por:abc
‘Su majestad’ comunicou o luns
que quería pedir perdón publicamente e que desexaba facelo canto antes.
Pretendía saír o paso das críticas e rematar a polémica "Estoy deseando retomar mis
obligaciones... Y lo siento mucho. Me he equivocado y no volverá a
ocurrir", declarou o monarca en ton compunxido,
tenso, áspero. Non falou da inmoralidade que supón matar animais, máis
se estes están en perigo de extinción, nun planeta devastado pola avaricia dos
intereses económicos que ignoran a interinidade de vida no planeta. Thomas Alba Edison dicía “a cultura da non violencia é a que nos pode levar á paz, mentres non
deixemos de danar a outros seres vivos non deixaremos de ser uns vulgares
salvaxes”.
Todos sabemos que poucos seres humanos son capaces de mudala
súa conduta os 74 anos. Menos, cando toda a túa pracenteira existencia
transcorreu rodeado dunha almofada de benestar, asegurada pola obediencia dos
súbditos. Este “Jefe del Estado” por “dereito de
sangue” non necesita da reafirmación cidadán cara a revalidar nas
eleccións a confianza na xestión. O seu papel público reducido a ler discursos
ausentes de contido mentres o gordo da expresión informativa comprometese á
atribución fiel dunha imaxe maquillada da maneira máis estética posible, sen
fisuras. Pero esa vida privada do soberano, có leva a preferir a morte cruel de
mamíferos superiores por divertimento en lugar de practicar el nobre arte do
tute, que comparte un ocio viscoso con aristócratas compracentes e especuladores
de toda calaña, non, non mudara da
noite para á mañá, atopase enquistada como o chapapote ao pulmón dun fumador, sen
retorno. En
definitiva, e sumando as similitudes de reparación de culpa pública, có mitin
de Iñaki Urdangarín á porta dos xulgados de Palma de Mallorca, manifesta que nos
xardíns palacianos parece non reciclaran as estratexias de comunicación, xa
será considerable o segmento da poboación que deixou de crer cós coellos saen
das chisteras que manexan, como unha sorte de prestidixitador improvisado, os mensaxes
que debemos aceptar, palabra de rei.
A existencia de sectores da sociedade dispostos a
defender o dereito da Coroa a facer o que lle veña en gana; é dicir xente
disposta a outorgarllo. O que non obriga ós demais a aceptalo. As desculpas do
rei, por loables que sexan, non rematan a cuestión da idoneidade da monarquía
en relación coa República, un debate lexítimo,
tan defendible hoxe como onte e que non depende de si o rei comete algún
fallo ou erro. Pretender cás desculpas do rei demostren a superioridade da
Monarquía é confundir desexos con realidades.
E mentres falábamos do rei do mambo e do tango de Repsol desmantelan o estado do benestar.
E todo volverá a ocorrer porque a separación de poderes mudou
en separación de persoas. Os cidadáns estamos a recibir unha dieta dura de
mentira por día, mentres os monopolistas das institucións, tanto caza, caza
tanto, instauran, como estratexia xeral, ir paulatinamente desdicindo seus
previsibles embustes, con novos argumentos espurios, as propostas presentase coa
“neo-lengua”
oficial: "ha
universalizado la sanidad", "no hay cosa que tenga más valor que una
medicina que cura enfermedades" "hemos aprobado una medida
aprobada" “la reforma es para garantizar la sanidad pública, universal y
gratuita.” Xusto o contrario do que conseguiría aplicándoa, e máis en liña
co que afirmaba o portavoz de sanidade do PP no Senado, cando dixo que había
que dicir a verdade: “universalidade, equidade,
gratuidade e solidariedade son unha utopía”. Ana Mato, a ministra da eterna
engurra, parece que intenta aproveitar esas ondulacións faciais para evitar que
detectemos as súas sonoras falacias, a da perda de
visión cando no viu o Ferrari no seu garaxe, dislalia nas
definicións e amnesia... hummmm... Eu fariame un TAC… non ten a habilidade
oratoria como sinal de identidade. Durante o anuncio que fixo a conta da
implantación do ‘repago sanitario’ en
forma de abono de medicamentos a cargo de sectores socialmente debilitados, afirmou
que isto supón un acto de valentía de cara a salvagardar a cobertura sanitaria
nacional como principio irrenunciable. Minte. Valentía houbera suposto enfrontarse
ás grandes farmacéuticas implantando as receitas por doses de tratamento, a
unificación das numerosas centrais de compras para exixir presuposto único e,
finalmente, a obrigatoriedade dos medicamentos xenéricos no receitario que
emane da medicina pública. Degradar as pensións ou facer pagar ós súbditos cidadáns
xubilados, magníficos xogadores de tute, ou ós enfermos crónicos, é un acto de covardía
que se ceba cos máis débiles. De igual maneira no caso Repsol a conta da
nacionalización de YPF, o executivo demostra estar o servizo das corporacións e
accionistas, non dos cidadáns. E o rei, o servizo de seus intereses empresariais
e do divertimento. Todos, o verse rodeados, realizan solemnes actos de
contrición teledirixidos pero, non nos enganemos: todo aquilo do que din
arrepentirse, (como a austeridade prometida de Rajoy un 46,43% máis de asesores
e un 27,6% más de cargos nomeados ‘a
dedo’) todo volverá a ocorrer, vaia se volverá!
