mércores, 18 de abril de 2012

Sobre a expropiación de YPF

por abc

Levan toda a semana co da nacionalización da petroleira REPSOL-YPF por parte do goberno da República Arxentina, onte chegou a confirmación,  E viñeron as reaccións –non se fixeron esperar- do máis "patriotas". O goberno do PP “ha dado por rota la amistad con Argentina y prepara represalias”. Dende os medios de comunicación moitos falan de “ataque a España”, de “hostilidade contra os españois”, ou “agresión ós nosos intereses”.


Reaccións exaxeradas e desatinadas. Lóxico é có goberno español faga uso da diplomacia e poder de influencia para tentar que empresas españolas conserven seus negocios e intereses no exterior. Pero non confundamos. Esta empresa "española", cuxo 50% é capital estranxeiro, é unha empresa privada. O goberno arxentino que preside Cristina Fernández, ten toda a lexitimidade para recuperar o control do seus recursos, aínda máis, cando REPSOL non cumpra seus compromisos de inversión en Arxentina. Ninguén se fixo rico sen ser a costa de outro. Creo cós sectores estratéxicos da economía dun país, incluíndo Bancos, teñen que estar controlados polo Estado(*). Defender os intereses das empresas privadas está ben, pero a obrigación do Estado é defender os intereses dos cidadáns, na maioría dos casos incompatibles.

Se o goberno da Arxentina decide nacionalizar a petroleira non está atacando a ninguén; está defendendo os intereses dos cidadáns arxentinos, e recuperando a soberanía nun sector, o enerxético, clave para calquera país. En España, en lugar de estar exercendo este patético patriotismo de bar que estamos vendo nos derradeiros días, deberíamos reclamar a nacionalización destes sectores en beneficio de todos, e non só duns poucos, as grandes empresas e corporacións, que amais de crear moi pouco emprego en España, nin tan sequera pagan seus impostos na mesma proporción có resto de cidadáns deste país.


O único que fan os arxentinos, é facer valer un dereito como este:

Titulo VII, art.128 da Constitución española:
1. Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general.
2. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante Ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.


O goberno de Cristina Fernández hai que esixirlle, que cumpra coa lei durante este proceso de nacionalización. Pero con esta decisión está fortalecendo o Estado, xusto o contrario do có estamos facendo en España e en Europa, é totalmente lexítimo e defendible. Unha España e unha Europa en plena recesión por culpa das políticas neoliberais están precisamente en condiciones de dar leccións a un país, a República Arxentina, que a pesar da crises mundial, medrou un 8,8% en 2011. Este país e este goberno que agora se ataca dende España, grazas a súa ruptura coas políticas de "austeridade" impostas polo FMI, medrou a un ritmo do 9% dende 2003, e logrou reducir a pobreza e as desigualdades un 36% durante o período 2002/2010.

Os políticos arxentinos demostran que hai vida máis alá do neoliberalismo que se impón en Europa e España, e que nos están levando o abismo do empobrecemento. Resulta paragóxico ver como o mesmo goberno que infla o peito defendendo a unha empresa privada, cuxo presidente ganou en 2011 máis de 7 millóns de euros, esquecese dos intereses dos seus cidadáns, debilitando o Estado, privatizando seus recursos, atacando a Educación Pública, a Sanidade Pública, e o benestar da poboación.


O escoitar as verbas da presidenta Arxentina, decatástesvos se lle tremía o "ton de voz e a grandilocuencia das súas palabras", veriádela acolloada polas ameazas dos dous pallasos de ministros que temos. Máis diría, tería mala cara, se cadra quitáronlle o sono, non durmira pola preocupación das ameazas do goberno español e seus afíns medios de comunicación da ultradereita casposa. Non son máis ‘tontos’ porque non adestran...

Máis Estado e máis humildade, e menos neoliberalismo e patriotismo de bar. Iríanos moito mellor. Por qué os neoliberais Españois capitaneados polo  Partido Popular non teñen os (Piiiiiiiiiiii) de facer o que fai Arxentina.


Logo das ameazas do Sr. Soria e Sr. Margallo, un xa esperaba que Trillo, o berro de Viva Honduras!! E, Perejil español!! mandaran á lexión nunha dorna de Muros rumbo a non sei onde...

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear. (bis)

…demasiadas fanfurriñadas en pouco máis de tres días –que agora terán que comerse- non nos poñamos ‘chulitos’ ou comémonos con patacas BBVA, Telefónica, Endesa, Gas Natural, OHL, ACS, NH Hoteis ou Inditex… é o que hai!!.
Nas derradeiras semanas, España tivo unha Folga Xeneral, un tremendo recorte nos Presupostos, un ascenso brutal na Prima de risco, outra mordedura extra en sanidade e educación, unha 'cagada' de escándalo na Casa Real e esta crises internacional con Arxentina. A pesares destas preocupantes noticias, as comparecencias públicas do presidente do Goberno foron máis que escasas. Cando vai dar a cara Mariano Rajoy? Nunha guerra nuclear? A peste? Unha invasión alieníxena? …qué leríamos en algúns medios se todo isto pasara durante o Goberno Zapatero? Qué tería dito o PP dende a oposición? É fácil imaxinalo…

Eu négome a dar por roto o clima de cordialidade e amizade co país suramericano que decidiu o noso Goberno. O fin e o cabo non é máis cá un incumprimento de contrato e Arxentina é moito máis que defender a Repsol. Eu aló menos esquecereime de esquecela, e moito menos de odiala, por tal cousa.

(*) A vantaxe que tolera a nacionalización dunha empresa rendible é que máis alá do custe de adquisición os beneficios da súa actividade pasan a engordar as arcas públicas. Tratase dunha socialización das ganancias, en oposición coas socializacións das perdas ás que nos teñen acostumados os gobernos europeos e estadounidenses con respecto ás entidades financeiras en tempos de crises.

Ningún comentario:

Publicar un comentario