Guijarro Martínez.


A única vergonza é ter que aguantar as ideas destes políticos, son os únicos que avergonzan e discriminan. Más practico seria poñer máquinas expendedoras de condóns, menos atrancos á pílula do día despois, aborto no último recurso… para non chegar a estas dramáticas situacións. Aposto que si foran fillas dalgúns xa as terían levado correndo as clínicas privadas para que non "os avergoñaran"...

Ningún comentario:

Publicar un comentario