venres, 16 de maio de 2014

HomoCañetus aínda non sabe cás mulleres votan...

Cañete: 'El debate con una mujer es difícil. Si demuestras superioridad intelectual, eres machista'

Este que ía, a un duelo, ou combate de boxeo ou a unha confrontación dialéctica? "si soy yo mismo, entraría a matar" Kikirikiiiiiiiiiii....!! 

- Ata o nervio Cañete!

Vaia, outro 'campechano', 'españolazo'. O chairo Cañete o que dicía sen rubor algún que ás mulleres que decidían abortar habería que amosarlles a eco dos fetos, o mentireiro que di que non tiña negocios que entrañaran conflito de intereses, parece que se lle caeu a careta, por si alguén tivera dubida así é a calaña deste persoeiro, lamentablemente unha extensión da mentalidade xeneral do seu partido... Isto é o que nos vai a representar en Europa…

Cañete, víuseche o plumeiro. A fraseciña deste 'caballero' xa indica, claramente, de qué pe cóxea, en canto poden dicir o que de verdade pensan, cágana... Machistas, misóxinos e prepotentes, de mente discriminatoria cara as mulleres. Non hai máis que ler a súa argumentación sobre a "benevolencia cara as mulleres" e o concepto de "superioridade intelectual de home". Evidentemente, íl non pode presumir desa suposta superioridade. Este é o nivel cultural, as pautas de conduta, o bagaxe cultural relativo a unha comunidade, a sociedade da que se rodean… son polo tanto estándar e modelo para mediocres …e non teñen remedio, son como son, e para mostra estas fraseciñas:

"el regadío hay que utilizarlo como a las mujeres, con mucho cuidado, que le pueden perder a uno"

Queixouse de que coa chegada de inmigrantes que supuñan unha "mano de obra no tan cualificada" perdemos a "eficacia" dos "maravillosos camareros" de antes: "Le pedíamos un cortado, un nosequé, mi tostada con crema, la mía con manteca colorada, cerdo, y a mí uno de boquerones en vinagre, y venían y te lo traían rápidamente y con una enorme eficacia".

O día que este elemento e outros coma il non se planteen que están debatendo cunha muller, un negro, un 'mileurista'... deixarán de ser eles.


Mentres: Ti veras!


Dez exemplos de machismo no PP

Ningún comentario:

Publicar un comentario