O sistema sanitario español era (ata o de agora) un dos
máis eficientes. O consumo en servizos máis caros (os de Hospitalización) é
menor que en outros países. Pode e debese mellorar nas indicacións de
medicamentos, probas e outros tratamentos (sobre todo en hospitais). Pode e debese
mellorar a educación sanitaria para un uso responsable. Pode mellorar a xestión
de compras. Pode e debese mellorar a coordinación sociosanitaria. Pero o repago sanitario non ten nada que ver
con esas melloras, é un cambio de modelo. Quérense aproveitar da crises e do medo,
para desmontar o concepto de dereito á atención sanitaria pública. Ata o de
agora ninguén falou
dos gastos de poñer en marcha a medida, novos sistemas informáticos e
cambio das tarxetas sanitarias…
Esta reforma supón unha rebaixa nas pensións, e un imposto
directo ós enfermos. Pero sobre todo é quitarnos o dereito a que calquera
persoa, cando se poña enferma, teña acceso o mesmo servizo e á mesma atención, polo
feito de ser cidadán. A universalización do dereito á atención é o que está en
xogo. É, unha inxusta rebaixa nas rendas dos traballadores e os seus anciáns. Hai
que pechar este burato que aspira a abrir a sanidade cara a privatización.
"Yo voy a proponer un cambio
que nos permita primero detener la caída, luego crear empleo y asegurar de
verdad las pensiones, la sanidad y la educación" (Mariano Rajoy)
Hoxe atopámonos cun largo listado de recortes onde
aparecen gravemente danados os supostos tres piares intocables do Sr. Rajoy:
Dependencia: ...............................................
- 100%
Inversión pública: .......................................... - 37'6%
Fomento e infraestruturas:
.......................... - 34'6%
I+D:
................................................................ - 34%
Medio ambiente: ..........................................
- 31%
Política de vivenda: ......................................
- 31%
Educación:
................................................. - 21'9%
Políticas de creación de emprego:
............ - 21'3%
Cultura:
.......................................................... - 15,1%
Sanidade:
................................................... - 13%
Xustiza:
............................................................ - 5'84%
Casa Real: ...................................................... - 2%
Igrexa Católica: ............................................... - 0%
Pensións:
........................................................ + 1% - 10% (terán
que pagar máis polos medicamentos)
Somos o que votamos, e de igual maneira pódense votar
partidos republicanos para cambiar o sistema, moita xente vota a partidos que
lexitiman á monarquía (opción democrática como calquera outra). Outros ‘tontolabas’ do máis rancio ‘facherio’ confunden o sistema
Republicano, cunha idea política de esquerdas. Cando simplemente é un marco de
goberno lóxico acorde coa época na que vivimos.
Tremo de pensar cales van ser as seguintes medidas, están
probando tolerancia coas publicas, están por ver en teoría as máis suaves...
Estamos sendo testemuñas da maior estafa cometida polo estado: mentres a clase
política, o clero, as clases podentes co diñeiro en paraísos fiscais, e a
monarquía seguen igual, serios respectuosos das leis internacionais permiten o
control das multinacionais, a costa do benestar da poboación.
Populismo e cortinas de fumo, a monarquía parlamentaria
de España, un país de “praia, ladrillo,
casino, corrupción, elefantes, pelotas de goma, especulación, dedocracia e
pandeireta”, onde o xefe do estado, o rei elixido polo ditador elixido a súa
vez pola graza de deus, vaise a matar elefantes a Bostwana coa querida, e resolve
o asunto cun “lo siento, no volverá a
ocurrir” e onde o goberno, salpicado pola corrupción, dedicase a defendelos
intereses da Company de quenda alegando
có fai polo interese xeneral.
Con “orgullo” e “satisfacción” recibiu o presidente o
titulo Dr. Honoris Causa pola Universidade Sergio Arboleda de Bogotá, así foi
como Rajoy, bonete na cachola, nunha universidade…! e mentres tanto, na monarquía
parlamentaria de España, deixou có seu ministro de Educación, José Ignacio
Wert, anunciase cás taxas de matrícula universitarias aumenten un 50%, amontoense
ós estudantes nas escolas, redúzanse profesores e establecese o repago nos medicamentos, chegando a
establecer cós pensionistas paguen un 10% do prezo dos mesmos…
This Is Spain,
Republic of Banana Company
Máis:
Ningún comentario:
Publicar un comentario