mércores, 25 de maio de 2016

OS TORDESAURIOS

A maior parte de veciños, co seu alcalde ó fronte, están que ferven pola decisión da Junta de Castilla e León de suprimir o Toro de la Vega. Apuntan que se trata dunha tradición de séculos que se ten que manter… home esta ben iso de respectar e manter tradicións. Na época do comezo desta tradición tamén queimaban herexes que non respectaban as crenzas da Santa Inquisición. Noutros anos (non van tantos) tamén facían uso do ‘garrote vil’. Poden os veciños co seu alcalde á cabeza instaurar entre veciños estas tradicións aínda que só nos dias de festa… Unha cousa é defender unha tradición e outra moi distinta defender a estes animais salvaxes facendo salvaxadas! Cando digo animais!! Non falo de bóvidos.

Nas moitas visitas reais a Tordesillas e outros acontecementos importantes era costume celebrar festexos taurinos, dende encerros, alanzamentos, touros namorados ou embolados, ate despenamento de touros e otros animais. A singularidade reside que séguese a manter o festexo, a pesar dos inevitables cambios a pesar do xiro cultural da propia sociedade o traveso dos anos, e seguen a identificarse como o máis antigo vestixio das festas de touros, un referente antropolóxico. Acabar ca financiación pública destes espectáculos lamentables é a clave, penso eu, para liquidar toda esta sen razón e brutalidade. Pero non só ás institucións, tamén fundacións, empresas públicas ou participadas terían que ter prohibido financiar a barbarie.


Poderían ter conservado o amor polo produto local, pan candeal, lechuguino, cuatro canteros… pero o pan que se vende nas panaderías é esbrancuxado chicle máscao, a sopa castellana, os viños da bodega de Tordesillas, denominados Muedra, Osluga e Alidobas… as pastas e doces feitos polas monxas do Convento de Santa Clara. Poderían ter conservado a paisaxe, a natureza, os ríos pero preferiron importar cangrexos americanos... Poderían ter conservado seus edificios emblemáticos… En cambio, optaron por manter unha tradición: TORTURAR E MATAR todo un espectáculo bárbaro. Viva a tradición!





Ningún comentario:

Publicar un comentario