8000 persoas:
sirios, iraquís e kurdos fuxindo da guerra cravarán súa tenda fai tres
meses en Idomeni (Grecia), vivían nun lamazal sen medidas hixiénicas, resistían
o frío queimando plásticos, a maioría nenos mollados, enfermos, con sarna, que
por un tempo deixaran de debuxar tanques, bombas e xente morta…, tres meses agardando
nun lugar de esperanza onde os rumores voaran e noites e dias converteranse en
verdades e abran a fronteira. As autoridades gregas comezan pola madrugada a desprazar
ás persoas da fronteira, previamente foran expulsados os medios de comunicación,
e o dia da súa evacuación métenos en autobuses coa inscrición "Crazy
holidays" (Vacacións loucas) Ironía... Humor negro... Casualidade... As autoridades aseguran ca traxicomedia
levase a cabo en silencio, pero pouco a pouco… a calma tensa da incerteza, o plan
oficial consiste en repartir os refuxiados en diferentes puntos de Grecia e
pechar Idomeneo. dende a fiestra do autobús poden ver como unha escavadora
amarela arrancaba do chan as tendas de campaña que foran súas casas e nas que
sobrevivían da maneira máis digna posible. Nin facéndoo a propósito poderían ocorrer
escenas tan surrealistas… do 'Welcome' ó 'Good bye' das 'Crazy holidays' Fai tres
ou catro anos aloxábanse en hotel os sirios con máis recursos económicos e dende
fai uns meses só o fan voluntarios... A fotografía abominable dunha Europa
desmemoriada e sen escrúpulos. A espera inútil. A esperanza desfeita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario